Gran Premio do Brasil de 1980
O Gran Premio do Brasil de 1980 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 27 de xaneiro de 1980 no circuíto de Interlagos. Foi a segunda carreira da tempada de 1980 e tamén foi o noveno Gran Premio do Brasil. Foi o oitavo que se celebrou en Interlagos e sería o último ata que o circuíto foi reconstruído substancialmente para o Gran Premio do Brasil de 1990. A carreira disputouse sobre 40 voltas ao circuíto de 7´87 quilómetros para unha distancia total de carreira de 315 quilómetros.
Nome oficial | IX Brazilian Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio do Brasil |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1980 |
Distancia do evento | 40 |
Localización e Datas | |
Localización | Autódromo José Carlos Pace (Cidade Dutra) 23°42′04″S 46°41′50″O / -23.701111111111, -46.697222222222 |
Lonxitude | 4,309 km |
País | Brasil |
Data | 27 de xaneiro de 1980 |
Competición | |
Primeiro posto | René Arnoux |
Pole position | Jean-Pierre Jabouille |
Volta máis rápida | René Arnoux |
Resumo da carreira
editarAntes da carreira, varios pilotos, incluíndo o campión do mundo Jody Scheckter, querían boicotear o evento debido a preocupación pola seguridade do circuíto de Interlagos. O circuíto estaba cheo de fochancas (o circuíto era moi coñecido por iso) e as barreiras que rodeaban o circuíto non parecían o suficientemente adecuadas para protexer aos pilotos dos terrapléns e gabias de todo o circuíto. Aínda que Scheckter e o resto dos pilotos afectados case tiveron éxito en deter a carreira, acabou disputándose.
A carreira foi gañada polo piloto francés René Arnoux pilotando un Renault RE20. Foi a primeira vitoria no Campionato Mundial de Arnoux e a segunda do Equipe Renault, tamén a segunda dun coche turbo. Arnoux gañou por 21 segundos sobre o piloto italiano Elio de Angelis pilotando un Lotus 81. Líder nos puntos do campionato, o piloto australiano Alan Jones terminou terceiro no seu Williams FW07B.
Grazas á elevada altitude do circuíto de Interlagos, os Renault turbo de Jean-Pierre Jabouille e René Arnoux foron os dominadores, correndo 1-2 durante gran parte da carreira ata que o turbo de Jabouille fallou na volta 25. O pole Jabouille fixo unha mala saída e caeu ao cuarto lugar, pasándoo os dous Ligier JS11/15 e Gilles Villeneuve no seu Ferrari 312T5. Pero, a vantaxe da potencia de Jabouille no elevado circuíto significou que axiña adiantou aos dous Ligiers, a Jacques Laffite de inmediato na recta Retao, e a Didier Pironi en Arquibacanas ao final da primeira volta e arrebatou o liderado a Villeneuve ao final da Recta Oposta á Curva do Sol. Arnoux púxose segundo, e cando se retirou Jabouille, Arnoux tomou o liderado e mantívoo ata a bandeira a cadros.
Alain Prost (McLaren M29) e Riccardo Patrese (Arrows A3) loitaron durante gran parte da segunda metade da carreira polo quinto posto, con Prost tendo a vantaxe nas curvas mentres Patrese era máis rápido nas rectas. Ricardo Zunino (Brabham BT49) bateu con John Watson (McLaren M29) na curva 3 e trompeou. Con todo, foi capaz de recuperarse e terminar a carreira.
Pironi tivo que facer unha parada en boxes cedo, e reincorporouse na parte posterior da pista, pero, el comezou unha remontada e foi capaz de terminar cuarto. Este esforzo foi suficiente para que Enzo Ferrari tomara un interese nos servizos de Pironi, que asegurou para a tempada de Fórmula 1 de 1981.
Clasificación
editarCualificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1 | 15 | Jean-Pierre Jabouille | Renault | 2:21.40 | - |
2 | 25 | Didier Pironi | Ligier-Ford | 2:21.65 | + 0.25 |
3 | 2 | Gilles Villeneuve | Ferrari | 2:22.17 | + 0.77 |
4 | 28 | Carlos Reutemann | Williams-Ford | 2:22.26 | + 0.86 |
5 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Ford | 2:22.30 | + 0.90 |
6 | 16 | René Arnoux | Renault | 2:22.31 | + 0.91 |
7 | 12 | Elio De Angelis | Lotus-Ford | 2:22.40 | + 1.00 |
8 | 1 | Jody Scheckter | Ferrari | 2:23.02 | + 1.62 |
9 | 5 | Nelson Piquet | Brabham-Ford | 2:23.16 | + 1.76 |
10 | 27 | Alan Jones | Williams-Ford | 2:23.38 | + 1.98 |
11 | 11 | Mario Andretti | Lotus-Ford | 2:23.46 | + 2.06 |
12 | 7 | Clay Regazzoni | Ensign-Ford | 2:24.85 | + 3.45 |
13 | 12 | Alain Prost | McLaren-Ford | 2:24.95 | + 3.55 |
14 | 29 | Riccardo Patrese | Arrows-Ford | 2:25.06 | + 3.66 |
15 | 21 | Keke Rosberg | Fittipaldi-Ford | 2:25.74 | + 4.34 |
16 | 29 | Jochen Mass | Arrows-Ford | 2:25.75 | + 4.35 |
17 | 23 | Bruno Giacomelli | Alfa Romeo | 2:25.80 | + 4.40 |
18 | 6 | Ricardo Zunino | Brabham-Ford | 2:26.53 | + 5.13 |
19 | 20 | Emerson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | 2:26.86 | + 5.46 |
20 | 9 | Marc Surer | ATS-Ford | 2:27.10 | + 5.70 |
21 | 22 | Patrick Depailler | Alfa Romeo | 2:27.11 | + 5.71 |
22 | 3 | Jean-Pierre Jarier | Tyrrell-Ford | 2:27.15 | + 5.75 |
23 | 7 | John Watson | McLaren-Ford | 2:27.29 | + 5.89 |
24 | 2 | Derek Daly | Tyrrell-Ford | 2:28.10 | + 6.70 |
NSC | 10 | Jan Lammers | ATS-Ford | 2:29.54 | + 8.14 |
NSC | 18 | Dave Kennedy | Shadow-Ford | 2:30.52 | + 9.12 |
NSC | 17 | Stefan Johansson | Shadow-Ford | 2:31.48 | +10.08 |
NSC | 31 | Eddie Cheever | Osella-Ford | 2:34.52 | +13.12 |
Carreira
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 16 | René Arnoux | Renault | 40 | 1:40:01.33 | 6 | 9 |
2 | 12 | Elio de Angelis | Lotus-Ford | 40 | +21.86 segs | 7 | 6 |
3 | 27 | Alan Jones | Williams-Ford | 40 | +1:06.11 segs | 10 | 4 |
4 | 25 | Didier Pironi | Ligier-Ford | 40 | +1:40.13 segs | 2 | 3 |
5 | 8 | Alain Prost | McLaren-Ford | 40 | +1:45.41 segs | 13 | 2 |
6 | 29 | Riccardo Patrese | Arrows-Ford | 39 | +1 volta | 14 | 1 |
7 | 9 | Marc Surer | ATS-Ford | 39 | +1 volta | 20 | |
8 | 6 | Ricardo Zunino | Brabham-Ford | 39 | +1 volta | 18 | |
9 | 21 | Keke Rosberg | Fittipaldi-Ford | 39 | +1 volta | 15 | |
10 | 30 | Jochen Mass | Arrows-Ford | 39 | +1 volta | 16 | |
11 | 7 | John Watson | McLaren-Ford | 39 | +1 volta | 23 | |
12 | 3 | Jean-Pierre Jarier | Tyrrell-Ford | 39 | +1 volta | 22 | |
13 | 23 | Bruno Giacomelli | Alfa Romeo | 39 | +1 volta | 17 | |
14 | 4 | Derek Daly | Tyrrell-Ford | 38 | +2 voltas | 24 | |
15 | 20 | Emerson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | 38 | +2 voltas | 19 | |
16 | 2 | Gilles Villeneuve | Ferrari | 36 | Acelerador | 3 | |
Ret | 22 | Patrick Depailler | Alfa Romeo | 33 | Eléctrico | 21 | |
Ret | 15 | Jean-Pierre Jabouille | Renault | 25 | Turbo | 1 | |
Ret | 5 | Nelson Piquet | Brabham-Ford | 14 | Suspensión | 9 | |
Ret | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Ford | 13 | Eléctrico | 5 | |
Ret | 14 | Clay Regazzoni | Ensign-Ford | 13 | Motor | 12 | |
Ret | 1 | Jody Scheckter | Ferrari | 10 | Motor | 8 | |
Ret | 11 | Mario Andretti | Lotus-Ford | 1 | Trompo | 11 | |
Ret | 28 | Carlos Reutemann | Williams-Ford | 1 | Palier | 4 | |
NSC | 10 | Jan Lammers | ATS-Ford | ||||
NSC | 18 | Dave Kennedy | Shadow-Ford | ||||
NSC | 17 | Stefan Johansson | Shadow-Ford | ||||
NSC | 31 | Eddie Cheever | Osella-Ford |
Líderes por volta
editar- Gilles Villeneuve – 1 volta (1)
- Jean-Pierre Jabouille – 25 voltas (2–26)
- René Arnoux – 14 voltas (27–40)
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio da Arxentina de 1980 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1980 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Suráfrica de 1980 |
Carreira anterior: Gran Premio do Brasil de 1979 |
Gran Premio do Brasil | Carreira seguinte: Gran Premio do Brasil de 1981 |
Notas
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Brasil de 1980 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |