Abrir o menú principal

Gran Premio dos Estados Unidos de 1989

Coordenadas: 33°26′52.5″N 112°4′28.5″O / 33.447917, -112.074583

Flag of the United States.svg Gran Premio de Estados Unidos de 1989
Detalles da carreira
Carreira 5 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1989.
Trazado do circuíto de Phoenix
Trazado do circuíto de Phoenix
Data 4 de xuño 1989
Nome oficial XXVI Iceberg United States Grand Prix
Localización Circuíto urbano de Phoenix
Phoenix (Arizona Estados Unidos)
Percorrido Circuíto urbano
3´800 km
Distancia 75 voltas, 285 km
ClimaCálido, asollado, 36°c [1]
Pole position
Piloto Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Honda
Tempo 1:30.108
Volta rápida
Piloto Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Honda
Tempo 1:33.969 na volta 38
Podio
Primeiro Francia Alain Prost McLaren-Honda
Segundo Italia Riccardo Patrese Williams-Renault
Terceiro Flag of the United States.svg Eddie Cheever Arrows-Ford

O Gran Premio dos Estados Unidos de 1989 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 4 de xuño de 1989 en Phoenix (Arizona).

InformeEditar

AntecedentesEditar

En outubro de 1988, o concello de Detroit, Michigan negouse a investir máis diñeiro para adaptar o circuíto de Detroit as novas regulacións da Fórmula 1. Isto provocou a cancelación da carreira de Detroit para a tempada de 1989. O concello da cidade de Phoenix estaba interesado en acoller un gran evento deportivo para promover a cidade de Phoenix en todo o mundo. A carreira de Fórmula 1 entrou en xogo logo dun intento desesperado de Bernie Ecclestone de non perder o Gran Premio dos Estados Unidos. O 13 de xaneiro de 1989, o Consello da Cidade de Phoenix aprobou un contrato de cinco anos coa F1 para promover e executar a carreira, con data do evento o 4 de xuño. Era ben coñecido que o clima de Phoenix é moi quente en xuño, pero era a única data dispoñible porque conseguíu a carreira en pouco tempo.[2] No xoves antes da cualificación, a Fórmula Atlántica, a categoría de apoio para o fin de semana, tivo a primeira sesión de práctica na nova pista antes de que chegasen os coches de Fórmula 1 ao circuíto para a pre-cualificación as 8 da mañá do venres. A sesión da fórmula atlántica viu un par de problemas. Levantouse unha cuberta de sumidoiro e a superficie da pista na curva 10 ao final da recta traseira (Washington Street) comezou a romperse do mesma xeito que Detroit e Fair Park fixeran no pasado. Durante a noite, utilizouse cemento seco rápido para remendar a superficie rota, o cemento mantívose durante o resto do fin de semana.

CualificaciónEditar

Na cualificación o venres, Ayrton Senna foi progresivamente máis e máis rápido, fixando un tempo 1.5 segundos por diante do McLaren do seu compañeiro de equipo Alain Prost e o resto dos participantes. O tempo do venres de Senna de 1:30.710 conseguiuno na segunda sesión e deulle a súa 34ª pole position da súa carreira, rompendo a marca de Jim Clark de 33 que igualara na carreira anterior en México.

Práctica libreEditar

Durante a práctica da mañá do sábado, Prost trompeou e foise contra unha parede e danou o monocasco e a caixa de cambios. Foi o primeiro monocasco que rompeu Prost desde que se unira ao equipo en 1984. Entón Prost tivo que tomar o auto de reposto de Senna para a carreira. Alessandro Nannini estrelouse fortemente na sesión de quecemento da mañá e viuse obrigado a comezar a carreira non só no coche de reposto, senón tamén cun corsé debido a ter o pescozo moi dorido.[3]

CarreiraEditar

Prost conseguiu pasar a Senna na saída, pero colleu unha fochanca na recta, facendo que as súas rodas patinasen e o motor cortara momentaneamente polo limitador de revolucións permitindo que Senna se adiantasee, pero ao final da primeira volta a súa vantaxe era de só 0´45 segundos. Nannini corría terceiro seguido por Nigel Mansell, Alex Caffi, Stefano Modena, Martin Brundle, Gerhard Berger, Andrea de Cesaris e Michele Alboreto. O pescozo de Nannini só aguantou 10 voltas antes de entrar en boxes para retirarse. Era terceiro ata que un trompo na volta catro deixouno oitavo e retirouse logo de non ser capaz de soster a súa cabeza correctamente e queixándose de mareos. Logo de 16 voltas, a vantaxe de Senna sobre Prost era de 4´25 segundos. Repentinamente dobrou a diferenza na seguinte volta, cando o motor de Prost empezou a sobrequentarse, obrigando ao francés a levantar o pe do acelerador unhas cantas voltas nun intento por recuperar as temperaturas da auga e da gasolina. Malia a posición aparentemente dominante de Senna, Prost seguiu confiando en gañar, xa que notara que o seu McLaren respondía mellor que o do seu compañeiro de equipo. Razoou que máis adiante na carreira o seu único problema sería conseguir pasalo.

A diferenza entre os dous McLarens variou a medida que avanzaban no tráfico, pero na volta 29, Prost pechou a diferenza cando Senna sufriu un fallo de encendido. O problema desapareceu momentaneamente, e Senna fixo a volta rápida da carreira, pero apareceu de novo, peor que antes. Na volta 34, con Prost só un segundo atrás, Senna fixo un xesto ao seu compañeiro de equipo para que pasara e logo entrou en boxes.

Logo de dúas paradas en boxes para cambiar a caixa negra, a batería e as buxías, e con sucesivas voltas rápidas entre eles, Senna retirouse na volta 44. Foi a súa primeira retirada debido a un fallo do motor Honda e o primeiro fallo do seu motor V10 en condicións de carreira. Tamén foi a segunda vez en 21 carreiras con McLaren que fallaba un motor de Honda, o primeiro foi cando o turbo de Prost reventou a metade do Gran Premio de Italia de 1988, a única carreira da tempada de 1988 que McLaren non gañou.

Alex Caffi, que comezara sexto no seu Dallara - Ford calzado con Pirelli, subíu ata o segundo posto coa retirada de Senna. Unha parada para poñer pneumáticos novos, logo de ser pasado por Berger (cuxas palmas aínda estaban en carne viva e doridas debido ao seu choque en Imola soamente seis semanas antes), fixoo caer dous postos máis á quinta. Con todo, ao intentar pasar ao seu compañeiro de equipo de Cesaris, de Cesaris dobrou cara a adentro, botando a Caffi contra o muro e deixandoo fora da carreira. Logo da carreira de Cesaris dixo que simplemente non viu Caffi e nin sequera sabía que batera no muro ata logo da carreira. De Cesaris continuou no 8º posto. O Ferrari de Berger sufriu a rotura do alternador (significando que no llegaba potencia á transmisión semiautomática) 9 voltas logo da retirada de Caffi. Os reporteiros trataron de entrevistar a Berger, pero o seu mecánico pechou a porta do garaxe, xusto antes de que a porta do garaxe pechásese. O reporteiro de boxes de ESPN viu a Berger salpicado de auga.

Ao longo da carreira, Riccardo Patrese, Ivan Capelli e Eddie Cheever estiveran moi próximos. Cando Capelli retirouse na volta 21 cun fallo na caixa de cambios, Patrese e Cheever continuaron a batalla. Logo da volta 51, a pelexa foi polo segundo lugar, con Patrese por diante. Malia un problema co combustible do seu motor, Cheever retouno nas voltas finais ata que os seus freos dianteiros e un freo traseiro fallaron. Terminou en terceiro lugar.

Como se predixo, o límite de tempo de dúas horas foi alcanzado logo de 75 das 81 voltas programadas, e Prost logrou o seu único triunfo nos Estados Unidos (logo de non gañar en Watkins Glen, Long Beach, Las Vegas, Detroit ou Dallas), e aumentou a súa entón mellor marca de todos os tempos de 36 vitorias e a súa primeira vitoria cun motor atmosférico (a súa única outra tempada na F1 sen potencia de turbo fora a súa tempada de novato con McLaren en 1980 cando o equipo usou o Cosworth DFV Motor V8). Tamén tomou unha vantaxe de dous puntos sobre Senna, no Campionato de Pilotos, que finalmente gañou. O segundo posto de Patrese foi o seu segundo seguido. Logo de loitar na práctica, a cualificación e o quecemento, e partindo do posto 14, Patrese e o director técnico Patrick Head lograron unha boa configuración e finalmente conseguirono para a carreira. O terceiro posto de Eddie Cheever foi o noveno e último podio da súa carreira na F1. Christian Danner beneficiouse das retiradas por diante del para lograr o cuarto lugar para Rial Racing. Foi o seu mellor final de carreira e coincidiu co mellor final da historia para o equipo.

ClasificaciónEditar

Pre CualificaciónEditar

Pos Piloto Construtor Tempo Diferenza
1 7   Martin Brundle Brabham-Judd 1:32.293
2 21   Alex Caffi Dallara-Ford 1:32.992 +0.699
3 36   Stefan Johansson Onyx-Ford 1:33.768 +1.475
4 8   Stefano Modena Brabham-Judd 1:33.924 +1.631
5 18   Piercarlo Ghinzani Osella-Ford 1:34.281 +1.988
6 32   Pierre-Henri Raphanel Coloni-Ford 1.35.110 +2.817
7 33   Gregor Foitek EuroBrun-Judd 1:35.805 +3.512
8 17   Nicola Larini Osella-Ford 1:36.470 +4.177
9 41   Joachim Winkelhock AGS-Ford 1:36.498 +4.205
10 39   Volker Weidler Rial-Ford 1:36.583 +4.290
11 34   Bernd Schneider Zakspeed-Yamaha 1:36.610 +4.317
12 35   Aguri Suzuki Zakspeed-Yamaha 1:37.776 +5.483
13 37   Bertrand Gachot Onyx-Ford 1:45.530 +13.237

CualificaciónEditar

Pos Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza
1 1   Ayrton Senna McLaren-Honda 1:30.108 1:30.710
2 2   Alain Prost McLaren-Honda 1:31.620 1:31.517 +1.409
3 19   Alessandro Nannini Benetton-Ford 1:32.924 1:31.799 +1.691
4 27   Nigel Mansell Ferrari 1:31.927 1:33.383 +1.819
5 7   Martin Brundle Brabham-Judd 1:32.750 1:31.960 +1.852
6 21   Alex Caffi Dallara-Ford 1:32.819 1:32.160 +2.052
7 8   Stefano Modena Brabham-Judd 1:34.267 1:32.286 +2.178
8 28   Gerhard Berger Ferrari 1:33.697 1:32.364 +2.256
9 4   Michele Alboreto Tyrrell-Ford 1:33.377 1:32.491 +2.383
10 9   Derek Warwick Arrows-Ford 1:32.640 1:32.492 +2.384
11 16   Ivan Capelli March-Judd 1:36.136 1:32.493 +2.385
12 30   Philippe Alliot Lola-Lamborghini 1:34.721 1:32.562 +2.454
13 22   Andrea de Cesaris Dallara-Ford 1:33.061 1:32.649 +2.541
14 6   Riccardo Patrese Williams-Renault 1:34.523 1:32.795 +2.687
15 23   Pierluigi Martini Minardi-Ford 1:34.794 1:33.031 +2.923
16 5   Thierry Boutsen Williams-Renault 1:35.227 1:33.044 +2.936
17 10   Eddie Cheever Arrows-Ford 1:33.214 1:33.361 +3.106
18 15   Maurício Gugelmin March-Judd 1:35.236 1:33.324 +3.216
19 36   Stefan Johansson Onyx-Ford 1:34.637 1:33.370 +3.262
20 24   Luis Pérez-Sala Minardi-Ford 1:34.636 1:33.724 +3.616
21 3   Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 1:34.748 1:33.741 +3.633
22 11   Nelson Piquet Lotus-Judd 1:33.745 1:33.804 +3.637
23 12   Satoru Nakajima Lotus-Judd 1:35.188 1:33.782 +3.674
24 40   Gabriele Tarquini AGS-Ford 1:34.455 1:33.790 +3.682
25 20   Johnny Herbert Benetton-Ford 1:35.377 1:33.806 +3.698
26 38   Christian Danner Rial-Ford 1:35.453 1:33.848 +3.740
27 26   Olivier Grouillard Ligier-Ford 1:35.124 1:34.153 +4.045
28 31   Roberto Moreno Coloni-Ford 2:10.795 1:34.352 +4.244
29 25   René Arnoux Ligier-Ford 1:35.823 1:34.798 +4.715
30 29   Yannick Dalmas Lola-Lamborghini 1:35.771 1:35.496 +5.388

CarreiraEditar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 2   Alain Prost McLaren-Honda 75 2:01:33.133 2 9
2 6   Riccardo Patrese Williams-Renault 75 + 39.696 14 6
3 10   Eddie Cheever Arrows-Ford 75 + 43.210 17 4
4 38   Christian Danner Rial-Ford 74 + 1 volta 26 3
5 20   Johnny Herbert Benetton-Ford 74 + 1 volta 25 2
6 5   Thierry Boutsen Williams-Renault 74 + 1 volta 16 1
7 40   Gabriele Tarquini AGS-Ford 73 Motor 24
8 22   Andrea de Cesaris Dallara-Ford 70 + 5 voltas 13
9 3   Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 69 Sen combustible 21
Ret 28   Gerhard Berger Ferrari 61 Alternador 8
Ret 21   Alex Caffi Dallara-Ford 52 Colisión 6
Ret 11   Nelson Piquet Lotus-Judd 52 Trompo 22
Ret 36   Stefan Johansson Onyx-Ford 50 Suspensión 19
Ret 24   Luis Pérez-Sala Minardi-Ford 46 Motor 20
Ret 1   Ayrton Senna McLaren-Honda 44 Eléctrico 1
Ret 7   Martin Brundle Brabham-Judd 43 Freos 5
Ret 8   Stefano Modena Brabham-Judd 37 Freos 7
Ret 27   Nigel Mansell Ferrari 31 Alternador 4
Ret 23   Pierluigi Martini Minardi-Ford 26 Motor 15
Ret 12   Satoru Nakajima Lotus-Judd 24 Acelerador 23
Ret 16   Ivan Capelli March-Judd 22 Transmisión 11
DSC 15   Maurício Gugelmin March-Judd 20 Descualificado 18
Ret 4   Michele Alboreto Tyrrell-Ford 17 Caixa de cambios 9
Ret 19   Alessandro Nannini Benetton-Ford 10 Problemas físicos 3
Ret 9   Derek Warwick Arrows-Ford 7 Colisión 10
Ret 30   Philippe Alliot Lola-Lamborghini 3 Trompo 12
NSC 26   Olivier Grouillard Ligier-Ford        
NSC 31   Roberto Moreno Coloni-Ford        
NSC 25   René Arnoux Ligier-Ford        
NSC 29   Yannick Dalmas Lola-Lamborghini        
NSCP 18   Piercarlo Ghinzani Osella-Ford        
NSCP 32   Pierre-Henri Raphanel Coloni-Ford        
NSCP 33   Gregor Foitek EuroBrun-Judd        
NSCP 17   Nicola Larini Osella-Ford        
NSCP 41   Joachim Winkelhock AGS-Ford        
NSCP 39   Volker Weidler Rial-Ford        
NSCP 35   Aguri Suzuki Zakspeed-Yamaha        
NSCP 34   Bernd Schneider Zakspeed-Yamaha        
NSCP 37   Bertrand Gachot Onyx-Ford        
Fonte:[4]

Posicións logo da carreiraEditar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
  • Mauricio Gugelmin víu a bandeira negra por engadir líquido de freos incumprindo as regulacións.[5]

NotasEditar

  1. "Historical Weather For 1989 in Phoenix, Arizona, USA". WeatherSpark. Consultado o 2015-12-24. 
  2. Siano, Joseph (January 30, 1989). "Grand Prix Moves to Phoenix". nytimes.com. Consultado o July 15, 2014. 
  3. Rob Walker, Road & Track page 82, September 1989 edition
  4. "1989 United States Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2015. Consultado o 23 de decembro de 2015. 
  5. "United States Grand Prix - A sense of relief". motorsportmagazine.com. 7 July 2014. Consultado o 14 November 2016. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Rob Walker (September, 1989). "United States Grand Prix at Phoenix: Just Desert". Road & Track, 82-85.


Carreira anterior:
Gran Premio de México de 1989
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1989
Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 1989
Carreira anterior:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1980
Gran Premio dos Estados Unidos Carreira seguinte:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1990