Gran Premio de España de 1987
O Gran Premio de España de 1987 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Circuíto Permanente de Xerez en Jerez de la Frontera, España o 27 de setembro de 1987. A carreira foi a décimo terceira rolda da tempada 1987 de Fórmula Un. Foi o 29º Gran Premio de España e a segunda que se celebrou en Xerez. A carreira disputouse sobre 72 voltas no circuíto de catro quilómetros para un distancia da carreira de 304 quilómetros.
Tipo | Gran Premio de España |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1987 |
Distancia do evento | 72 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Permanente de Jerez (Xerez da Fronteira) 36°42′30″N 6°02′03″O / 36.708333333333, -6.0341666666667 |
País | España |
Data | 27 de setembro de 1987 |
Competición | |
Primeiro posto | Nigel Mansell |
Pole position | Nelson Piquet |
Volta máis rápida | Gerhard Berger |
A carreira foi gañada polo piloto británico Nigel Mansell pilotando un Williams FW11B. Mansell conseguiu a vitoria por 22 segundos sobre o francés Alain Prost pilotando un McLaren MP4/3. O compañeiro de equipo de Prost o sueco Stefan Johansson terminou terceiro. Foi a quinta vitoria da tempada 1987 de Mansell. Esa vitoria, xunto co cuarto lugar de Nelson Piquet, deu ao equipo Williams F1 o seu terceiro campionato de construtores a falta de tres carreiras para finalizar a tempada. A brecha entre Williams e McLaren era de cincuenta puntos. A vitoria de Mansell, foi o comezo dun ataque final na tempada. Recortou a distancia con Piquet a 18 puntos, pasando a Ayrton Senna no segundo posto da clasificación.
Resumo
editarA carreira gañouna con comodidade Nigel Mansell que pasou ao pole Nelson Piquet ao final da primeira volta. A batalla polo terceiro posto (logo polo segundo) liderouna a maior parte do tempo Ayrton Senna, que do mesmo xeito que o ano anterior tratou de completar a carreira sen ter que cambiar os pneumáticos. Tanto Senna como Lotus eran da opinión de que o sistema computarizado de suspensión activa do 99T contribuiría a conservar os seus pneumáticos durante toda a carreira.
Senna tiña detrás aos dous Ferraris, ao McLaren de Prost e ao Benetton de Thierry Boutsen, ao que posteriormente sumouse Piquet logo dunha lenta parada en boxes. Volta tras volta, Senna mantivo baixo control a todos os interesados. O Lotus-Honda era moi rápido en liña recta cunha configuración de baixa carga aerodinámica, pero era lento a través dos moitos xiros e curvas de Xerez. Os perseguidores de Senna non puideron pasalo na longa recta do Pit e como Xerez ten en xeral unha gran cantidade de po e area no trazado, tampouco podían pasalo nas curvas sen perder agarre.
Con todo, a decisión de Senna de non cambiar pneumáticos non saíu ben, e pronto comezaron a deteriorárselle, e Piquet, Prost e Boutsen pasárono sen dificultade, pouco despois, tanto Piquet como Boutsen cometeron dous erros que terminaron en trompo, deixando o 2º e 3º lugar do podio aos dous McLaren con Prost segundo e Johansson terceiro. O belga de Benetton viuse obrigado a retirarse. Mansell gañou a carreira sen rivais, terminando por diante dos dous McLaren, e os brasileiros Piquet e Senna. En sexto lugar, logrando o último punto, terminou Philippe Alliot de Larrousse.
Clasificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 5 | Nigel Mansell | Williams-Honda | 72 | 1:49:12.692 | 2 | 9 |
2 | 1 | Alain Prost | McLaren-TAG | 72 | + 22.225 | 7 | 6 |
3 | 2 | Stefan Johansson | McLaren-TAG | 72 | + 30.818 | 11 | 4 |
4 | 6 | Nelson Piquet | Williams-Honda | 72 | + 31.450 | 1 | 3 |
5 | 12 | Ayrton Senna | Lotus-Honda | 72 | + 1:13.507 | 5 | 2 |
6 (1) | 30 | Philippe Alliot | Lola-Ford | 71 | + 1 volta | 17 | 1 |
7 (2) | 4 | Philippe Streiff | Tyrrell-Ford | 71 | + 1 volta | 15 | |
8 | 18 | Eddie Cheever | Arrows-Megatron | 70 | Sen combustible | 13 | |
9 | 11 | Satoru Nakajima | Lotus-Honda | 70 | + 2 voltas | 18 | |
10 | 17 | Derek Warwick | Arrows-Megatron | 70 | + 2 voltas | 12 | |
11 | 9 | Martin Brundle | Zakspeed | 70 | + 2 voltas | 20 | |
12 (3) | 16 | Ivan Capelli | March-Ford | 70 | + 2 voltas | 19 | |
13 | 7 | Riccardo Patrese | Brabham-BMW | 68 | + 4 voltas | 9 | |
14 | 23 | Adrián Campos | Minardi-Motori Moderni | 68 | + 4 voltas | 24 | |
15 | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 67 | Motor | 4 | |
16 | 20 | Thierry Boutsen | Benetton-Ford | 66 | Accidente | 8 | |
Ret | 28 | Gerhard Berger | Ferrari | 62 | Motor | 3 | |
Ret | 3 | Jonathan Palmer | Tyrrell-Ford | 55 | Colisión | 16 | |
Ret | 25 | René Arnoux | Ligier-Megatron | 55 | Colisión | 14 | |
Ret | 10 | Christian Danner | Zakspeed | 50 | Transmisión | 22 | |
Ret | 24 | Alessandro Nannini | Minardi-Motori Moderni | 45 | Turbo | 21 | |
Ret | 19 | Teo Fabi | Benetton-Ford | 40 | Freos | 6 | |
Ret | 8 | Andrea de Cesaris | Brabham-BMW | 26 | Caixa de cambios | 10 | |
Ret | 26 | Piercarlo Ghinzani | Ligier-Megatron | 24 | Encendido | 23 | |
Ret | 14 | Pascal Fabre | AGS-Ford | 10 | Embrague | 25 | |
Ret | 32 | Nicola Larini | Coloni-Ford | 8 | Suspensión | 26 | |
NSC | 21 | Alex Caffi | Osella-Alfa Romeo | ||||
NSC | 21 | Franco Forini | Osella-Alfa Romeo | ||||
Fonte:[1]
|
Notas
editar- Os números entre parénteses refírense ás posicións dos participantes con motores normalmente aspirados que competían polo Jim Clark Trophy.
Posicións logo da carreira
editar
|
|
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos nos catro grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Portugal de 1987 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1987 |
Carreira seguinte: Gran Premio de México de 1987 |
Carreira anterior: Gran Premio de España de 1986 |
Gran Premio de España | Carreira seguinte: Gran Premio de España de 1988 |
Notas
editar- ↑ "1987 Spanish Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de España de 1987 |
Ligazóns externas
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |