Gran Premio de México de 1989
O Gran Premio de México de 1989 de Fórmula 1 celebrouse na Cidade de México o 28 de maio de 1989. A carreira, que foi a cuarta da Fórmula Un de 1989. Foi o 12º Gran Premio de México e o terceiro desde o regreso ao calendario do Mundial do Autódromo Irmáns Rodríguez, logo da súa renovación.
Nome oficial | XIII Mexican Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de México |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1989 |
Distancia do evento | 69 |
Localización e Datas | |
Localización | Autódromo Hermanos Rodríguez (Iztacalco (pt) ) 19°24′15″N 99°05′19″O / 19.404197222222, -99.088747222222 |
Lonxitude | 4,304 km |
País | México |
Data | 28 de maio de 1989 |
Competición | |
Primeiro posto | Ayrton Senna |
Pole position | Ayrton Senna |
Volta máis rápida | Nigel Mansell |
Clasificación
editarA pre cualificación foi dominada de novo polos Brabhams calzados con Pirelli sendo Martin Brundle e Stefano Modena os máis rápidos. Alex Caffi foi terceiro no seu Dallara, mentres que Stefan Johansson, foi o derradeiro pre cualificado final no seu Onyx.
Na propia cualificación, o campión do mundo Ayrton Senna logrou a súa 33ª pole position, igualando a vella marca en poder de Jim Clark. O tempo da pole de Senna co seu McLaren - Honda V10 foi 0´408 máis lento que o seu tempo na pole en 1988 no McLaren MP4/4 turbo. O seu compañeiro de equipo en McLaren Alain Prost foi o segundo máis rápido e terceiro o Ferrari 640 V12 de Nigel Mansell. O compañeiro de equipo de Mansell Gerhard Berger, volvía á acción en México logo do seu accidente en San Marino, foi sexto, os Ferraris tiñan en medio ao March-Judd de Ivan Capelli e o Williams-Renault de Riccardo Patrese. Sorprendentemente, o compañeiro de equipo de Capelli Maurício Gugelmin non se cualificou. Berger, que aínda sufría os efectos do accidente de Imola, admitiu que si non fóra pola innovadora Transmisión semi-automática de Ferrari (o que significaba que non tiña que cambiar de marcha como cunha panca de cambios normal), non sería capaz de correr.
A última fila da grella foi sen dúbida a de mellor credenciais e a de máis experiencia na historia dos Grandes Premios. 25º foi o Ligier - Ford do gañador de 7 Grandes Premios René Arnoux, mentres que o 26º e último da grella foi o triplo campión do mundo Nelson Piquet no seu Lotus - Judd.
Carreira
editarSenna elixiu o composto medio dos pneumáticos Goodyear "B" para a carreira, mentres que Prost elixiu os pneumáticos máis brandos do composto C coa esperanza de obter unha vantaxe de velocidade (moi confiado na súa posta a punto, Senna pasou o tempo antes da carreira na carpa de hospitalidade de Goodyear vendo as 500 millas de Indianápolis de 1989 na televisión). A pesar de saír polo lado sucio da pista en México, Senna fixo a mellor saída e foi capaz de liderar na primeira curva diante de Mansell, Prost, Berger, Patrese e o Tyrrell - Ford de Michele Alboreto. Con todo, todo isto non significaba nada Modena trompeou co seu Brabham na Peraltada na primeira volta golpeado polo Ligier de Olivier Grouillard e terminou contra a barreira de pneumáticos. Malia que o coche non estaba nunha posición perigosa, sacouse a bandeira vermella e a carreira tivo que ser reiniciada.
Senna liderou no reinicio sobre Prost, Berger, Mansell e os Williams de Patrese e Thierry Boutsen (Capelli vírase obrigado a empezar desde os pits por cambiar pezas do March logo de sairse e danar os freos na primeira volta da primeira saída). Prost, cos seus pneumáticos máis brandos dándolle un mellor agarre, pronto se puxo detrás do coche do seu compañeiro. Con todo, en México Prost comezou a cuestionar a potencia do seu Honda V10 en comparación co utilizado por Senna. Durante varias voltas Prost, claramente máis rápido a través da curva Peraltada ao final da recta principal, non podía meter presión a Senna malia estar na súa estela aerodinámica nos 1´2 km de lonxitude recta principal. De feito, o Mclaren # 1 afastábase coche # 2 na recta. Correr preto do seu compañeiro de equipo, finalmente, tivo un efecto prexudicial sobre os pneumáticos de Prost que pronto tivo que entrar a boxes para cambiar as gomas. O equipo McLaren, por un erro montou ao francés outro xogo de pneumáticos C en lugar dos B que debía montar. Prost non tardou en volver para outro cambio de pneumáticos e volveu entrar na carreira só uns segundos diante de Senna que agora tiña case unha volta de vantaxe sobre o seu rival máis próximo no campionato. Malia ter uns pneumáticos máis frescos que o seu compañeiro de equipo, Prost aínda perdíu terreo fronte a Senna e finalmente foi dobrado cando o brasileiro pasouno na recta principal, alimentando as acusacións de Prost de que os seus motores tiñan menos potencia en comparación con Senna. O xefe de McLaren Ron Dennis desculpouse máis tarde publicamente a Prost polo fallo na súa parada en boxes.
Ambos Ferraris correron ben ata que a carreira de Berger terminou na volta 16 cun fallo na transmisión, mentres que a caixa de cambios de Mansell durou ata a volta 43. Isto deixou ao Williams de Patrese en segundo lugar cun sorprendente Alboreto terceiro. Así foi como terminaron os tres primeiros con Alessandro Nannini cuarto no seu vello modelo Benetton B188 no cuarto lugar. O equipo Benetton esperaba ter o seu novo coche dispoñible en México, pero problemas co novo Ford V8 (como así como que Nannini estrelara o único coche terminado nunhas probas privadas) levaron a que o equipo aínda tivera que usar o seu coche e motor de 1988. Prost, que máis tarde desdobrouse logo de que Senna deixarao pasar, terminou quinto e foi o último coche na volta do líder. O italiano Gabriele Tarquini finalizou 6º logrando o último punto da carreira no seu AGS - Ford, que en última instancia, foi o único punto da tempada.[1]
Clasificación
editarPre cualificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1 | 7 | Martin Brundle | Brabham-Judd | 1:21.770 | — |
2 | 8 | Stefano Modena | Brabham-Judd | 1:22.211 | +0.441 |
3 | 21 | Alex Caffi | Dallara-Ford | 1:22.876 | +1.106 |
4 | 36 | Stefan Johansson | Onyx-Ford | 1:23.288 | +1.518 |
5 | 37 | Bertrand Gachot | Onyx-Ford | 1:23.752 | +1.982 |
6 | 33 | Gregor Foitek | EuroBrun-Judd | 1.24.351 | +2.581 |
7 | 17 | Nicola Larini | Osella-Ford | 1:24.392 | +2.622 |
8 | 39 | Volker Weidler | Rial-Ford | 1:24.966 | +3.196 |
9 | 34 | Bernd Schneider | Zakspeed-Yamaha | 1:25.418 | +3.648 |
10 | 35 | Aguri Suzuki | Zakspeed-Yamaha | 1:25.658 | +3.888 |
11 | 18 | Piercarlo Ghinzani | Osella-Ford | 1:26.065 | +4.295 |
12 | 41 | Joachim Winkelhock | AGS-Ford | 1:26.754 | +4.984 |
13 | 32 | Pierre-Henri Raphanel | Coloni-Ford | 1:34.357 | +12.587 |
Cualificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | Ayrton Senna | McLaren-Honda | 1:19.112 | 1:17.876 | — |
2 | 2 | Alain Prost | McLaren-Honda | 1:20.401 | 1:18.773 | +0.897 |
3 | 27 | Nigel Mansell | Ferrari | 1:21.170 | 1:19.137 | +1.261 |
4 | 16 | Ivan Capelli | March-Judd | 1:24.720 | 1:19.337 | +1.461 |
5 | 6 | Riccardo Patrese | Williams-Renault | 1:21.763 | 1:19.656 | +1.780 |
6 | 28 | Gerhard Berger | Ferrari | 1:21.564 | 1:19.835 | +1.959 |
7 | 4 | Michele Alboreto | Tyrrell-Ford | 1:22.150 | 1:20.066 | +2.190 |
8 | 5 | Thierry Boutsen | Williams-Renault | 1:21.456 | 1:20.234 | +2.358 |
9 | 8 | Stefano Modena | Brabham-Judd | 1:22.640 | 1:20.505 | +2.629 |
10 | 9 | Derek Warwick | Arrows-Ford | 1:23.245 | 1:20.601 | +2.725 |
11 | 26 | Olivier Grouillard | Ligier-Ford | 1:23.053 | 1:20.859 | +2.983 |
12 | 22 | Andrea de Cesaris | Dallara-Ford | 1:23.066 | 1:20.873 | +2.997 |
13 | 19 | Alessandro Nannini | Benetton-Ford | 1:21.791 | 1:20.888 | +3.012 |
14 | 3 | Jonathan Palmer | Tyrrell-Ford | 1:21.561 | 1:20.888 | +3.012 |
15 | 12 | Satoru Nakajima | Lotus-Judd | 1:22.438 | 1:20.943 | +3.067 |
16 | 30 | Philippe Alliot | Lola-Lamborghini | 1:22.014 | 1:21.031 | +3.155 |
17 | 40 | Gabriele Tarquini | AGS-Ford | 1:23.004 | 1:21.031 | +3.155 |
18 | 20 | Johnny Herbert | Benetton-Ford | 1:22.553 | 1:21.105 | +3.229 |
19 | 21 | Alex Caffi | Dallara-Ford | 1:22.705 | 1:21.139 | +3.263 |
20 | 7 | Martin Brundle | Brabham-Judd | 1:23.375 | 1:21.217 | +3.341 |
21 | 36 | Stefan Johansson | Onyx-Ford | 1:23.746 | 1:21.358 | +3.482 |
22 | 23 | Pierluigi Martini | Minardi-Ford | 1:24.181 | 1:21.471 | +3.595 |
23 | 38 | Christian Danner | Rial-Ford | 1:22.931 | 1:21.696 | +3.820 |
24 | 10 | Eddie Cheever | Arrows-Ford | 1:23.427 | 1:21.716 | +3.840 |
25 | 25 | René Arnoux | Ligier-Ford | 1:24.890 | 1:21.830 | +3.954 |
26 | 11 | Nelson Piquet | Lotus-Judd | 1:23.090 | 1:21.831 | +3.955 |
27 | 24 | Luis Pérez-Sala | Minardi-Ford | 1:26.567 | 1:21.935 | +4.059 |
28 | 15 | Maurício Gugelmin | March-Judd | 1:22.712 | 1:22.081 | +4.205 |
29 | 29 | Yannick Dalmas | Lola-Lamborghini | 1:25.651 | 9:27.789 | +7.775 |
30 | 31 | Roberto Moreno | Coloni-Ford | Sen tempo | 3:34.095 | +2:16.219 |
Carreira
editarPosicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos de ambos grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1989 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1989 |
Carreira seguinte: Gran Premio dos Estados Unidos de 1989 |
Carreira anterior: Gran Premio de México de 1988 |
Gran Premio de México | Carreira seguinte: Gran Premio de México de 1990 |
Referencias
editar- ↑ Roebuck, Nigel; Henry, Alan (1989). Naismith, Barry, ed. "Round 4:Mexico Making It Look Easy". Grand Prix (Glen Waverly, Victoria: Garry Sparke & Associates) 5: 54. ISBN 0-908081-99-5.
- ↑ "1989 Mexican Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2015. Consultado o 23 de decembro de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de México de 1989 |
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de México de 1989 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |