Gran Premio do Canadá de 1990
O Gran Premio do Canadá de 1990 (oficialmente o 1989 Formula 1 Grand Prix du Canada) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 10 de xuño de 1990 no Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal, Canadá. A carreira foi a quinta rolda da tempada 1990. Foi o 28º Gran Premio Canadense e o 12º no Circuíto Gilles Villeneuve. A carreira disputouse sobre máis de 70 voltas do circuíto de 4.390 km para unha distancia de carreira de 307 quilómetros.
Tipo | Gran Premio do Canadá |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1990 |
Distancia do evento | 70 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Gilles Villeneuve (Montreal) 45°30′02″N 73°31′21″O / 45.5006, -73.5225 |
Lonxitude | 4,361 km |
País | Canadá |
Data | 10 de xuño de 1990 |
Competición | |
Primeiro posto | Ayrton Senna |
Pole position | Ayrton Senna |
Volta máis rápida | Gerhard Berger |
A carreira foi gañada por segunda vez polo piloto brasileiro Ayrton Senna pilotando un McLaren MP4/5B. foi a terceira vitoria de Senna na tempada logo de gañar a primeira carreira da tempada en Estados Unidos e o Gran Premio de Mónaco só dúas semanas antes. Senna gañou por dez segundos sobre o seu compatriota Nelson Piquet, quen pilotaba un Benetton B190. Tres segundos máis atrás no terceiro posto quedou o piloto británico Nigel Mansell pilotando un Ferrari 641.
O triunfo permitiulle a Senna lograr unha vantaxe de doce puntos no campionato de pilotos sobre o seu compañeiro de equipo de McLaren, Gerhard Berger. O seu rival competitivo máis próximo, o piloto de Ferrari Alain Prost, tiña menos da metade dos puntos de Senna.
Informe da carreira
editarNunha carreira cunha fila dianteira de McLaren, o equipo parecía forte. Senna mantivo a vantaxe na primeira curva con Berger en segundo lugar, pero considerouse que o austríaco saíra antes de tempo. Logo dunhas poucas voltas de carreira anunciouse que Berger tería unha penalización dun minuto engadido ao seu tempo de carreira. Como consecuencia, logo dunha rolda de pitstops para poñer pneumáticos novos, Senna permitiu ao seu compañeiro de equipo pasalo na forquita para que o austríaco puidese poñerse a gañar tempo en relación cos seus outros competidores.
As condicións meteorolóxicas eran de mollado, o que facía a pista lixeiramente esvaradiza. Isto causou moitos trompos. Thierry Boutsen, gañador do Gran Premio de 1989, trompeou a mediados de carreira ao intentar pasar a Prost mentres se achegaba a unha curva, e levouse por diante o Ligier de Nicola Larini.
Nannini trompeou e bateu contra unha parede de pneumáticos fóra da pista. Pouco despois na volta 26, Jean Alesi perdeu o control cando trataba de adiantar a outro coche, trompeou e bateu contra a mesma barreira de pneumáticos, terminando encima do abandonado Benetton B190 de Nannini. O Benetton quedou esnaquizado cando o golpeou o Tyrrell, deixando aos mecánicos do equipo cun gran traballo de reconstrución antes da seguinte carreira en México.
Ao final, Berger cruzou a liña en primeiro lugar, pero tiña unha penalización dun minuto por saltarse a saída, que se engadiu ao seu tempo de carreira, deixándoo en cuarto lugar na clasificación final. Logo da penalización de Berger, Senna levouse a vitoria, mentres que Piquet terminou segundo logo dunha gran batalla cos dous Ferraris. Foi o primeiro podio do piloto de Benetton desde o Gran Premio de Australia de 1988. Prost foi pasado polo seu compañeiro Mansell que terminou terceiro.
Clasificación
editarPre-cualificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1 | 33 | Roberto Moreno | EuroBrun-Judd | 1:28.268 | — |
2 | 14 | Olivier Grouillard | Osella-Ford | 1:28.589 | +0.321 |
3 | 30 | Aguri Suzuki | Lola-Lamborghini | 1:29.372 | +1.104 |
4 | 29 | Éric Bernard | Lola-Lamborghini | 1:29.844 | +1.576 |
5 | 17 | Gabriele Tarquini | AGS-Ford | 1:29.855 | +1.587 |
6 | 18 | Yannick Dalmas | AGS-Ford | 1:30.460 | +2.192 |
7 | 31 | Bertrand Gachot | Coloni-Subaru | 1:44.185 | +15.917 |
8 | 34 | Claudio Langes | EuroBrun-Judd | 1:47.118 | +18.850 |
9 | 39 | Bruno Giacomelli | Life | 1:50.253 | +21.985 |
Cualificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 27 | Ayrton Senna | McLaren-Honda | 1:20.399 | 1:30.514 | — |
2 | 28 | Gerhard Berger | McLaren-Honda | 1:20.465 | 1:33.240 | +0.066 |
3 | 1 | Alain Prost | Ferrari | 1:20.826 | 1:31.514 | +0.427 |
4 | 19 | Alessandro Nannini | Benetton-Ford | 1:21.302 | 1:30.575 | +0.903 |
5 | 20 | Nelson Piquet | Benetton-Ford | 1:21.568 | 1:27.124 | +1.169 |
6 | 5 | Thierry Boutsen | Williams-Renault | 1:21.599 | — | +1.200 |
7 | 2 | Nigel Mansell | Ferrari | 1:21.641 | 1:27.647 | +1.242 |
8 | 4 | Jean Alesi | Tyrrell-Ford | 1:21.748 | — | +1.349 |
9 | 6 | Riccardo Patrese | Williams-Renault | 1:22.018 | 44:52.525 | +1.619 |
10 | 8 | Stefano Modena | Brabham-Judd | 1:22.660 | 1:29.062 | +2.261 |
11 | 11 | Derek Warwick | Lotus-Lamborghini | 1:22.673 | — | +2.274 |
12 | 12 | Martin Donnelly | Lotus-Lamborghini | 1:22.703 | 1:35.198 | +2.304 |
13 | 3 | Satoru Nakajima | Tyrrell-Ford | 1:23.605 | — | +3.205 |
14 | 9 | Michele Alboreto | Arrows-Ford | 1:23.744 | — | +3.345 |
15 | 14 | Olivier Grouillard | Osella-Ford | 1:23.779 | 1:30.872 | +3.380 |
16 | 23 | Pierluigi Martini | Minardi-Ford | 1:23.795 | 1:40.047 | +3.396 |
17 | 26 | Philippe Alliot | Ligier-Ford | 1:23.899 | 1:31.797 | +3.500 |
18 | 30 | Aguri Suzuki | Lola-Lamborghini | 1:23.915 | 1:32.777 | +3.516 |
19 | 21 | Emanuele Pirro | Dallara-Ford | 1:24.269 | 1:38.775 | +3.870 |
20 | 25 | Nicola Larini | Ligier-Ford | 1:24.285 | 1:30.091 | +3.886 |
21 | 35 | Gregor Foitek | Onyx-Ford | 1:24.397 | 1:42.487 | +3.998 |
22 | 36 | JJ Lehto | Onyx-Ford | 1:24.425 | 1:40.607 | +4.026 |
23 | 29 | Éric Bernard | Lola-Lamborghini | 1:24.451 | 1:32.750 | +4.052 |
24 | 16 | Ivan Capelli | Leyton House-Judd | 1:24.554 | 7:00.728 | +4.155 |
25 | 22 | Andrea de Cesaris | Dallara-Ford | 1:24.621 | 1:36.629 | +4.222 |
26 | 10 | Alex Caffi | Arrows-Ford | 1:25.113 | 1:39.209 | +4.714 |
27 | 33 | Roberto Moreno | EuroBrun-Judd | 1:25.172 | 1:31.097 | +4.773 |
28 | 15 | Maurício Gugelmin | Leyton House-Judd | 1:25.712 | 1:45.435 | +5.313 |
29 | 24 | Paolo Barilla | Minardi-Ford | 1:25.951 | 1:51.583 | +5.552 |
30 | 7 | David Brabham | Brabham-Judd | 1:26.771 | 1:36.453 | +6.372 |
Carreira
editarLíderes por volta
editar- Líderes por volta: Ayrton Senna 67 voltas (1–11, 15–70); Alessandro Nannini 3 voltas (12–14)
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
editar- ↑ "1990 Canadian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Canadá de 1990 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1990 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1990 |
Carreira seguinte: Gran Premio de México de 1990 |
Carreira anterior: Gran Premio do Canadá de 1989 |
Gran Premio do Canadá | Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 1991 |