Gran Premio de México de 1987

O Gran Premio de México de 1987 de Fórmula 1 celebrouse na Cidade de México o 18 de outubro de 1987. A carreira, que foi a décimo cuarta da Fórmula Un de 1987. Foi o 11º Gran Premio de México e o segundo desde o regreso ao calendario do Mundial do Autódromo Irmáns Rodríguez, logo da súa renovación.

Gran Premio de México de 1987
Detalles da carreira
Carreira 14 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1987.
Trazado do circuíto de Hermanos Rodríguez.
Trazado do circuíto de Hermanos Rodríguez.
Data 18 de outubro 1987
Nome oficial Gran Premio de México
Localización Autódromo Hermanos Rodríguez, Cidade de México,México
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´421 km
Distancia 63 voltas, 278´523 km
ClimaAsollado e cálido
Pole position
Piloto Nigel Mansell Williams-Honda
Tempo 1:18.383
Volta rápida
Piloto Nelson Piquet Williams-Honda
Tempo 1:19.132 na volta 57
Podio
Primeiro Nigel Mansell Williams-Honda
Segundo Nelson Piquet Williams-Honda
Terceiro Italia Riccardo Patrese Brabham-BMW

Resumo editar

A carreira disputouse durante un total de 63 voltas ao circuíto de catro quilómetros para unha distancia de carreira de 279 quilómetros. A carreira dividiuse involuntariamente en dúas partes logo de que o piloto británico Derek Warwick chocara fortemente co seu Arrows A10 a gran velocidade na saída da curva Peraltada na volta 31. Os resultados das primeiras 30 voltas combináronse cos resultados da segunda carreira de 33 voltas para crear un resultado combinado.

A carreira foi gañada polo piloto británico Nigel Mansell pilotando un Williams FW11B. O tempo combinado de Mansell sobre as 63 voltas foi 26 segundos máis rápido que o seu compañeiro de equipo, o brasileiro e eventual campión do mundo de 1987, Nelson Piquet. Piquet en realidade foi o primeiro en chegar ao final da segunda manga, pero a vantaxe de Mansell sobre Piquet no momento do accidente de Warwick era substancialmente maior. Piquet atrasouse logo dunha colisión con Alain Prost (McLaren MP4/3) ao principio da carreira.

Foi a sexta e última vitoria nun Gran Premio de Mansell durante a tempada de 1987. Riccardo Patrese terminou en terceiro lugar pilotando un Brabham BT56. Foi o mellor resultado de Patrese desde que terminara terceiro no Gran Premio de Italia de 1984. Foi o segundo podio do ano para Brabham. Brabham só lograría outro podio antes da súa retirada en 1992.

O desgaste afectou fortemente á carreira e só quince coches tomaron a segunda saída da carreira. Ao final sobreviviron nove. O coches de aspiración natural do Jim Clark Trophy metéronse nos puntos con Philippe Alliot (Lola LC87) logrando o seu terceiro resultado top seis da tempada.

A vitoria de Mansell permitiulle achegarse a doce puntos do líder do campionato, o seu compañeiro de equipo. A falta de dúas carreiras, só os dous pilotos de Williams tiñan suficientes puntos para gañar o campionato.

Clasificación editar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 5   Nigel Mansell Williams-Honda 63 1:26:24.207 1 9
2 6   Nelson Piquet Williams-Honda 63 + 26.176 3 6
3 7   Riccardo Patrese Brabham-BMW 63 + 1:26.879 8 4
4 18   Eddie Cheever Arrows-Megatron 63 + 1:41.352 12 3
5 19   Teo Fabi Benetton-Ford 61 + 2 voltas 6 2
6 (1) 30   Philippe Alliot Lola-Ford 60 + 3 voltas 24 1
7 (2) 3   Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 60 + 3 voltas 22
8 (3) 4   Philippe Streiff Tyrrell-Ford 60 + 3 voltas 25
9 (4) 29   Yannick Dalmas Lola-Ford 59 + 4 voltas 23
Ret 12   Ayrton Senna Lotus-Honda 54 Embrague 7
Ret 16   Ivan Capelli March-Ford 51 Fuga auga 20
Ret 21   Alex Caffi Osella-Alfa Romeo 50 Motor 26
Ret 26   Piercarlo Ghinzani Ligier-Megatron 43 Fuaga auga 21
Ret 23   Adrián Campos Minardi-Motori Moderni 32 Transmisión 19
Ret 25   René Arnoux Ligier-Megatron 29 Temperatura 18
Ret 17   Derek Warwick Arrows-Megatron 26 Accidente 11
Ret 8   Andrea de Cesaris Brabham-BMW 22 Accidente 10
Ret 28   Gerhard Berger Ferrari 20 Turbo 2
Ret 20   Thierry Boutsen Benetton-Ford 15 Eléctrico 4
Ret 24   Alessandro Nannini Minardi-Motori Moderni 13 Turbo 14
Ret 27   Michele Alboreto Ferrari 12 Motor 9
Ret 9   Martin Brundle Zakspeed 3 Turbo 13
Ret 2   Stefan Johansson McLaren-TAG 1 Colisión 15
Ret 11   Satoru Nakajima Lotus-Honda 1 Colisión 16
Ret 10   Christian Danner Zakspeed 1 Colisión 17
Ret 1   Alain Prost McLaren-TAG 0 Colisión 5
Source:[1]

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos nos catro grupos de clasificación.

Notas editar


Carreira anterior:
Gran Premio de España de 1987
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1987
Carreira seguinte:
Gran Premio do Xapón de 1987
Carreira anterior:
Gran Premio de México de 1986
Gran Premio de México Carreira seguinte:
Gran Premio de México de 1988

Referencias editar

  1. "1987 Mexican Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar