Goodyear

compañía de pneumáticos de USA

Goodyear Tire and Rubber Company foi fundada o 29 de agosto de 1898 por Frank Seiberling. É unha das compañías máis grandes do mercado dos pneumáticos. A súa sede principal atópase en Akron, Ohio. O nome da compañía foi posto polo fundador como homenaxe ao inventor do proceso de vulcanizado do caucho, Charles Goodyear (1800/1860).

Goodyear
O tradicional dirixible co logo de Goodyear.

Sede principal
TipoMatriz, Distribuidora.
Fundación1898
LocalizaciónAkron, Ohio, U.S.A.
FundadorFrank Seiberling
IndustriaManufacturacion
ProdutosPneumáticos
Número de empregados72.000 (2010)
Notas
Lema:
"Made to feel good",("Feito para sentirse ben").
Na rede
http://www.goodyear.eu/, https://www.goodyear.eu/tr_tr e https://www.goodyear.com/
Facebook: GoodyearNorthAmerica Twitter: goodyear Instagram: goodyear Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Dirixible de Goodyear.

Historia editar

Frank Seiberling, por aquel entón con 38 anos de idade, adquiriu a primeira fábrica da compañía cun desembolso inicial de 3.500 dólares estadounidenses utilizando diñeiro prestado por un cuñado. O caucho e o algodón que foron o corazón da súa industria debían ser transportados desde o outro lado do mundo, cara a un pobo sen saída ao mar e limitada por ter unicamente transporte férreo. Ata o home polo que a empresa leva este nome, Charles Goodyear, había morto pobre 38 anos antes a pesar de descubrir a vulcanización logo dunha longa e audaz procura.

Pero o momento non podería ser mellor. O furor polas bicicletas na década de 1890 estivo en pleno auxe. As carruaxes sen cabalos, ás que algúns se arriscaban a chamar automóbiles, foron un gran reto. Ata a depresión de 1893 comezara a desvanecerse. Entón, ese 29 de agosto de 1898, foi creada Goodyear cun capital accionario de U$S 100.000.

Na Arxentina, a compañía Goodyear iniciou as súas actividades en 1915 cunha sucursal de vendas que atendía desde alí a toda América Latina (The Goodyear Tire & Rubber Co. for South-America). Pero o paso definitivo deuno o 24 de xaneiro de 1931, cando inaugurou a planta de Hurlingham, nos arredores de Bos Aires, consolidándose así a compañía Goodyear Arxentina. Foi a primeira fábrica de pneumáticos no país, e a primeira de Goodyear en toda América Latina.

Actualmente, Goodyear iniciou a apertura de plantas renovadoras en México. A primeira, a nivel nacional, foi establecida na cidade de Celaya; proximamente inaugurarase unha renovadora máis na cidade de Veracruz.

Na Fórmula 1 foi onde obtivo os seus maiores éxitos, con 368 vitorias, fornecendo pneumáticos durante moitos anos a equipos como Ferrari ou McLaren

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar