Gran Premio de Detroit de 1988
O Gran Premio de Detroit de 1988 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 19 de xuño de 1988 en Detroit, Míchigan. Foi a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de 1988 e o sétimo Gran Premio de Detroit. A carreira disputouse sobre 63 voltas ao circuíto de catro quilómetros para unha distancia total da carreira de 253 quilómetros.
Nome oficial | 7th Enichem Detroit Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Detroit |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1988 |
Distancia do evento | 63 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto urbano de Detroit (Detroit) 42°19′47″N 83°02′24″O / 42.32975, -83.04011 |
País | Estados Unidos de América |
Data | 19 de xuño de 1988 |
Competición | |
Primeiro posto | Ayrton Senna |
Pole position | Ayrton Senna |
Volta máis rápida | Alain Prost |
Resumo
editarA terceira vitoria da tempada de Ayrton Senna fixo que foran seis de seis para McLaren en 1988, no camiño dunha marca de 15 vitorias e dez dobretes en 16 carreiras. A vitoria de Senna correspondíase co total da tempada do seu compañeiro Alain Prost, que terminou 38 segundos por detrás do brasileiro no segundo lugar. Thierry Boutsen chegou terceiro co Benetton, como o fixera unha semana antes en Canadá e Andrea de Cesaris anotou os primeiros puntos para o equipo Rial ao terminar en cuarto lugar. Minardi tamén anotou o seu primeiro punto co sexto lugar de Pierluigi Martini.
Coa intención de eliminar os motores turboalimentados antes de 1989, e a súa eficacia limitada polos cambios nas regras para o ano 1988, poucos equipos optaron por desenvolver totalmente novos equipamentos que só usarían unha tempada. Só Honda, que pasouse a McLaren despois de lograr o título de Construtor con Williams e Ferrari desenvolveron novos motores para satisfacer as regras revisadas para o turbo reducindoo de 4 bares a 2,5, e a capacidade de combustible reducida de 195 a 150 litros (a repostaxe prohibiuse desde 1984 ata 1993), e só McLaren desenvolveu un chasis completamente novo. Aínda que as novas normas estaban destinadas a reducir ou eliminar a brecha de rendemento entre os turbos e os motores normalmente aspirados, Honda e Ferrari foron capaces de lograr unha vantaxe de 50 horsepower (37 kW) sobre o mellor equipo de 3.5 litros dos rivais. Con ese tipo de diferenza de potencia, o único chasis novo da pista, con Senna e Prost ao volante, McLaren converteu rapidamente a tempada nun espectáculo de dous homes.
as axustadas curvas de 90 grados de Detroit e as seccións de rectas curtas deron en varias ocasións unha oportunidade aos coches "atmo" de pouca potencia durante a éra do turbo, algúns equipos esperaban que este peculiar circuíto daríalles algunha oportunidade. Senna logrou a vixésimo segunda pole da súa carreira por máis de oito décimas, pero os Ferrari de Gerhard Berger e Michele Alboreto, lograron situarse diante de Prost, que foi cuarto. Todos os equipos tiñan a esperanza de temperaturas máis frías para a carreira do domingo, despois de que a pista comezara a romper durante a cualificación (acelerada por unha carreira Trans-Am o sábado). Como era de esperar houbo presións dos equipos de F1 para que se cancelara a Trans-Am, pero con esa serie tiñan a cobertura televisiva garantida de cada rolda (dos que Detroit era unha parte), polo que a carreira seguiu adiante e como se temía, os potentes e pesados coches rasgaron a superficie da pista aínda máis. As precipitadas reparacións de formigon fixeron a superficie extremadamente abrasiva para os pneumáticos de composto brando que trouxeran a maioría dos equipos, polo que víronse obrigados a reconsiderar os seus plans dunha carreira sen parar. O domingo pola mañá, Berger dixo, "Realmente, creo que o día de hoxe é unha lotería ...." Entón, recordando que perderan as cinco primeiras carreiras, agregou, "... o que probablemente dános a mellor oportunidade da tempada."
Diante de 61.000 fans o día da carreira, Senna tomou o liderado indiscutible na primeira curva. Os Ferrari seguirono, con Prost detrás. Nas tres primeiras voltas, os catro líderes marcharon xuntos bastante preto, pero cara ao final da cuarta volta, a vantaxe de Senna foise a máis de dous segundos. Prost conseguiu pasar a Alboreto na volta cinco, e a Berger na sexta volta, pero nese momento, Senna estaba máis de seis segundos por diante.
Non pasou moito tempo para que o desafío de Ferrari esfumárase. Na sétima volta, xa pasado Alboreto, Boutsen tamén intentou pasar a Berger, o seu Benetton golpeou a roda traseira esquerda do Ferrari, picandolle o pneumático, Berger tivo que abandonar. Dúas voltas máis tarde, Alessandro Nannini intentou pasar a Alboreto. Nannini meteuse polo interior, pero cando Alboreto tratou de pechar a porta, os coches tocáronse e o Ferrari saltou no aire e logo trompeou. Alboreto netrou nos pits para cambiar pneumáticos e comprobar as cousas, a continuación, fixo algunhas voltas incribles e escalou ata a sétima posición antes de trompear de novo na volta 46 e abandonar.
Ao parecer, nun primeiro momento, Nannini escapara ileso do contacto, pero na volta 15, enfrontouse coa suspensión dianteira dereita danada e os freos fallando. O problema cos freos "era realmente a causa do problema con Michele," explicou. "Case desde o principio, eu tiña que bombear o pedal. Se os freos estiveran ben, creo que o podería evitalo."
Calquera esperanza dunha ameaza para os McLaren esfumárase no primeiro cuarto da carreira. Os coches vermellos e brancos, con Senna oito segundos por diante, parecían estar libres de preocupacións. De feito, Prost estivera loitando toda a carreira co seu cambio de marchas. "Foi estraño- a caixa de cambios sentíase coma se se gripara O peor era cambiar de cuarta a quinta, creo que perdín a marcha correcta polo menos unha vez por volta ata o final."
Cos Ferrari e Nannini fora, Nigel Mansell tomou a cuarta posición para Williams. O motor Judd sufrira durante toda a tempada problemas de sobre quecemento, e cunha temperatura media de 90º, non tiña moitas posibilidades de terminar a carreira. Efectivamente, na volta 19, "a luz vermella acendeuse, é o final, o motor acaba de cortar." O seu compañeiro de equipo Riccardo Patrese asumiu cuarta posición ata a volta 27, cando pasoulle o mesmo. Quitouse e aparcou á beira da barreira, xusto detrás de Mansell.
Pierluigi Martini, pilotando o seu primeiro Gran Premio en case tres anos, correu moi ben co Minardi e logrou á quinta posición na volta 35 cando Maurício Gugelmin de March retirouse. Probablemente terminaría alí, se non fóra pola actuación implacable e a resilencia de Jonathan Palmer no Tyrrell. Palmer tocárase con Stefano Modena no EuroBrun na primeira volta, o que resultou nunha parada para substituír o morro do coche, e quedando en último lugar por unha marxe considerable. Na volta 47, traballara o seu camiño nos puntos, e nas últimas voltas, era o coche máis rápido no circuíto. Palmer logrou os dous puntos do quinto posto foron a súa recompensa polo que probablemente foi a actuación máis impresionante da carreira.
Senna e Prost ambos tiñan tempo para facer paradas para poñer pneumáticos novos, e Senna liderou as 63 voltas. Prost fixara a volta rápida da carreira na volta catro, pero nunca puido realmente desafiar ao brasileiro para o liderado, e sabía que tería que conformarse co segundo lugar, terminou 38,7 segundos por detrás. Prost dixo: "A través dos anos desenvolvín un estilo de condución que implica o freado no vértice da curva. Non creo que a maioría dos pilotos o fagan, pero a min me funciona. Pero hoxe sobre esta superficie era imposible facelo sen sairse recto. Así que tiven que cambiar toda a miña forma de pilotar, frear cuidadosamente en liña recta, para a continuación, virar. Sen escusa, entendes, isto significa adaptarse, facendo algo, que non é o meu estilo natural". Ningún dos outros sete finalistas estivo na volta do líder ao final.
Os pilotos declaráronse abertamente sobre a súa aversión á carreira, e despois o gañador Senna dixo que pilotara tan lentamente nas últimas voltas, porque a pista estaba rompendo e era tan difícil como conducir con choiva forte. Senna, Prost e Boutsen dixeron en entrevistas posteriores á carreira que a carreira fora desagradable e a Fórmula Un necesitaba competir noutro lugar da cidade se realmente quería quedar en Detroit. Malia que houbo algunhas negociacións para trasladar a carreira só unhas poucas millas máis a outro circuíto urbano en Belle Isle, estes plans en última instancia, non se concretaron,[1] e, efectivamente, esta foi o último Gran premio de Fórmula Un de Detroit, despois de que a FIA declarara que os boxes temporais non eran aptos para os estándares establecidos. A F1 trasladouse a 3.200 km de distancia alén do país a un circuíto urbano en Phoenix (Arizona) para os seguintes 3 anos, ese evento coñeceuse oficialmente como o Gran Premio dos Estados Unidos.
Clasificación
editarCualificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 12 | Ayrton Senna | McLaren-Honda | 1:40.606 | 1:41.719 | — |
2 | 28 | Gerhard Berger | Ferrari | 1:42.283 | 1:41.464 | +0.858 |
3 | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 1:43.925 | 1:41.700 | +1.094 |
4 | 11 | Alain Prost | McLaren-Honda | 1:42.019 | 1:43.420 | +1.413 |
5 | 20 | Thierry Boutsen | Benetton-Ford | 1:45.718 | 1:42.690 | +2.084 |
6 | 5 | Nigel Mansell | Williams-Judd | 1:43.458 | 1:42.697 | +2.091 |
7 | 19 | Alessandro Nannini | Benetton-Ford | 1:43.117 | 1:45.345 | +2.511 |
8 | 1 | Nelson Piquet | Lotus-Honda | 1:44.352 | 1:43.314 | +2.708 |
9 | 17 | Derek Warwick | Arrows-Megatron | 1:44.614 | 1:43.799 | +3.193 |
10 | 6 | Riccardo Patrese | Williams-Judd | 1:43.810 | 1:45.016 | +3.204 |
11 | 14 | Philippe Streiff | AGS-Ford | 1:44.204 | 1:44.743 | +3.598 |
12 | 22 | Andrea de Cesaris | Rial-Ford | 1:45.866 | 1:44.216 | +3.610 |
13 | 15 | Maurício Gugelmin | March-Judd | 1:44.474 | 1:53.243 | +3.868 |
14 | 30 | Philippe Alliot | Lola-Ford | 1:44.590 | 3:40.532 | +3.984 |
15 | 18 | Eddie Cheever | Arrows-Megatron | 1:45.159 | 1:44.948 | +4.342 |
16 | 23 | Pierluigi Martini | Minardi-Ford | 1:47.094 | 1:45.049 | +4.443 |
17 | 3 | Jonathan Palmer | Tyrrell-Ford | 1:45.268 | 1:45.662 | +4.662 |
18 | 26 | Stefan Johansson | Ligier-Judd | 1:45.275 | 1:47.135 | +4.669 |
19 | 33 | Stefano Modena | EuroBrun-Ford | 1:45.304 | +4.698 | |
20 | 25 | René Arnoux | Ligier-Judd | 1:45.437 | 1:47.483 | +4.831 |
21 | 36 | Alex Caffi | Dallara-Ford | 1:47.493 | 1:45.750 | +5.144 |
22 | 4 | Julian Bailey | Tyrrell-Ford | 1:46.286 | 1:47.801 | +5.680 |
23 | 32 | Oscar Larrauri | EuroBrun-Ford | 1:46.390 | 1:48.116 | +5.784 |
24 | 29 | Yannick Dalmas | Lola-Ford | 1:46.422 | 1:46.447 | +5.816 |
25 | 24 | Luis Pérez-Sala | Minardi-Ford | 1:48.186 | 1:46.593 | +5.987 |
26 | 21 | Nicola Larini | Osella | 1:46.623 | 1:51.623 | +6.017 |
NSC | 2 | Satoru Nakajima | Lotus-Honda | 1:47.243 | 1:49.353 | +6.637 |
NSC | 10 | Bernd Schneider | Zakspeed | 1:48.423 | 1:48.249 | +7.643 |
DNQ | 9 | Piercarlo Ghinzani | Zakspeed | 1:48.925 | 1:48.990 | +8.319 |
NTS | 16 | Ivan Capelli | March-Judd | 1:45.546 | +4.940 | |
NSCP | 31 | Gabriele Tarquini | Coloni-Ford |
Carreira
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 12 | Ayrton Senna | McLaren-Honda | 63 | 1:54:56.035 | 1 | 9 |
2 | 11 | Alain Prost | McLaren-Honda | 63 | + 38.713 | 4 | 6 |
3 | 20 | Thierry Boutsen | Benetton-Ford | 62 | + 1 volta | 5 | 4 |
4 | 22 | Andrea de Cesaris | Rial-Ford | 62 | + 1 volta | 12 | 3 |
5 | 3 | Jonathan Palmer | Tyrrell-Ford | 62 | + 1 volta | 17 | 2 |
6 | 23 | Pierluigi Martini | Minardi-Ford | 62 | + 1 volta | 16 | 1 |
7 | 29 | Yannick Dalmas | Lola-Ford | 61 | + 2 voltas | 24 | |
8 | 36 | Alex Caffi | Dallara-Ford | 61 | + 2 voltas | 21 | |
9 | 4 | Julian Bailey | Tyrrell-Ford | 59 | Trompo | 22 | |
Ret | 24 | Luis Pérez-Sala | Minardi-Ford | 54 | Caixa de cambios | 25 | |
Ret | 30 | Philippe Alliot | Lola-Ford | 46 | Palier | 14 | |
Ret | 33 | Stefano Modena | EuroBrun-Ford | 46 | Trompo | 19 | |
Ret | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 45 | Colisión | 3 | |
Ret | 25 | René Arnoux | Ligier-Judd | 45 | Temperatura | 20 | |
Ret | 15 | Maurício Gugelmin | March-Judd | 34 | Motor | 13 | |
Ret | 6 | Riccardo Patrese | Williams-Judd | 26 | Eléctrico | 10 | |
Ret | 1 | Nelson Piquet | Lotus-Honda | 26 | Trompo | 8 | |
Ret | 32 | Oscar Larrauri | EuroBrun-Ford | 26 | Caixa de cambios | 23 | |
Ret | 17 | Derek Warwick | Arrows-Megatron | 24 | Trompo | 9 | |
Ret | 5 | Nigel Mansell | Williams-Judd | 18 | Motor | 6 | |
Ret | 14 | Philippe Streiff | AGS-Ford | 15 | Suspensión | 11 | |
Ret | 19 | Alessandro Nannini | Benetton-Ford | 14 | Suspensión | 7 | |
Ret | 18 | Eddie Cheever | Arrows-Megatron | 14 | Eléctrico | 15 | |
Ret | 21 | Nicola Larini | Osella | 7 | Motor | 26 | |
Ret | 28 | Gerhard Berger | Ferrari | 6 | Picada | 2 | |
Ret | 26 | Stefan Johansson | Ligier-Judd | 2 | Temperatura | 18 | |
NTS | 16 | Ivan Capelli | March-Judd | 0 | Lesionado | ; | |
NSC | 2 | Satoru Nakajima | Lotus-Honda | ||||
NSC | 10 | Bernd Schneider | Zakspeed | ||||
NSC | 9 | Piercarlo Ghinzani | Zakspeed | ||||
NSCP | 31 | Gabriele Tarquini | Coloni-Ford | ||||
Fonte:[2]
|
Posicións logo da carreira
editar
Clasificación do campionato de pilotos
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio do Canadá de 1988 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1988 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1988 |
Carreira anterior: Gran Premio de Detroit de 1987 |
Gran Premio de Detroit | Carreira seguinte: Non houbo |
Notas
editar- Ivan Capelli rompeuse un óso do seu pé esquerdo cando se estrelou contra o muro de boxes durante a práctica do sábado, logo de lograr na cualificación do venres o posto 21 na grella. Nicola Larini subiu así ata o último posto da grella.
- ↑ http://www.f1archives.com/blog/archives/detroit88
- ↑ "1988 United States Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 18 January 2015. Consultado o 23 December 2015.
Referencias
editar- Nigel Roebuck (23 de xuño de 1988). "Detroit GP: Makes You Six!". Autosport, 30-41.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Detroit de 1988 |