Gran Premio do Reino Unido de 1992

O Gran Premio do Reino Unido de 1992 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 12 de xullo de 1992 no circuíto de Circuíto de Silverstone en Silverstone, Reino Unido. Foi a novena carreira do Campionato do Mundo da tempada de 1992. Foi o 47º Gran Premio do Reino Unido e o 28º celebrado en Silverstone. A carreira disputouse sobre 59 voltas ao circuíto de máis de cinco quilómetros para unha distancia de carreira de 308 quilómetros. Foi gañada por Nigel Mansell para o equipo Williams - Renault, o inglés comezou desde a pole position, liderando todas as voltas e marcando a volta rápida da carreira. Riccardo Patrese terminou segundo no outro Williams, con Martin Brundle terceiro nun Benetton - Ford.

Modelo:Competición deportivaGran Premio do Reino Unido de 1992
TipoGran Premio do Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1992 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento59 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Silverstone (Silverstone) 52°04′30″N 1°01′00″O / 52.075, -1.0167 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude5,891 km Editar o valor en Wikidata
PaísReino Unido Editar o valor en Wikidata
Data12 de xullo de 1992 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoNigel Mansell Editar o valor en Wikidata
Pole positionNigel Mansell Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaNigel Mansell Editar o valor en Wikidata

Despois de que Mansell gañase o seu Gran Premio de casa, os espectadores británicos invadiron a pista de carreiras para felicitar ao seu heroe. O auto de Mansell foi bloqueado pola multitude, o que lle impediu conducir de regreso aos boxes. Eventualmente Mansell foi devolto aos boxes polos comisarios de pista para asistir á cerimonia do podio. O triunfo foi o 28º da carreira de Mansell, converténdoo no exitoso piloto británico de Fórmula 1 ata ese momento en termos de vitorias (superando a Jackie Stewart, 27).

O futuro Campión do Mundo Damon Hill fixo a súa primeira aparición, co equipo Brabham. Outros dous futuros campións, Michael Schumacher e Mika Häkkinen, anotaron puntos.

Informe

editar

Práctica e cualificación

editar

Nigel Mansell dominou a cualificación, logrando a súa oitava pole position do ano en case dous segundos do seu compañeiro de equipo en Williams Riccardo Patrese con outros 0.8 segundos de volta a Ayrton Senna no McLaren en terceiro lugar. Xunto a Senna na segunda fila estaba Michael Schumacher no Benetton Formula, cos seus respectivos compañeiros Gerhard Berger e Martin Lutund na terceira fila. Johnny Herbert foi sétimo no seu Lotus, diante de Jean Alesi Ferrari, con Mika Häkkinen no outro Lotus e Érik Comas no Ligier completando os dez primeiros. Damon Hill clasificou por primeira vez, tomando a posición 26 e a última no seu Brabham.

Carreira

editar

Aínda que Patrese liderou na primeira curva, Mansell pronto pasou ao seu compañeiro de equipo e afastouse do resto, gañando finalmente por 39 segundos. Brundle fixo un rápido comezo para quedar terceiro, loitando contra o seu vello rival de Fórmula 3 Senna ata que o brasileiro sufriu unha falla na transmisión a sete voltas do final. Brundle eventualmente terminou nove segundos por detrás de Patrese e cinco por diante do seu compañeiro de equipo Schumacher, quen perdera tempo logo dunha colisión co Jordan de Stefano Modena cando intentaba pasalo. Berger terminou xusto detrás de Schumacher malia un problema no motor nas últimas voltas, mentres que Häkkinen levouse o último punto no sexto lugar. Hill terminou 16°, catro voltas detrás de Mansell, el e outros pilotos aínda circulaban cando os espectadores invadiron a pista para celebrar a vitoria de Mansell.

Post-carreira

editar

A vitoria, a sétima de Mansell na tempada, moveuno a 76 puntos no Campionato de Pilotos, Patrese con 40 e Schumacher con 29. No Campionato de Construtores, Williams tiña 116 puntos, con Benetton un distante segundo lugar con 42 e McLaren con 38.

Clasificación

editar

Cualificación

editar
 
Mika Häkkinen finished sixth in his Lotus 107.
Pos Piloto Construtor Q1 Q2 diferenza
1 5   Nigel Mansell Williams-Renault 1:18.965 Pole
2 6   Riccardo Patrese Williams-Renault 1:20.884 +1.919
3 1   Ayrton Senna McLaren-Honda 1:21.706 +2.741
4 19   Michael Schumacher Benetton-Ford 1:22.066 +3.101
5 2   Gerhard Berger McLaren-Honda 1:22.296 +3.331
6 20   Martin Brundle Benetton-Ford 1:23.489 +4.524
7 12   Johnny Herbert Lotus-Ford 1:23.605 +4.640
8 27   Jean Alesi Ferrari 1:23.723 +4.758
9 11   Mika Häkkinen Lotus-Ford 1:23.813 +4.848
10 26   Érik Comas Ligier-Renault 1:23.957 +4.992
11 29   Bertrand Gachot Larrousse-Lamborghini 1:24.065 +5.100
12 9   Michele Alboreto Footwork-Mugen-Honda 1:24.198 +5.233
13 25   Thierry Boutsen Ligier-Renault 1:24.545 +5.580
14 28   Ivan Capelli Ferrari 1:24.558 +5.593
15 15   Gabriele Tarquini Fondmetal-Ford 1:24.761 +5.796
16 30   Ukyo Katayama Larrousse-Lamborghini 1:24.851 +5.886
17 10   Aguri Suzuki Footwork- Mugen-Honda 1:24.924 +5.959
18 4   Andrea de Cesaris Tyrrell-Ilmor 1:24.984 +6.019
19 21   JJ Lehto Dallara-Ferrari 1:25.037 +6.072
20 3   Olivier Grouillard Tyrrell-Ilmor 1:25.096 +6.131
21 16   Karl Wendlinger March-Ilmor 1:25.123 +6.131
22 22   Pierluigi Martini Dallara-Ferrari 1:25.221 +6.256
23 32   Stefano Modena Jordan-Yamaha 1:25.362 +6.397
24 33   Maurício Gugelmin Jordan-Yamaha 1:25.988 +7.023
25 24   Gianni Morbidelli Minardi-Lamborghini 1:25.998 +7.033
26 8   Damon Hill Brabham-Judd 1:26.378 +7.413
NSC 23   Alessandro Zanardi Minardi-Lamborghini 1:26.458 +7.493
NSC 17   Paul Belmondo March-Ilmor 1:27.995 +9.030
NSC 14   Andrea Chiesa Fondmetal-Ford 1:28.452 +9.487
NSC 7   Eric van de Poele Brabham-Judd 1:28.719 +9.754
NSCP 34   Roberto Moreno Andrea Moda-Judd 1:30.592 +11.627
NSCP 35   Perry McCarthy Andrea Moda-Judd 1:46.719 +27.754

Carreira

editar
 
Fans invading the track at Copse Corner following Nigel Mansell's victory.
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 5   Nigel Mansell Williams-Renault 59 1:25:42.991 1 10
2 6   Riccardo Patrese Williams-Renault 59 + 39.094 2 6
3 20   Martin Brundle Benetton-Ford 59 + 48.395 6 4
4 19   Michael Schumacher Benetton-Ford 59 + 53.267 4 3
5 2   Gerhard Berger McLaren-Honda 59 + 55.795 5 2
6 11   Mika Häkkinen Lotus-Ford 59 + 1:20.138 9 1
7 9   Michele Alboreto Footwork-Mugen-Honda 58 + 1 volta 12
8 26   Érik Comas Ligier-Renault 58 + 1 volta 10
9 28   Ivan Capelli Ferrari 58 + 1 volta 14
10 25   Thierry Boutsen Ligier-Renault 57 + 2 voltas 13
11 3   Olivier Grouillard Tyrrell-Ilmor 57 + 2 voltas 20
12 10   Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 57 + 2 voltas 17
13 21   JJ Lehto Dallara-Ferrari 57 + 2 voltas 19
14 15   Gabriele Tarquini Fondmetal-Ford 57 + 2 voltas 15
15 22   Pierluigi Martini Dallara-Ferrari 56 + 3 voltas 22
16 8   Damon Hill Brabham-Judd 55 + 4 voltas 26
17 24   Gianni Morbidelli Minardi-Lamborghini 53 Motor 25
Ret 1   Ayrton Senna McLaren-Honda 52 Transmisión 3
Ret 4   Andrea de Cesaris Tyrrell-Ilmor 46 Trompo 18
Ret 27   Jean Alesi Ferrari 43 Mecánica 8
Ret 32   Stefano Modena Jordan-Yamaha 43 Motor 23
Ret 33   Maurício Gugelmin Jordan-Yamaha 37 Motor 24
Ret 29   Bertrand Gachot Larrousse-Lamborghini 32 Roda 11
Ret 12   Johnny Herbert Lotus-Ford 31 Transmisión 7
Ret 16   Karl Wendlinger March-Ilmor 27 Caixa de cambios 21
Ret 30   Ukyo Katayama Larrousse-Lamborghini 27 Transmisión 16
NSC 23   Alessandro Zanardi Minardi-Lamborghini
NSC 17   Paul Belmondo March-Ilmor
NSC 14   Andrea Chiesa Fondmetal-Ford
WD 7   Eric van de Poele Brabham-Judd
NSCP 34   Roberto Moreno Andrea Moda-Judd
NSCP 35   Perry McCarthy Andrea Moda-Judd
Fonte:[1]

Posicións logo da carreira

editar
  • Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos na clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Francia de 1992
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1992
Carreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 1992
Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1991
Gran Premio do Reino Unido Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 1993
  1. "1992 British Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015. 

Véxase tamén

editar