Goodyear
Goodyear Tire and Rubber Company foi fundada o 29 de agosto de 1898 por Frank Seiberling. É unha das compañías máis grandes do mercado dos pneumáticos. A súa sede principal atópase en Akron, Ohio. O nome da compañía foi posto polo fundador como homenaxe ao inventor do proceso de vulcanizado do caucho, Charles Goodyear (1800/1860).
Goodyear | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | negocio, empresa e empresa de capital aberto ![]() | |||
Forma xurídica | Corporation (For-Profit) ![]() | |||
Personalidades | ||||
Fundador/a | Frank Seiberling (pt) ![]() ![]() | |||
Actividade | ||||
Campo de traballo | industria do caucho, manufactura e pneumático ![]() | |||
Industria | manufactura e industria de plásticos e cauchos ![]() | |||
Produtos
| ||||
Entidades | ||||
Ten en propiendade
| ||||
Entidades subsidiarias
| ||||
Economía | ||||
Bolsa de valores | NASDAQ ![]() | |||
Ingresos totais
| ||||
Beneficio neto
| ||||
Data | ||||
Fundación | 29 de agosto de 1898 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Sede | Akron ![]() | |||
Lugar de formación | Akron ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | goodyear.com ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |

Historia
editarFrank Seiberling, por aquel entón con 38 anos de idade, adquiriu a primeira fábrica da compañía cun desembolso inicial de 3.500 dólares estadounidenses utilizando diñeiro prestado por un cuñado. O caucho e o algodón que foron o corazón da súa industria debían ser transportados desde o outro lado do mundo, cara a un pobo sen saída ao mar e limitada por ter unicamente transporte férreo. Ata o home polo que a empresa leva este nome, Charles Goodyear, había morto pobre 38 anos antes a pesar de descubrir a vulcanización logo dunha longa e audaz procura.
Pero o momento non podería ser mellor. O furor polas bicicletas na década de 1890 estivo en pleno auxe. As carruaxes sen cabalos, ás que algúns se arriscaban a chamar automóbiles, foron un gran reto. Ata a depresión de 1893 comezara a desvanecerse. Entón, ese 29 de agosto de 1898, foi creada Goodyear cun capital accionario de U$S 100.000.
Na Arxentina, a compañía Goodyear iniciou as súas actividades en 1915 cunha sucursal de vendas que atendía desde alí a toda América Latina (The Goodyear Tire & Rubber Co. for South-America). Pero o paso definitivo deuno o 24 de xaneiro de 1931, cando inaugurou a planta de Hurlingham, nos arredores de Bos Aires, consolidándose así a compañía Goodyear Arxentina. Foi a primeira fábrica de pneumáticos no país, e a primeira de Goodyear en toda América Latina.
Actualmente, Goodyear iniciou a apertura de plantas renovadoras en México. A primeira, a nivel nacional, foi establecida na cidade de Celaya; proximamente inaugurarase unha renovadora máis na cidade de Veracruz.
Na Fórmula 1 foi onde obtivo os seus maiores éxitos, con 368 vitorias, fornecendo pneumáticos durante moitos anos a equipos como Ferrari ou McLaren
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Goodyear |