Gran Premio de Italia de 1984
O Gran Premio de Italia de 1984 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no circuíto de Monza o 9 de setembro de 1984. A carreira, que se disputou sobre 51 voltas, foi a décimo cuarta proba da tempada de 1984. A carreira foi o 54º Gran Premio de Italia.
Nome oficial | 55º Gran Premio d'Italia |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Italia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1984 |
Distancia do evento | 51 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Monza (Monza) 45°37′14″N 9°17′22″L / 45.620555555556, 9.2894444444444 |
Lonxitude | 5,793 km |
País | Italia |
Data | 9 de setembro de 1984 |
Competición | |
Primeiro posto | Niki Lauda |
Pole position | Nelson Piquet |
Volta máis rápida | Niki Lauda |
Niki Lauda gañou no seu McLaren - TAG, aumentando a súa vantaxe no campionato sobre o seu compañeiro de equipo Alain Prost (cuxo motor TAG rebentou na volta 3) a 10´5 puntos. Michele Alboreto e Riccardo Patrese deu a multitude partidaria do italiano algo que celebrar ao lograr en casa cos seus Ferrari e Alfa Romeo o segundo e terceiro lugar respectivamente.
O sueco Stefan Johansson terminou cuarto no seu Toleman - Hart, mentres que os austríacos Jo Gartner (Osella - Alfa Romeo) e Gerhard Berger (ATS - BMW) terminaron quinto e sexto, respectivamente, aínda que como os seus equipos só presentaran un coche para a tempada e ambos participaban en segundos coches na carreira, nin Gartner ou Berger anotaron puntos no campionato.
O terceiro posto de Patrese foi o último podio na Fórmula Un de Alfa Romeo, xa sexa como construtor ou como fornecedor de motores. O Gran Premio de Italia de 1984 foi a única carreira na historia de Fórmula Un en ter tres pilotos austríacos acabando nas seis primeiras posicións.
Antes da carreira, o piloto de Lotus Elio de Angelis era o único piloto capaz de disputar matematicamente o campionato de pilotos a Lauda ou Prost. As súas posibilidades de converterse no primeiro campión do mundo italiano desde Alberto Ascari en 1953 evaporáronse cando a caixa de cambios do seu Lotus - Renault rompeuse na volta 14 quedándoo, como Prost, retirado da carreira.
Clasificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 8 | Niki Lauda | McLaren-TAG | 51 | 1:20:29.065 | 4 | 9 |
2 | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 51 | + 24.249 | 11 | 6 |
3 | 22 | Riccardo Patrese | Alfa Romeo | 50 | + 1 volta | 9 | 4 |
4 | 19 | Stefan Johansson | Toleman-Hart | 49 | + 2 voltas | 17 | 3 |
5 | 30 | Jo Gartner | Osella-Alfa Romeo | 49 | + 2 voltas | 24 | 0[1] |
6 | 31 | Gerhard Berger | ATS-BMW | 49 | + 2 voltas | 20 | 0[1] |
7 | 24 | Piercarlo Ghinzani | Osella-Alfa Romeo | 48 | Sen combustible | 22 | |
8 | 21 | Huub Rothengatter | Spirit-Hart | 48 | + 3 voltas | 25 | |
9 | 23 | Eddie Cheever | Alfa Romeo | 45 | Sen combustible | 10 | |
10 | 18 | Thierry Boutsen | Arrows-BMW | 45 | + 6 voltas | 19 | |
Ret | 15 | Patrick Tambay | Renault | 43 | Acelerador | 8 | |
Ret | 2 | Teo Fabi | Brabham-BMW | 43 | Motor | 5 | |
Ret | 17 | Marc Surer | Arrows-BMW | 43 | Motor | 15 | |
Ret | 16 | Derek Warwick | Renault | 31 | Presión aceite | 12 | |
Ret | 10 | Jonathan Palmer | RAM-Hart | 20 | Presión aceite | 26 | |
Ret | 1 | Nelson Piquet | Brabham-BMW | 15 | Motor | 1 | |
Ret | 11 | Elio de Angelis | Lotus-Renault | 14 | Caixa de cambios | 3 | |
Ret | 12 | Nigel Mansell | Lotus-Renault | 13 | Trompo | 7 | |
Ret | 5 | Jacques Laffite | Williams-Honda | 10 | Turbo | 13 | |
Ret | 6 | Keke Rosberg | Williams-Honda | 8 | Turbo | 6 | |
Ret | 26 | Andrea de Cesaris | Ligier-Renault | 7 | Motor | 16 | |
Ret | 25 | François Hesnault | Ligier-Renault | 7 | Trompo | 18 | |
Ret | 9 | Philippe Alliot | RAM-Hart | 6 | Eléctrico | 23 | |
Ret | 28 | René Arnoux | Ferrari | 5 | Cixa de cambios | 14 | |
Ret | 7 | Alain Prost | McLaren-TAG | 3 | Motor | 2 | |
NTS | 14 | Manfred Winkelhock | ATS-BMW | 0 | Non arrincou | 21 | |
NSC | 20 | Pierluigi Martini | Toleman-Hart |
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Tyrrell e os seus pilotos foron descalificados do campionato mundial de 1984 e os seus resultados e puntos reasignados.
Carreira anterior: Gran Premio dos Países Baixos de 1984 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1984 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Europa de 1984 |
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1983 |
Gran Premio de Italia | Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 1985 |
Notas
editar- Ayrton Senna, piloto habitual de Toleman, foi substituído por Pierluigi Martini como castigo por romper o seu contrato co equipo para pilotar por Lotus en 1985 .
- O terceiro posto de Riccardo Patrese foi o último podio de Alfa Romeo na Fórmula Un.
- Único Gran premio do Campionato Mundial onde 3 austríacos terminaron no top 6.
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2014. Consultado o 2007-06-17.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Italia de 1984 |
Ligazóns externas
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |