Abrir o menú principal

Gran Premio do Reino Unido de 1991

O Gran Premio do Reino Unido de 1991 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 14 de xullo de 1991 no circuíto de Circuíto de Silverstone en Silverstone, Reino Unido. Foi a oitava carreira do Campionato do Mundo da tempada de 1991. Foi o 46º Gran Premio do Reino Unido e o 27º celebrado en Silverstone. A carreira disputouse sobre 59 voltas ao circuíto de máis de cinco quilómetros para unha distancia de carreira de 308 quilómetros. Foi gañada polo piloto local Nigel Mansell, conducindo un Williams - Renault, despois de partir da pole position. Gerhard Berger terminou segundo nun McLaren - Honda, con Alain Prost terceiro nun Ferrari .

Flag of the United Kingdom.svg Gran Premio de Reino Unido de 1991
Detalles da carreira
Carreira 8 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1991.
Trazado do circuíto de silverstone
Trazado do circuíto de silverstone
Data 14 de xullo de 1991
Nome oficial XLIV Foster´s British Grand Prix
Localización Circuíto de Silverstone, Silverstone, Reino Unido
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5´226 km
Distancia 59 voltas, 308´334 km
ClimaAsollado, cálido,seco
Pole position
Piloto Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Williams-Renault
Tempo 1:20.939
Volta rápida
Piloto Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Williams-Renault
Tempo 1:26.379 na volta 43
Podio
Primeiro Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Williams-Renault
Segundo Austria Gerhard Berger McLaren-Honda
Terceiro Francia Alain Prost Ferrari
Nigel Mansell pasa a Ayrton Senna de regreso ao paddock en Silverstone durante a súa volta da vitoria, logo de que Senna quedara sen combustible.

InformeEditar

A pista remodelouse en gran medida en 1991, o que xerou críticas moi positivas por parte dos pilotos. A pista xa non era a máis rápida no calendario da F1, pero agora incluía moitas curvas desafiantes para os pilotos. Por outra parte, Tom Walkinshaw comprara unha participación do 35% no equipo Benetton, pero as aliñacións de pilotos non cambiaran desde o Gran Premio de Francia de 1991). Stefan Johansson continuou substituíndo ao lesionado Alex Caffi en Footwork, aínda que foi a última carreira na que o faría.

Na cualificación, Nigel Mansell logrou a pole ante os seus siareiros locais, co seu rival ao título Ayrton Senna segundo. Riccardo Patrese foi terceiro, seguido de Gerhard Berger, Alain Prost, Jean Alesi, Roberto Moreno, Nelson Piquet, Maurício Gugelmin, e Stefano Modena. Senna saíu como un foguete para liderar diante de Mansell, mentres que Patrese foi a primeira vítima do día, logo de ser golpeado por Berger. A vantaxe de Senna non durou moito, xa que Mansell pasouno de novo ao entrar na curva Stowe.

Mansell e Senna distancíaronse mentres Berger, Prost e Alesi disputaban o terceiro lugar, con Alesi adiantaríase aínda que retiraríase logo de chocar con Aguri Suzuki mentres intentaba dobrar ao Lola.

Andrea de Cesaris tivo un grande accidente na volta 41 cando a súa suspensión fallou na curva Abbey, o seu auto rebotou volvendo á pista e por pouco bate con Satoru Nakajima no Tyrrell; de Cesaris saíu ileso.

Na parte dianteira, Mansell lograba a súa segunda vitoria consecutiva, mentres que o seu rival, Senna, quedouse sen combustible na última volta e clasificouse cuarto. Berger terminou en segundo lugar, seguido de Prost, Senna, Piquet e o Jordan de Bertrand Gachot. Mansell quedaba detrás de Senna a só 18 puntos.

En términos de ter que precualificar, Brabham necesitaba que o seu mellor auto quedase polo menos na 7ª posición para degradar ao equipo de Leyton House, pero nin Brundle nin Blundell terminaron a carreira.


ClasificaciónEditar

Cualificación previaEditar

Pos Piloto Construtor Tempo Diferenza
1 22   JJ Lehto Dallara-Judd 1:24.825
2 33   Andrea de Cesaris Jordan-Ford 1:25.508 +0.683
3 21   Emanuele Pirro Dallara-Judd 1:25.726 +0.901
4 32   Bertrand Gachot Jordan-Ford 1:25.931 +1.106
5 14   Olivier Grouillard Fondmetal-Ford 1:26.299 +1.474
6 34   Nicola Larini Lambo-Lamborghini 1:28.042 +3.217
7 35   Eric van de Poele Lambo-Lamborghini 1:28.827 +4.002
8 31   Pedro Chaves Coloni-Ford 1:29.735 +4.910

CualificaciónEditar

Pos Piloto Construtor Q1 Q2 diferenza
1 5   Nigel Mansell Williams-Renault 1:22.644 1:20.939
2 1   Ayrton Senna McLaren-Honda 1:23.277 1:21.618 +0.679
3 6   Riccardo Patrese Williams-Renault 1:23.436 1:22.109 +1.170
4 2   Gerhard Berger McLaren-Honda 1:23.045 1:22.476 +1.537
5 27   Alain Prost Ferrari 1:24.726 1:22.478 +1.539
6 28   Jean Alesi Ferrari 1:24.520 1:22.881 +1.942
7 19   Roberto Moreno Benetton-Ford 1:25.715 1:23.265 +2.326
8 20   Nelson Piquet Benetton-Ford 1:25.107 1:23.626 +2.687
9 15   Maurício Gugelmin Leyton House-Ilmor 1:25.834 1:24.044 +3.105
10 4   Stefano Modena Tyrrell-Honda 1:24.925 1:24.069 +3.130
11 22   JJ Lehto Dallara-Judd 1:24.997 1:24.141 +3.202
12 8   Mark Blundell Brabham-Yamaha 1:26.117 1:24.165 +3.226
13 33   Andrea de Cesaris Jordan-Ford 1:24.169 1:24.319 +3.230
14 7   Martin Brundle Brabham-Yamaha 1:25.803 1:24.345 +3.406
15 3   Satoru Nakajima Tyrrell-Honda 1:26.229 1:24.560 +3.621
16 16   Ivan Capelli Leyton House-Ilmor 1:25.951 1:24.587 +3.648
17 32   Bertrand Gachot Jordan-Ford 1:25.323 1:24.592 +3.653
18 21   Emanuele Pirro Dallara-Judd 1:25.136 1:24.654 +3.715
19 25   Thierry Boutsen Ligier-Lamborghini 1:25.530 1:25.174 +4.235
20 24   Gianni Morbidelli Minardi-Ferrari 1:27.367 1:25.222 +4.283
21 29   Éric Bernard Lola-Ford 1:26.235 1:25.537 +4.598
22 30   Aguri Suzuki Lola-Ford 1:26.438 1:25.583 +4.644
23 23   Pierluigi Martini Minardi-Ferrari 1:27.279 1:25.583 +4.644
24 12   Johnny Herbert Lotus-Judd 1:27.207 1:25.689 +4.750
25 11   Mika Häkkinen Lotus-Judd 1:26.936 1:25.872 +4.933
26 9   Michele Alboreto Footwork-Ford 1:27.193 1:26.192 +5.253
27 26   Érik Comas Ligier-Lamborghini 1:26.486 1:26.392 +5.453
28 10   Stefan Johansson Footwork-Ford 1:28.204 1:26.544 +5.605
29 18   Fabrizio Barbazza AGS-Ford 1:31.697 1:28.122 +7.183
30 17   Gabriele Tarquini AGS-Ford 1:31.130 1:28.136 +7.197

CarreiraEditar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 5   Nigel Mansell Williams-Renault 59 1:27:35.479 1 10
2 2   Gerhard Berger McLaren-Honda 59 + 42.293 4 6
3 27   Alain Prost Ferrari 59 + 1:00.150 5 4
4 1   Ayrton Senna McLaren-Honda 58 Sen combustible 2 3
5 20   Nelson Piquet Benetton-Ford 58 + 1 volta 8 2
6 32   Bertrand Gachot Jordan-Ford 58 + 1 volta 17 1
7 4   Stefano Modena Tyrrell-Honda 58 + 1 volta 10
8 3   Satoru Nakajima Tyrrell-Honda 58 + 1 volta 15
9 23   Pierluigi Martini Minardi-Ferrari 58 + 1 volta 23
10 21   Emanuele Pirro Dallara-Judd 57 + 2 voltas 18
11 24   Gianni Morbidelli Minardi-Ferrari 57 + 2 voltas 20
12 11   Mika Häkkinen Lotus-Judd 57 + 2 voltas 25
13 22   JJ Lehto Dallara-Judd 56 + 3 voltas 11
14 12   Johnny Herbert Lotus-Judd 55 Presión aceite 24
Ret 8   Mark Blundell Brabham-Yamaha 52 Motor 12
Ret 33   Andrea de Cesaris Jordan-Ford 41 Suspensión 13
Ret 28   Jean Alesi Ferrari 31 Colisión 6
Ret 30   Aguri Suzuki Lola-Ford 29 Colisión 22
Ret 25   Thierry Boutsen Ligier-Lamborghini 29 Motor 19
Ret 7   Martin Brundle Brabham-Yamaha 28 Acelerador 14
Ret 9   Michele Alboreto Footwork-Ford 25 Transmisión 26
Ret 15   Maurício Gugelmin Leyton House-Ilmor 24 Chasis 9
Ret 19   Roberto Moreno Benetton-Ford 21 Caixa de cambios 7
Ret 29   Éric Bernard Lola-Ford 21 Transmisión 21
Ret 16   Ivan Capelli Leyton House-Ilmor 16 Trompo 16
Ret 6   Riccardo Patrese Williams-Renault 1 Colisión 3
NSC 26   Érik Comas Ligier-Lamborghini
NSC 10   Stefan Johansson Footwork-Ford
NSC 18   Fabrizio Barbazza AGS-Ford
NSC 17   Gabriele Tarquini AGS-Ford
NSCP 14   Olivier Grouillard Fondmetal-Ford
NSCP 34   Nicola Larini Lambo-Lamborghini
NSCP 35   Eric van de Poele Lambo-Lamborghini
NSCP 31   Pedro Chaves Coloni-Ford
Fonte:[1]

Posicións logo da carreiraEditar

  • Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos na clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Francia de 1991
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1991
Carreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 1991
Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1990
Gran Premio do Reino Unido Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 1992

NotasEditar

  1. "1991 British Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015. 

Véxase taménEditar