Autódromo Hermanos Rodríguez

Autódromo Hermanos Rodríguez
Plano do Circuíto
Autódromo Hermanos Rodríguez
Datos
Carreiras FIA Fórmula 1
Gran Premio de México
(1962–1970, 1986–1992, 2015–)


FIA World Sportscar Championship
Trofeo México (430 km)
(1989–1991)
CART/Champ Car World Series
Gran Premio de México
(1980–1981, 2002–2007)
NASCAR Xfinity Series
Corona México 200
(2005–2008)
Grand Am Rolex Sports Car Series
Cidade de México 400k
(2005–2008)
A1 Grand Prix
(2007–2008)
NASCAR Toyota Series
(2004–presente)
FIA Formula E Championship
Cidade de México ePrix
(2016–)
FIA World Endurance Championship
(2016–)

Localización Cidade de México, México
Lonxitude 4´304 km.[1]
Curvas 17
Volta rápida (2017) 1:18.785
Piloto récord Alemaña Sebastian Vettel
Escudería récord Ferrari
Coordenadas Coordenadas: 19°24′15″N 99°05′19″O / 19.404197222222, -99.088747222222
Vista do Circuíto
Vista

O Autódromo Hermanos Rodríguez é un autódromo de 4.304 m situado en Cidade de México, México e nomeado así en honra a dous grandes pilotos mexicanos, os irmáns Ricardo e Pedro Rodríguez de la Vega, quen morreron a temperá idade. Construído nun complexo deportivo en 1959, o circuíto albergou en 1962 o seu primeiro Gran Premio de México de Fórmula 1, evento non puntuable nesa tempada. Ricardo Rodríguez morreu ese ano nesa carreira ao tratar de cualificar un Lotus de Rob Walker. O irmán de Ricardo Pedro tamén perdeu a vida ao volante nove anos máis tarde. En 1963, pasou a ser unha sede regular do calendario da Fórmula 1 ata 1970.

O circuíto atópase dentro do parque público da Ciudad Deportiva de La Magdalena Mixiuhca no sueste de Cidade de México. O circuíto é propiedade do Goberno da Cidade, pero é operado baixo concesión pola Corporación Interamericana de Entretenimiento (CIE) a través de OCESA, unha das subsidiarias de CIE. CIE tamén organiza as carreiras da NASCAR e o Desafío Coron neste circuíto e aluga os circuítos para outros eventos, incluíndo organizadores de carreiras, clubs de automóbiles e afeccionados, os alugueiros son discutidos debido aos seus desproporcionados prezos en comparación con outras pistas de F1.

Características editar

  • Capacidade: 100 000 espectadores
  • Lonxitude do circuíto: 4,304 quilómetros.
  • Lonxitude da carreira de Fórmula 1: 71 voltas = 305,584 quilómetros. 17 curvas en total.
  • Aceleración a fondo: 54% do tempo de volta.
  • Consumo de combustible: 1,41 kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta: 47
  • Marca volta: 1:20.521 (Nico Rosberg, Mercedes, 2015, FIA Fórmula 1)

Historia editar

Construído nun parque público en 1962, o circuíto albergou o seu primeiro Gran Premio de Fórmula 1 o mesmo ano, como unha carreira fóra de campionato. Ao ano seguinte o Gran Premio de México converteuse nunha carreira do Campionato Mundial. O circuíto mantívose como parte do calendario da F1 ata 1970, cando o amoreamento dos espectadores provocaron condicións inseguras. Cando a pista volveu abrir en 1986, o circuíto presentou un novo complexo de boxes, así como unha maior seguridade a seu redor. En 2001 CIE e Forsythe Racing encargaron a D3 Motorsport Development a modernización do circuíto. Fíxose un completo redeseño e actualización do circuíto.

En maio de 2012 anunciouse que o circuíto sería novamente anfitrión do Gran Premio de México a partir de 2013, nun contrato de cinco anos que ía substituír o Gran Premio de Europa disputado en Valencia,[2] pero isto non sucedeu. O Gran Premio de México apareceu como a décimo novena carreira do calendario provisional para a tempada 2014,[3] pero non estaba no calendario final. O Gran Premio de México incluíuse no calendario 2015 de Fórmula Un publicado pola FIA o 3 de decembro de 2014, facendo o seu regreso coa carreira celebrada o 1 de novembro de 2015.[4]

Champ Car editar

 
Trazado do Gran Premio 1986–2001.
 
O circuíto orixinal en Magdalena Mixhuca usado en 1962–1970.
 
Trazado da Fórmula E, baseado nos deseños da pista oval e dos circuítos modernos
 
Os coches cortan a Peraltada e pasan a través do estadio de baseball Foro Sol.

Actualmente recibe á Champ Car (antes CART) e foi a última carreira da tempada durante os últimos 4 anos. O circuíto sufriu diversas modificacións nesta categoría. Ata o Gran Premio de 2005 o circuíto atravesaba pola metade o Foro Sol, cortando pola metade a famosa curva peraltada. A partir do 2006 utilizouse novamente toda a peraltada.

Nascar Busch Series editar

Ademais de recibir á Champ Car, desde o 2005 correuse a categoría Busch Series e onde tamén se fixeron modificacións á pista, como unha chicana ao final da recta principal para que os autos entrasen a moderada velocidade á primeira curva. Tamén as curvas da recta traseira, a zona coñecida como "estadio", foi recortada. En todas as edicións utilizouse a curva peraltada, sen pasar polo Foro Sol.

A1GP editar

Tamén se correu no 2007 a A1GP, a categoría de competencia de nacións, que na súa anterior edición tivera lugar no Parque Fundidora de Monterrey.

Outros eventos editar

Durante cada fin de semana de eventos da Champ Car, Nascar e A1GP córrense outras categorías secundarias que forman parte da atracción. Unha delas e a máis importante, e que se correu en varias edicións é a Grand Am Series que corre con dous tipos de autos á vez: prototipos e turismo. Na edición de 2006 Luís "Chapulín" Díaz xunto con Scott Pruett gañaron a carreira, converténdose o primeiro mexicano (Díaz) en gañar no Autódromo da capital. De igual forma realízanse eventos de diversas índoles dentro do trazado da Magdalena Mixhuca.

Marcas de volta editar

Voltas rápidas no Autódromo Hermanos Rodríguez (Configuración baixo condicións de carreira).

Configuración do circuíto Evento Clase Tempo Piloto Coche/moto
Circuíto F1 Grand Prix circuit (2015–presente) Gran Premio de México de 2015 F1 1:20.521 Nico Rosberg Mercedes F1 W06 Hybrid
Circuíto F1 Grand Prix (1986–2001) Gran Premio de México de 1991 F1 1:16.788 Nigel Mansell Williams FW14
Circuíto F1 Grand Prix circuit (1962–1979) Gran Premio de México de 1969 F1 1:43.05 Jacky Ickx Brabham BT26A

Voltas rápidas absolutas editar

Configuración do circuíto Evento Clase Tempo Piloto Coche/moto
Circuíto F1 Grand Prix (2015–presente) Gran Premio de México de 2016 F1 1:18.704 Lewis Hamilton Mercedes F1 W07 Hybrid
Circuíto F1 Grand Prix (1986–2001) Gran Premio de México de 1992 F1 1:16.346 Nigel Mansell Williams FW14B

O circuíto do Gran Premio editar

 
Grand-Am Rolex Series facendo un bypass desde a curva 4 ata a curva 8

Deseñado como a súa tese polo estudante Óscar Fernández en 1953,[5] o circuíto ten unha altitude de 2.238 m o aire enrarecido causa dificultades tanto para os pilotos como para os seus coches.[Cómpre referencia] Tamén reduce os niveis de resistencia aerodinámica que experimentan os coches, o que significa que se poden usar configuracións de maior carga aerodinámica con menos impacto na velocidade en liña recta.[6]

O circuíto ten unha curva final extremadamente rápida (a Peraltada, curva 17) antes da longa recta de saída/meta, e así a algúns lembralles a Monza, con todo, a diferenza da curva Parabolica de Monza, a curva Peraltada está lixeiramente inclinada, permitindo aínda máis velocidade na curva. Foi nesta curva onde se estrelou o mozo Rodríguez, por falla de suspensión. Despois do último Gran Premio de México de F1 en 1992, construíuse un estadio de béisbol chamado "Foro" na parte interna desta curva. Cando a serie Champ Car comezou a usar a pista en 2002, a curva Peraltada foi parcialmente evitada por unha serie de curvas pechadas que entraban e saían do Foro, volvendo entrar na Peraltada a metade do camiño.

Despois da Peraltada chega a longa recta principal de 1,2 km. Durante a era orixinal do turbo na Fórmula Un, os coches máis rápidos marcaban regularmente velocidades de ata 330 km./h na recta.

Na tempada 2005 da NASCAR Busch Series, houbo unha chicana na recta principal para reducir a velocidade dos coches. Tamén introduciron unha curva entre o trazado curto e a Ese do Lago para sortear esta última, pero evitando o desvío do estadio.

O circuíto de Gran Premio someteuse a unha importante renovación baixo a dirección de Hermann Tilke para o regreso da Fórmula Un en 2015. A recta principal ampliouse lixeiramente e reperfilouse para acomodar un novo centro multimedia e un paddock. Os emblemáticos eSes entre as curvas 7 e 13 foron significativamente modificados; as prolíficas curvas e de alto radio diminuíron en gran medida e algunhas substituíronse por curvas de ángulo fixo. A parte do campo de béisbol da pista tamén alterouse a unha combinación esquerda-dereita a baixa velocidade que saltaba a primeira metade da Peraltada, permitindo aos coches volver entrar na Peraltada na metade da curva. Con 4,304 km., o percorrido é 170 m. máis curto que o anterior trazado do Gran Premio, e os organizadores do Gran Premio de México prognosticaron tempos por volta duns 75 segundos e velocidades superiores a 328 km/h para os actuais coches de Fórmula Un turboalimentados, que eliminan os efectos adversos de altitude presente nos coches de aspiración natural.[1] Non obstante, os modernos coches de F1 turbo híbridos V6 lograron alcanzar velocidades máximas superiores a 370 km/h pola recta principal.

Historia do trazado editar


Gañadores de Fórmula 1 no autódromo Hermanos Rodríguez editar

Ano Piloto Vehículo Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1 1963   Jim Clark Lotus-Climax 2:09:52,100 h 5´000 km 65 150´152 km/h 27. outubro   México
2 1964   Dan Gurney Brabham-Climax 2:09:50,320 h 5´000 km 65 150´186 km/h 25. outubro
3 1965   Richie Ginther Honda 2:08:32,100 h 5´000 km 65 151´710 km/h 24. outubro
4 1966   John Surtees Cooper-Maserati 2:06:35,340 h 5´000 km 65 154´042 km/h 23. outubro
5 1967   Jim Clark Lotus-Ford 1:59:28,700 h 5´000 km 65 163´210 km/h 22. outubro
6 1968   Graham Hill Lotus-Ford 1:56:43,950 h 5´000 km 65 167´049 km/h 3. novembro
7 1969   Denny Hulme McLaren-Ford 1:54:08,800 h 5´000 km 65 170´833 km/h 19. outubro
8 1970   Jacky Ickx Ferrari 1:53:28,360 h 5´000 km 65 171´848 km/h 25. outubro
9 1986   Gerhard Berger Benetton-BMW 1:33:18,700 h 4´421 km 68 193´306 km/h 12. outubro
10 1987   Nigel Mansell Williams-Honda 1:26:24,207 h 4´421 km 63 193´411 km/h 18. outubro
11 1988   Alain Prost McLaren-Honda 1:30:15,737 h 4´421 km 67 196´898 km/h 29. maio
12 1989   Ayrton Senna McLaren-Honda 1:35:21,431 h 4´421 km 69 191´941 km/h 28. maio
13 1990   Alain Prost Ferrari 1:32:35,783 h 4´421 km 69 197´664 km/h 24. xuño
14 1991   Riccardo Patrese Williams-Renault 1:29:52,205 h 4´421 km 67 197´757 km/h 16. xuño
15 1992   Nigel Mansell Williams-Renault 1:31:53,587 h 4´421 km 69 199´176 km/h 22. marzo
16 2015   Nico Rosberg Mercedes 1:42:35.038 h 4´304 km 71 178´597 km/h 1. novembro
17 2016   Lewis Hamilton Mercedes 1:40:31.402 h 4´304 km 71 182´259 km/h 30. outubro
18 2017   Lewis Hamilton Mercedes 1:36:26.552 h 4´304 km 71 189´971 km/h 29. outubro
19 2018   Max Verstappen Red Bull - TAG Heuer 1:38:28.851 h 4´304 km 71 186´039 km/h 28. outubro
20 2019   Lewis Hamilton Mercedes 1:36:48,904 h 4´304 km 71 189´240 km/h 27. outubro
2020 Suspendida pola pandemia de COVID-19
21 2021   Max Verstappen Red Bull - Honda 1:38:39,086 h 4´304 km 71 185,717 km/h 7. novembro   México
22 2022   Max Verstappen Red Bull - RBPT 1:38:36.729 h 4´304 km 71 185,791 km/h 30. outubro
23 2023   Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 2:02:30.814 h 4´304 km 71 km/h 29. outubro

Récords
Piloto: Max Verstappen (3) • País: Reino Unido (8) • Construtor: Lotus/McLaren/Mercedes/Williams/Red Bull (todos 3) • Motor: Honda (5) • Pneus.: Goodyear (8)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "FORMULA 1 GRAN PREMIO DE MÉXICO 2015". Consultado o 10 de outubro de 2015. 
  2. "México tendrá gran premio ya para 2013". MARCA.com. Consultado o 30-5-2012. 
  3. "2014 Calendar draft has 21 races including Mexico". f1fanatic.co.uk. Consultado o 5-9-2013. 
  4. "World Motor Sport Council 2014 - Doha". FIA. 3 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2015. Consultado o 22 de decembro de 2014. 
  5. "Mexican circuit designed by a student will be examination for Mercedes". The Guardian. 26 de outubro de 2019. Consultado o 27 de outubro de 2019. 
  6. Holding, Joe (7 de abril 2021). "High-downforce tracks vs power tracks in F1 – differences explained". Autosport. Consultado o 7 de abril de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar