Gran Premio de Francia de 1985

O Gran Premio de Francia de fórmula 1 de 1985 celebrouse no Circuíto Paul Ricard en Francia o 7 de xullo de 1985. Foi a sétima proba da tempada de Fórmula Un de 1985, o 63º Gran Premio de Francia, ou o 71º Gran Prix de l'ACF. A carreira disputouse sobre 53 voltas ao circuíto de 5´81 quilómetros para unha distancia total de carreira de 308 quilómetros.

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Francia de 1985
Nome oficial71e Grand Prix de France Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Francia Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1985 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento53 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto Paul Ricard (Le Castellet) 43°15′02″N 5°47′30″L / 43.250555555556, 5.7916666666667 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude5,842 km Editar o valor en Wikidata
PaísFrancia Editar o valor en Wikidata
Data7 de xullo de 1985 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoNelson Piquet Editar o valor en Wikidata
Pole positionKeke Rosberg Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaKeke Rosberg Editar o valor en Wikidata

Esta foi a última vez que o circuíto longo de Paul Ricard foi utilizado para o Gran Premio de Francia. En 1986 foi utilizado o trazado máis curto de 3´813 quilómetros (versión "club") logo de que Elio de Angelis morrera nun fatal accidente no circuíto durante unha sesión de probas. Isto foi unha reacción instintiva dea FIA ao accidente, xa que se sabía que o circuíto non era o culpable do accidente. O alerón traseiro do Brabham BT55 de de Angelis rompera ao entrar a alta velocidade na curva Verriere ao final da recta de boxes, o que resultou nunha perda completa da carga aerodinámica na parte traseira do coche provocando que se bloqueara.

Nelson Piquet gañou a carreira pilotando un Brabham BT54 - BMW. Resultou ser a última vitoria do equipo Brabham na Fórmula Un. Tamén foi a primeira vitoria nun Gran Premio desde o seu regreso á Fórmula Un para o fabricante italiano de pneumáticos Pirelli. Piquet gañou a carreira con seis segundos sobre gañador da pole Keke Rosberg que pilotaba un Williams FW10 - Honda. Terceiro foi o francés Alain Prost pilotando un McLaren MP4 / 2B - TAG Porsche. O podio de Prost permitiulle pechar a cinco puntos a diferenza co líder do campionato, Michele Alboreto (Ferrari).

Cualificación

editar

O piloto de Williams e Campión Mundial en 1982 Keke Rosberg, rompeu o dominio do equipo Lotus - Renault nas poles en 1985 poñendo o seu coche na pole position en Paul Ricard, cunha media de 226´612 km/h. Ayrton Senna foi segundo no seu Lotus - Renault, seguido polo Ferrari 156/85 de Michele Alboreto e o McLaren - TAG de Prost. A terceira fila da grella foi ocupada polo primeiro dos pilotos de Pirelli Nelson Piquet, mentres que o defensor do campionato do mundo (e gañador do Gran Premio de Francia de 1984) Niki Lauda (McLaren) redondeou os seis primeiros. Os pilotos de fábrica de Renault Patrick Tambay e Derek Warwick cualificaron noveno e décimo. Tambay pilotaba unha versión actualizada do Renault RE60, coñecido como o RE60B, mentres que Warwick pilotaba o vello RE60.

Nigel Mansell (Williams) tivo un accidente na curva de alta velocidade Signes, que se atopa ao final da recta Mistral de 1´8 km., durante a práctica, e sufriu unha conmoción cerebral que o deixou fóra da carreira. Mansell bateu a marca do accidente a máis velocidade na historia da Fórmula Un, pilotaba a máis de 322 km/h.

O motor BMW de 4 cilindros en liña, de aproximadamente 1 000 CV (1 000 PS; 735 kW), demostrou a súa valía na recta Mistral, a característica máis distintiva do Circuíto Paul Ricard, cando impulsou o Brabham do piloto suízo Marc Surer a unha velocidade de 338 km/h a máis rápida da tempada, durante a cualificación. En comparación o coche máis lento, cos 550 CV (550 PS; 405 kW) do Tyrrell - Ford de Stefan Bellof só puido lograr 277 km/h na Mistral.

O Gran Premio de Francia tamén marcou a primeira vez que o equipo Tyrrell utilizou o motor Renault turboalimentado con Martin Brundle montado no novo chasis do Tyrrell 014 mentres o seu compañeiro de equipo Stefan Bellof aínda utilizou o Cosworth DFY no 012. Permitiu que Brundle cualificara uns catro segundos máis rápido que o seu compañeiro de equipo. Brundle contou que durante a cualificación, en certo momento mentres ambos estaban nunha volta rápida, que no inicio da recta Mistral estaba a 91 metros do 012 de Bellof e no momento en que chegou a Signes, Bellof non era máis que un punto nos seus espellos. A velocidade máxima do novo coche con motor turbo foi de ao redor de 310 km/h, uns 33 km/h máis rápido que o V8.

Tyrrell foi o último equipo de F1 en cambiar o motor atmosférico a un motor turboalimentado logo de chegar a un acordo con Renault a finais de 1984, pero o novo 014 non estivo listo ata esta carreira. Como era o equipo máis baixo na xerarquía de Renault detrás do equipo de fábrica, Lotus e Ligier, Tyrrell soamente forneceuse co motor EF4 de Renault de 1984.

Carreira

editar

Ao comezo, Keke Rosberg e Ayrton Senna chegaron as curvas Verriere nas súas respectivas posicións na grella, seguidos por Nelson Piquet, quen fixo unha excelente saída desde o quinto lugar, Michele Alboreto, Elio de Angelis, Niki Lauda, Gerhard Berger e Alain Prost que fixo unha mala saída desde o 6º lugar.

A medida que pasaron as voltas, a calor comezou a afectar a algúns dos coches. O motor Renault do piloto de Ligier Jacques Laffite explotou na volta 3, o compañeiro de equipo de Laffite Andrea De Cesaris retirouse na volta 5 con problemas na dirección e o líder do campionato, Alboreto terminou na seguinte volta marchaba no 4º lugar cando o turbocompresor do seu Ferrari fallou.

Pero Nelson Piquet, que ata entón tivera pouco éxito en 1985, comezou a correr a un ritmo máis alto por toda a pista. Armado co motor máis potente da Fórmula Un, o BMW 4 en liña e con mellores pneumáticos que Rosberg e Senna, foi capaz de pasar o seu compatriota facilmente na recta Mistral e na volta 11 pasou a Rosberg (cuxo potente motor Honda fixo difícil que Piquet pasara na recta) na curva logo de Signes. Piquet comezou a afastarse de Rosberg, que esnaquizara os seus pneumáticos empuxando forte desde o principio. Berger máis tarde retirouse na volta 20 logo dunha colisión con Pierluigi Martini.

Senna entrou nos boxes con problemas co seu Lotus e quedou fóra da contenda. Lauda e Prost pasaron a de Angelis con certa dificultade e logo capturaron e loitaron con Rosberg durante un longo período de tempo. Aínda que os coches de McLaren eran máis rápidos, o máis potente motor Honda do Williams de Rosberg permitíalle afastarse nas partes máis rápidas do circuíto francés de alta velocidade. A batalla seguiu e seguiu, e Piquet estaba cada vez máis e máis lonxe.

Mentres apuraba para recuperar o tempo, Senna tivo un grande accidente na extremadamente rápida curva Signes ao final da longa recta Mistral cando o motor Renault do seu Lotus estalou, derrapou no seu propio aceite que estaba goteando nos pneumáticos traseiros, trompeou a unha velocidade extremadamente alta e bateu contra os gardarailes Armco. Saíu ileso aínda que con algunhas contusións.

A batalla Rosberg / Lauda / Prost continuou, pero na volta 31 a caixa de cambios de Lauda fallou na recta de boxes e quedou fóra da carreira diante dos boxes. Prost finalmente conseguiu pasar a Rosberg nas curvas Verriere e acelerou o ritmo, empezou a captura de Piquet (que agora tiña 23 segundos de vantaxe) reducindoa en 1´5 a 2 segundos por volta. Rosberg entrou en boxes para cambiar pneumáticos e reincorporouse detrás de Prost e Piquet.

Pero Piquet, co potente motor BMW e os seus pneumáticos Pirelli traballando ben por primeira vez na tempada, foi capaz de manter baixo control tanto a Prost como a Rosberg para lograr a que sería a última vitoria de Brabham. Rosberg capturou e pasou a Prost (que diminuíra o seu ritmo) na última volta. O segundo piloto de Ferrari Stefan Johansson (que remontara a través da pista desde o posto 15 da grella e agora loitaba con De Angelis) logrou o cuarto posto un pouco máis dunha décima de segundo por diante de De Angelis, e Patrick Tambay no Renault completou os puntos.

Clasificación

editar

Cualificación

editar
Pos Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza
1 6   Keke Rosberg Williams-Honda 1:33.484 1:32.462
2 12   Ayrton Senna Lotus-Renault 1:32.835 1:33.677 +0.373
3 27   Michele Alboreto Ferrari 1:35.421 1:33.267 +0.805
4 2   Alain Prost McLaren-TAG 1:33.547 1:33.335 +0.873
5 7   Nelson Piquet Brabham-BMW 1:33.981 1:33.812 +1.350
6 1   Niki Lauda McLaren-TAG 1:33.860 1:34.166 +1.398
7 11   Elio de Angelis Lotus-Renault 1:34.022 1:34.227 +1.560
8 17   Gerhard Berger Arrows-BMW 1:34.674 1:37.445 +2.212
9 15   Patrick Tambay Renault 1:34.680 1:36.339 +2.218
10 16   Derek Warwick Renault 1:34.976 1:35.190 +2.514
11 18   Thierry Boutsen Arrows-BMW 1:36.051 1:35.488 +3.026
12 25   Andrea de Cesaris Ligier-Renault 1:37.335 1:35.571 +3.109
13 8   Marc Surer Brabham-BMW 1:35.572 1:35.640 +3.110
14 26   Jacques Laffite Ligier-Renault 1:38.173 1:36.133 +3.671
15 28   Stefan Johansson Ferrari 1:37.546 1:36.140 +3.678
16 22   Riccardo Patrese Alfa Romeo 1:36.729 1:38.745 +4.267
17 23   Eddie Cheever Alfa Romeo 1:36.931 1:38.489 +4.469
18 19   Teo Fabi Toleman-Hart 1:37.142 1:37.657 +4.680
19 9   Manfred Winkelhock RAM-Hart 1:37.654 1:45.628 +5.192
20 3   Martin Brundle Tyrrell-Renault 1:40.486 1:40.015 +7.553
21 30   Jonathan Palmer Zakspeed 1:40.647 1:40.289 +7.827
22 10   Philippe Alliot RAM-Hart 1:41.647 1:44.221 +9.185
23 24   Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 1:42.136 1:42.968 +9.674
24 29   Pierluigi Martini Minardi-Motori Moderni 1:47.523 1:44.350 +11.888
25 5   Stefan Bellof Tyrrell-Ford 1:44.404 1:45.478 +11.942
NTS 5   Nigel Mansell Williams-Honda 1:34.191 +1.729

Carreira

editar
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 7   Nelson Piquet Brabham-BMW 53 1:31:46.266 5 9
2 6   Keke Rosberg Williams-Honda 53 + 6.660 1 6
3 2   Alain Prost McLaren-TAG 53 + 9.285 4 4
4 28   Stefan Johansson Ferrari 53 + 53.491 16 3
5 11   Elio de Angelis Lotus-Renault 53 + 53.690 7 2
6 15   Patrick Tambay Renault 53 + 1:15.167[1] 10 1
7 16   Derek Warwick Renault 53 + 1:44.212 11
8 8   Marc Surer Brabham-BMW 52 + 1 volta 14
9 18   Thierry Boutsen Arrows-BMW 52 + 1 volta 12
10 23   Eddie Cheever Alfa Romeo 52 + 1 volta 18
11 22   Riccardo Patrese Alfa Romeo 52 + 1 volta 17
12 9   Manfred Winkelhock RAM-Hart 50 + 3 voltas 20
13 4   Stefan Bellof Tyrrell-Ford 50 + 3 voltas 26
14 19   Teo Fabi Toleman-Hart 49 Sistema combustible 19
15 24   Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 49 + 4 voltas 24
Ret 3   Martin Brundle Tyrrell-Renault 32 Caixa de cambios 21
Ret 1   Niki Lauda McLaren-TAG 30 Caixa de cambios 6
Ret 12   Ayrton Senna Lotus-Renault 26 Motor, accidente[2] 2
Ret 17   Gerhard Berger Arrows-BMW 20 Accidente 9
Ret 29   Pierluigi Martini Minardi-Motori Moderni 19 Accidente 25
Ret 10   Philippe Alliot RAM-Hart 8 Sistema combustible 23
Ret 30   Jonathan Palmer Zakspeed 6 Motor 22
Ret 27   Michele Alboreto Ferrari 5 Turbo 3
Ret 25   Andrea de Cesaris Ligier-Renault 4 Dirección 13
Ret 26   Jacques Laffite Ligier-Renault 2 Turbo 15
NTS 5   Nigel Mansell Williams-Honda 0 Lesións 8

Líderes por volta

editar

Posicións logo da carreira

editar
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Detroit de 1985
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1985
Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 1985
Carreira anterior:
Gran Premio de Francia de 1984
Gran Premio de Francia Carreira seguinte:
Gran Premio de Francia de 1986
  1. Hamilton, Maurice (ed.) (1985). AUTOCOURSE 1985-86. Hazleton Publishing. p. 242. ISBN 0-905138-38-4. 
  2. Anthony, Pritchard (March 2006). Lotus: The Competition Cars. Haynes Publishing. p. 245. ISBN 1-84425-006-7. 

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2014. Consultado o 2007-06-17. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar