EuroBrun
Nome completo | EuroBrun Racing |
---|---|
Bandeira | , |
Baseada en | Senago, Milán, Italia |
Tempadas en activo | 3 (1988-1990) |
Número de pilotos | Stefano Modena Oscar Larrauri Roberto Moreno |
Debut | Gran Premio do Brasil de 1988 |
Carreiras | 46 (21 saídas) |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 (mellor posición: 11, Gran Premio de Hungría de 1988) |
Pole positions | 0 (mellor posición: 15º, Gran Premio do Canadá de 1988) |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | |
Derradeiro GP | Gran Premio de España de 1990 |
EuroBrun Racing foi un construtor de Fórmula 1 con base en Senago, Milán, Italia, cunha participación italo-suíza. Participaron en 46 grandes premios.
O equipo era unha combinación de dous equipos, a man de obra mecánica e habilidade do enxeñeiro Giampaolo Pavanello do equipo Euroracing, que tamén traballara no equipo Alfa Romeo de Fórmula 1 de 1982-85, e o músculo financeiro e a habilidade organizativa do magnate suízo Walter Brun, que dirixía o equipo de automóbiles deportivos Motorsport Brun.
No ano 1988, Mario Tolentino deseñou o chasis ER188, cun motor Cosworth DFZ de 3´5 L e aspiración atmosférica. O campión de Fórmula 3000 Stefano Modena e o piloto de Brun Oscar Larrauri asinaron para pilotar. Malia un sólido aínda que non espectacular inicio de tempada, EuroBrun loitaba coa falta de finanzación. Houbo problemas internos cando Brun tratou sen éxito de substituír a Larrauri por Christian Danner, e Euroracing estaba mostrando desinterese pola Fórmula Un. Ambos pilotos non poderían cualificar en moitas carreiras (Modena quedou fora catro veces, e foi excluídos doutras dúas carreiras por infraccións técnicas e Larrauri quedou fora sete veces), o 11º lugar de Modena no Gran Premio de Hungría de 1988 sería o seu mellor resultado.
Antes da tempada de 1989, Euroracing adelgazou ata un nivel nominal de participación, en forma dun puñado de enxeñeiros e mecánicos. EuroBrun participou cun só coche, pilotado por Gregor Foitek, mentres que o ER188 modificouse lixeiramente para montar un motor Judd V8 e pneumáticos Pirelli. O equipo sería só sería capaz de pre-cualificar unha vez, e logo Foitek non se clasificou. Incluso a presentación do novo ER189, deseñado por George Ryton, no Gran Premio de Alemaña non axudou. Foitek retirouse logo do Gran Premio de Bélxica, e regresou Larrauri. O arxentino tampouco tivo éxito.
Malia non iniciar unha soa carreira en 1989, o equipo regresou en 1990 con dous coches, unha vez máis. Pavanello saíra do equipo por completo, e o equipo comezara a tempada co ER189. Roberto Moreno pilotaría para o equipo, con Claudio Langes no segundo coche. Langes non pre-cualificaría unha soa vez. Unha anormal sesión de cualificación no Gran Premio dos Estados Unidos viu a Moreno saír na posición número 16, e finalmente terminou 13º. O capaz brasileiro cualificaría de novo no Gran Premio de San Marino, e achegouse en varias ocasións, pero como Brun perdera o entusiasmo, EuroBruns perdeuse máis e máis da grella. Logo de 14 roldas, o equipo retirouse do Campionato de Fórmula Un, logo de facer só 21 saídas de 76 participacións.
Resultados Completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Chasis | Motor | Pneu. | Piloto(s) | Nº | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | Puntos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1988 | EuroBrun ER188 | Ford DFZ V8 | G | BRA | SMR | MON | MEX | CAN | DET | FRA | GBR | ALE | HUN | BEL | ITA | POR | ESP | XPN | AUS | 0 | NC | ||
Oscar Larrauri | 32 | Ret | NSC | Ret | 13 | Ret | Ret | Ret | NSC | 16 | NSC | NSCP | NSCP | NSCP | NSC | NSC | Ret | ||||||
Stefano Modena | 33 | Ret | NC | DSC | DSC | 12 | Ret | 14 | 12 | Ret | 11 | NSC | NSC | NSC | 13 | NSC | Ret | ||||||
1989 | EuroBrun ER188B EuroBrun ER189 |
Judd CV V8 | P | BRA | SMR | MON | MEX | USA | CAN | FRA | GBR | ALE | HUN | BEL | ITA | POR | ESP | XPN | AUS | 0 | NC | ||
Gregor Foitek | 33 | NSC | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | |||||||||||
Oscar Larrauri | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | ||||||||||||||||||
1990 | EuroBrun ER189B | Judd CV V8 | P | USA | BRA | SMR | MON | CAN | MEX | FRA | GBR | ALE | HUN | BEL | ITA | POR | ESP | XPN | AUS | 0 | NC | ||
Roberto Moreno | 33 | 13 | NSCP | Ret | NSC | NSC | DSC | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | ||||||||
Claudio Langes | 34 | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP |
Notas
editarVéxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: EuroBrun |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Team Profile at Grand Prix Encyclopedia
- Team profile at F1 rejects Arquivado 02 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.
- Results from Formula1.com Arquivado 09 de marzo de 2015 en Wayback Machine.