Gran Premio de Europa de 1984

O Gran Premio de Europa de 1984 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no circuíto de Nürburgring o 7 de outubro de 1984. Foi décimo quinta carreira da tempada 1984. Esta foi a primeira vez que unha carreira de Fórmula Un disputouse no novo circuíto de 4´54 quilómetros de Nürburgring GP-Strecke e a primeira vez que a F1 regresaba ao circuíto desde o Gran Premio de Alemaña de 1976 que se celebrou na antiga pista de 22´835 quilómetros do circuíto Nordschleife.

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Europa de 1984
Nome oficialXXXVI European Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Europa Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1984 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento67 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónNürburgring (Renania-Palatinado - Rheinland-Pfalz) 50°20′08″N 6°56′51″L / 50.335555555556, 6.9475 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude5,148 km Editar o valor en Wikidata
PaísPaíses Baixos Editar o valor en Wikidata
Data7 de outubro de 1984 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoAlain Prost Editar o valor en Wikidata
Pole positionNelson Piquet Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaNelson Piquet Editar o valor en Wikidata

Resumo da carreira

editar

Durante a sesión de quecemento da mañá , Alain Prost trompeou co seu McLaren - TAG e bateu cun coche estacionado nun lado da pista.

O novo piloto brasileiro Ayrton Senna desencadeou un accidente na primeira curva, que deixou fora os coches de Rosberg, Marc Surer, Gerhard Berger e Piercarlo Ghinzani. O Toleman de Senna (que comezara 12º) marchaba detrás do Williams de Rosberg na freada ao final da recta principal, que causou o accidente. Rosberg comezara cuarto (logo de estoupar o seu motor Honda saíndo da última curva da súa volta de cualificación), pero era lento logo de que o seu motor desenvolvera repentinamente un fallo de encendido.

Logo de cualificar na segunda posición da grella, Alain Prost gañou a carreira no seu McLaren por diante do Ferrari de Michele Alboreto e o Brabham - BMW do campión do mundo Nelson Piquet, tanto o Ferrari como o Brabham quedaron sen combustible mentres cruzaban a liña de meta. Cando saíron dos seus coches, que se detiveron na saída de boxes, Alboreto e Piquet levantaron os seus brazos o un ao outro nun xesto de frustración polo límite da FISA de 220 litros de combustible para os turbos.

Niki Lauda, que case perdera a vida a causa do lume nun accidente cando pilotaba un Ferrari 312T2 durante o Gran Premio de Alemaña de 1976, comezou 15º e terminou cuarto no seu McLaren, e podería ser terceiro se non fose por un trompo, cando boqueou os seus freos mentres atacaba a Mauro Baldi na volta 21. En marcado contraste coa falta de seguridade de Nordschleife, Lauda deu o visto e prace ao novo circuíto de Strecke como un circuíto de Gran Premio moi seguro, dicindo que era "o lugar perfecto para celebrar un Gran Premio".

Clasificación

editar
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 7   Alain Prost McLaren-TAG 67 1:35:13.284 2 9
2 27   Michele Alboreto Ferrari 67 + 23.911 5 6
3 1   Nelson Piquet Brabham-BMW 67 + 24.922 1 4
4 8   Niki Lauda McLaren-TAG 67 + 43.086 15 3
5 28   René Arnoux Ferrari 67 + 1:01.430 6 2
6 22   Riccardo Patrese Alfa Romeo 66 + 1 volta 9 1
7 26   Andrea de Cesaris Ligier-Renault 65 + 2 voltas 17
8 21   Mauro Baldi Spirit-Hart 65 + 2 voltas 24
9 18   Thierry Boutsen Arrows-BMW 64 Encendido 11
10 25   François Hesnault Ligier-Renault 64 + 3 voltas 19
11 16   Derek Warwick Renault 61 Temperatura 7
Ret 30   Jo Gartner Osella-Alfa Romeo 60 Sistema combustible 22
Ret 2   Teo Fabi Brabham-BMW 57 Caixa de cambios 10
Ret 12   Nigel Mansell Lotus-Renault 51 Motor 8
Ret 15   Patrick Tambay Renault 47 Sistema combustible 3
Ret 23   Eddie Cheever Alfa Romeo 37 Sistema combustible 13
Ret 9   Philippe Alliot RAM-Hart 37 Turbo 25
Ret 10   Jonathan Palmer RAM-Hart 35 Turbo 21
Ret 5   Jacques Laffite Williams-Honda 27 Motor 14
Ret 11   Elio de Angelis Lotus-Renault 25 Turbo 23
Ret 20   Stefan Johansson Toleman-Hart 17 Temperatura 26
Ret 6   Keke Rosberg Williams-Honda 0 Colisión 4
Ret 19   Ayrton Senna Toleman-Hart 0 Colisión 12
Ret 17   Marc Surer Arrows-BMW 0 Colisión 16
Ret 31   Gerhard Berger ATS-BMW 0 Colisión 18
Ret 24   Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 0 Colisión 20

Posicións logo da carreira

editar
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Tyrrell e os seus pilotos foron descalificados do campionato mundial de 1984 e os seus resultados e puntos reasignados.


Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 1984
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1984
Carreira seguinte:
Gran Premio de Portugal de 1984
Carreira anterior:
Gran Premio de Europa de 1983
Gran Premio de Europa Carreira seguinte:
Gran Premio de Europa de 1985
  • Pole position: Nelson Piquet - 1:18.871[1]
  • Volta rápida: Michele Alboreto e Nelson Piquet - 1:23.146 na volta 62[2]
  • Última vez na que a volta rápida foi compartida por dous ou máis pilotos
  1. Lang, Mike (1992). Grand Prix! Vol 4. Haynes Publishing Group. p. 287. ISBN 0-85429-733-2. 
  2. Lang, Mike (1992). Grand Prix! Vol 4. Haynes Publishing Group. p. 289. ISBN 0-85429-733-2. 

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2014. Consultado o 2007-06-17. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar