Gran Premio de España de 1988

O Gran Premio de España de 1988 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Circuíto Permanente de Xerez en Xerez da Fronteira, España o 2 de outubro de 1988. A carreira foi a décimo cuarta rolda da tempada 1988 de Fórmula Un. Foi o 30º Gran Premio de España e a terceiraa que se celebrou en Xerez. A carreira disputouse sobre 72 voltas no circuíto de catro quilómetros para un distancia da carreira de 304 quilómetros.

Modelo:Competición deportivaGran Premio de España de 1988
Nome oficialXXX Gran Premio Tio Pepe de España Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de España Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1988 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento72 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto Permanente de Jerez (Xerez da Fronteira) 36°42′30″N 6°02′03″O / 36.708333333333, -6.0341666666667 Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Data2 de outubro de 1988 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoAlain Prost Editar o valor en Wikidata
Pole positionAyrton Senna Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaAlain Prost Editar o valor en Wikidata

Antes da carreira

editar

Benetton anunciou que o piloto británico de Fórmula 3000 Johnny Herbert uniríase ao equipo en 1989 para substituír a Thierry Boutsen que se uniría Williams. No momento do anuncio Herbert aínda estaba no hospital recuperándose do seu accidente na F3000 no circuíto de Brands Hatch tan só unhas semanas antes.

Cualificación

editar

Durante a cualificación, o piloto máis experimentado de F1 nesemomento Riccardo Patrese (que só estaba a 3 carreiras de igualar a marca de Graham Hill no número participacións na F1), estaba na súa volta rápida cando o lento Julian Bailey (que se dirixía aos boxes) trazou polo lado equivocado da pista e Patrese tivo que reducir a velocidade considerablemente para evitar golpear Bailey, arruinando a súa volta rápida. Un furioso Patrese vingouse e cando marchaba diante de Bailey puxo a proba os freos do Tyrrell, provocando unha colisión que enviou o coche de Bailey polo aire e deixouno fóra da pista na trampa de grava. Os comisarios culparon en principio a Bailey e tamén chamaron ao seu compañeiro de equipo en Tyrrell Jonathan Palmer á audiencia pola premisa de que os Tyrrells eran máis lentos e unha ameaza polo que necesitaban a ambos pilotos para comprobalo. Logo dunha protesta de Ken Tyrrell, os funcionarios revisaron o incidente de novo e Patrese foi multado con 10 000 dólares polas súas accións, aínda que a maioría dos participantes na Fórmula Un pensaron que a multa de Patrese non era suficiente, e que tamén debía pagar ao equipo Tyrrell a reparación dos danos no Tyrrell 017 e a sensación xeral era que Patrese, o piloto máis experimentado dos Grandes Premios no momento, debería enfrontar unha pena máis severa. Un piloto non identificado, dixo , espero que o multen pola súa accción. Existen suficientes accidentes neste negocio sen necesidade de xente que trate de provocalos .....

McLaren acadou a primeira fila por 10ª vez en 14 carreiras en 1988 con Ayrton Senna na pole por 11ª vez. Neste estreito e revirado circuíto que era máis esvaradizo que nunca debido á súa contorna con moitísimo po e a falta de uso por outros coches e carreiras de moto, non foi unha sorpresa ver ao gañadorr no Gran Premio español de 1987 Nigel Mansell no terceiro lugar no seu Williams a só 2/10 da pole. De feito, a natureza do circuíto permitiu aos coches atmosféricos quedar de 3º a 7º na grella. O seguinte mellor turbo detrás dos McLaren foi o Ferrari de Gerhard Berger no 8º lugar, aínda que o austríaco foi só 1.399 máis lento que Senna.

Os dous Zakspeed turbos de Piercarlo Ghinzani e Bernd Schneider non se clasificaron, do mesmo xeito que Julian Bailey, mentres que houbo un suspiro xeral de alivio neste circuíto cando o EuroBrun de Oscar Larrauri que demostrara ser algo así como unha chicana móbil no seu ano de novato e tiña a reputación de ignorar as bandeiras azuis e os seus espellos, cando fallou no corte. Gabriele Tarquini non precualificou o seu Coloni.

Resumo da carreira

editar

Desde a súa 10ª primeira fila do ano de McLaren, Alain Prost fixo un bo comezo, co Williams de Nigel Mansell pasando a Ayrton Senna. Ivan Capelli e Thierry Boutsen tocáronse, danando o morro do Benetton.. Na volta 2, Senna pasou Mansell, pero saíuse, o que permitiu que o inglés volvera a tomar a dianteira. Na volta 16, Michele Alboreto retirouse con problemas de motor no seu Ferrari. Durante as primeiras 28 voltas non houbo cambios entre os 7 primeiros: Prost (con cautela para conservar os pneumáticos e combustible, logo dos problemas experimentados en Portugal) lideraba sobre Mansell por só medio segundo. Senna tivo que defender o seu 3º lugar con Riccardo Patrese e Capelli, quen á súa vez eran desafiados por Alessandro Nannini e Gerhard Berger.

Ao redor da volta 30, Nannini, Berger e Piquet entraron todos aos boxes para poñer pneumáticos novos. Logo de ir perdendo o Williams durante a primeira hora da carreira, e facelo sen embrague desde as primeiras voltas, Capelli logrou pasar a Patrese para gañar o 4º lugar na volta 36 e logo tres voltas máis tarde exactamente na mesma curva pasou ao McLaren de Senna. Lamentablemente na volta 46 o seu motor comezou a fumear e o piloto de March retirouse logo dunha pilotaxe excepcional.

Mansell logrou manterse a pouca distancia de Prost, pero cun motor menos potente no estreito circuíto de Xerez, non conseguiu pasalo, ou estar o suficientemente preto, o francés pilotaba unha carreira perfecta (Mansell describiuno como "seguir ao mestre"). Na volta 47 Mansell entrou en boxes e unha porca da roda atrasouno. Mentres tanto, Nannini ía rápido cos seus novos pneumáticos, pasando tanto a Patrese e Senna nunha volta. A parada lenta de Mansell permitiu a Prost entrar a boxes na volta 50 sen perder a súa vantaxe (malia que accidentalmente seleccionou a segunda marcha e saíu lento do seu pit), e unha volta máis tarde Senna tamén entrou a poñer pneumáticos novos e deixouse caer fóra dos puntos. Pasou a Gugelmin e Berger antes de que finalmente superara a Patrese na volta 65, que fixera toda a carreira cun xogo de pneumáticos.

Prost selou a súa vitoria número 34 cun récord de volta rápida e Mansell logrou o segundo posto do ano con tan só dous acabados. Nannini logrou un novo podio por diante de Senna (preocupado con problemas de lectura de combustible novo, cruzando a liña coa súa lectura dicíndolle que non tiña practicamente ningún combustible), 5º Patrese e Berger (case sen combustible) en 6ª posición.[Cómpre referencia]

Clasificación

editar

Cualificación

editar
Pos. Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza
1 12   Ayrton Senna McLaren-Honda 1:24.775 1:24.067
2 11   Alain Prost McLaren-Honda 1:26.735 1:24.134 +0.067
3 5   Nigel Mansell Williams-Judd 1:25.898 1:24.269 +0.202
4 20   Thierry Boutsen Benetton-Ford EX 1:24.904 +0.837
5 19   Alessandro Nannini Benetton-Ford 1:26.673 1:25.032 +0.965
6 16   Ivan Capelli March-Judd 1:26.221 1:25.115 +1.048
7 6   Riccardo Patrese Williams-Judd 1:27.504 1:25.217 +1.150
8 28   Gerhard Berger Ferrari 1:27.796 1:25.466 +1.399
9 1   Nelson Piquet Lotus-Honda 1:28.015 1:25.648 +1.581
10 27   Michele Alboreto Ferrari 1:29.034 1:26.447 +2.380
11 15   Maurício Gugelmin March-Judd 1:27.414 1:26.578 +2.511
12 30   Philippe Alliot Lola-Ford 1:27.927 1:26.832 +2.765
13 14   Philippe Streiff AGS-Ford 1:28.099 1:26.971 +2.904
14 21   Nicola Larini Osella 1:28.417 1:27.012 +2.945
15 2   Satoru Nakajima Lotus-Honda 1:28.840 1:27.171 +3.104
16 29   Yannick Dalmas Lola-Ford 1:29.688 1:27.187 +3.120
17 17   Derek Warwick Arrows-Megatron 1:28.473 1:27.240 +3.173
18 36   Alex Caffi Dallara-Ford 1:27.907 1:27.350 +3.283
19 25   René Arnoux Ligier-Judd 1:29.157 1:27.351 +3.284
20 23   Pierluigi Martini Minardi-Ford 1:27.826 1:27.407 +3.340
21 26   Stefan Johansson Ligier-Judd 1:28.009 1:27.474 +3.407
22 3   Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 1:27.582 1:27.548 +3.481
23 22   Andrea de Cesaris Rial-Ford 1:28.315 1:27.798 +3.731
24 24   Luis Pérez-Sala Minardi-Ford 1:28.694 1:27.833 +3.816
25 18   Eddie Cheever Arrows-Megatron 1:29.305 1:27.859 +3.792
26 33   Stefano Modena EuroBrun-Ford 1:30.759 1:27.977 +3.910
DNQ 10   Bernd Schneider Zakspeed 1:31.144 1:28.194 +4.127
NSC 32   Oscar Larrauri EuroBrun-Ford 1:31.366 1:28.664 +4.597
NSC 4   Julian Bailey Tyrrell-Ford 1:30.125 1:29.066 +4.999
NSC 9   Piercarlo Ghinzani Zakspeed 1:29.824 1:29.503 +5.436
NSCP 31   Gabriele Tarquini Coloni-Ford 1:30.459
  • Nota: O tempo de Boutsen na Q1 eliminouse porque as placas dos extremos das ás dianteiras eran 5 mm máis longas do permitido.

Carreira

editar
Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 11   Alain Prost McLaren-Honda 72 1:48:43.851 2 9
2 5   Nigel Mansell Williams-Judd 72 + 26.232 3 6
3 19   Alessandro Nannini Benetton-Ford 72 + 35.446 5 4
4 12   Ayrton Senna McLaren-Honda 72 + 46.710 1 3
5 6   Riccardo Patrese Williams-Judd 72 + 47.430 7 2
6 28   Gerhard Berger Ferrari 72 + 51.813 8 1
7 15   Maurício Gugelmin March-Judd 72 + 1:15.964 11
8 1   Nelson Piquet Lotus-Honda 72 + 1:17.309 9
9 20   Thierry Boutsen Benetton-Ford 72 + 1:17.655 4
10 36   Alex Caffi Dallara-Ford 71 + 1 volta 18
11 29   Yannick Dalmas Lola-Ford 71 + 1 volta 16
12 24   Luis Pérez-Sala Minardi-Ford 70 + 2 voltas 24
13 33   Stefano Modena EuroBrun-Ford 70 + 2 voltas 26
14 30   Philippe Alliot Lola-Ford 69 + 3 voltas 12
Ret 26   Stefan Johansson Ligier-Judd 62 Roda 21
Ret 18   Eddie Cheever Arrows-Megatron 60 Chasis 25
Ret 16   Ivan Capelli March-Judd 45 Motor 6
Ret 17   Derek Warwick Arrows-Megatron 41 Chasis 17
Ret 22   Andrea de Cesaris Rial-Ford 37 Motor 23
Ret 14   Philippe Streiff AGS-Ford 16 Motor 13
Ret 27   Michele Alboreto Ferrari 15 Motor 10
Ret 23   Pierluigi Martini Minardi-Ford 15 Caixa de cambios 20
Ret 2   Satoru Nakajima Lotus-Honda 14 Trompo 15
Ret 21   Nicola Larini Osella 9 Suspensión 14
Ret 3   Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 4 Chasis 22
Ret 25   René Arnoux Ligier-Judd 0 Acelerador 19
NSC 10   Bernd Schneider Zakspeed
NSC 32   Oscar Larrauri EuroBrun-Ford
NSC 4   Julian Bailey Tyrrell-Ford
NSC 9   Piercarlo Ghinzani Zakspeed
NSCP 31   Gabriele Tarquini Coloni-Ford
Fonte:[1]

Posicións logo da carreira

editar
  • Texto en negra indica Campión mundial.
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Os puntos son os exactos ao final da carreira. Benetton foi descualificado oficialmente posteriormente polo Gran Premio de Bélxica e os seus puntos restados.


Carreira anterior:
Gran Premio de Portugal de 1988
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1988
Carreira seguinte:
Gran Premio do Xapón de 1988
Carreira anterior:
Gran Premio de España de 1987
Gran Premio de España Carreira seguinte:
Gran Premio de España de 1989
  1. "1988 Spanish Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2015. Consultado o 23 de decembro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar