Abrir o menú principal

O Gran Premio de Italia de 1986 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no circuíto de Monza o 7 de setembro de 1986. A carreira, que se disputou sobre 51 voltas, foi a décimo terceira proba da tempada de 1986. A carreira foi o 56º Gran Premio de Italia e o 51º, que se celebrou en Monza.

Italia Gran Premio de Italia de 1986
Detalles da carreira
Carreira 13 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1986.
Trazado do circuíto de Monza
Trazado do circuíto de Monza
Data 7 de setembro 1986
Nome oficial LVI Gran Premio d'Italia
Localización Autodromo Nazionale Monza, Monza, Italia
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5´800 km
Distancia 51 voltas, 295´800 km
ClimaSeco
Pole position
Piloto Italia Teo Fabi Benetton-BMW
Tempo 1:24.078
Volta rápida
Piloto Italia Teo Fabi Benetton-BMW
Tempo 1:28.099 na volta 35
Podio
Primeiro Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Williams-Honda
Segundo Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Williams-Honda
Terceiro Flag of Sweden.svg Stefan Johansson Ferrari

CualificaciónEditar

Durante a segunda sesión de cualificación en Monza, Gerhard Berger no Benetton B186-BMW foi o máis rápido de todos os coches a 352,22 km/h, mentres que o seu compañeiro de equipo Teo Fabi foi segundo logo de rexistrar 349,85 km/h na longa recta frontal.[1] Curiosamente, a velocidade de Berger non foi rexistrada na súa volta rápida. Os 5 mellores coches no control de velocidade, os dous Benetton, os dous Brabham (Derek Warwick e Riccardo Patrese), e o Arrows de Thierry Boutsen, montaban todos motores BMW. O coche máis rápido sen motor BMW foi o Williams - Honda de Nigel Mansell que foi 10 km/h máis lento que o coche de Berger.

Fabi logrou a súa segunda pole position consecutiva cando percorreu o 5.8 km do circuíto en 1:24.078. Nunha sorprendente segunda posición na grella nun circuíto de potencia quedou o McLaren-TAG Porsche do Campión do Mundo Alain Prost, malia ser case 20 km/h máis lento que os Benetton nas longas rectas de Monza. A volta de Prost de 1:25.014 demostrou que ata nun circuíto de potencia, como Monza, un coche ben configurado aínda era un factor crucial. Terceiro foi o líder do Campionato Mundial, Nigel Mansell, no seu Williams-Honda co Benetton de Berger en cuarto lugar. A parella brasileira Ayrton Senna (Lotus - Renault) e Nelson Piquet (Williams-Honda) completaron os seis primeiros cualificados. Michele Alboreto, logo de perderse o primeiro día da cualificación debido a unha ferida nun brazo (segundo as diferentes versións, por unha caída no baño do hotel ou por unha caída da súa moto) foi o máis rápido de Ferrari en noveno lugar, 1.417 segundos máis lento que Fabi.

CarreiraEditar

A raíz dun problema no inicio da volta de quecemento, o home pole, Teo Fabi, viuse obrigado a empezar desde o fondo da grella e Alain Prost, xunto a el na primeira fila, tivo que empezar desde o pit lane no coche de reposto. Na saída, Gerhard Berger tomou a dianteira, pero na volta 8 perdeu posicións e Mansell quedou líder, seguido de Piquet e Alboreto no Ferrari. Ayrton Senna rompeu a caixa de cambios na saída. Alboreto parecía desafiar o dúo de Williams no liderado logo de superar a Rosberg, Arnoux e Berger antes de tomar á saída da primeira chicane. Do mesmo xeito que o Gran Premio de Gran Bretaña, a carreira converteuse nunha pechada loita entre os dous pilotos de Williams, pero esta vez Piquet pasou ao seu compañeiro de equipo, o británico Nigel Mansell para lograr a vitoria. Piquet derrotou a Mansell nunha loita directa, sacándolle na meta 9.828 segundos. O brasileiro logrou pasar Mansell na Curva Grande para liderar e lograr a súa cuarta vitoria da tempada. Detrás, Fabi e Prost que saíran na parte traseira, na volta 12 marchaban 8º e 9º. Prost foi descualificado polo cambio do coche despois do inicio da volta de quecemento, pero o seu motor explotou unha volta despois da saída. Johansson atacou ao principio da carreira, pasando a Rosberg e Arnoux na volta 5 para terminar terceiro.

ClasificaciónEditar

CualificaciónEditar

Pos Piloto Construtor Q1 Q2 diferenza
1 19   Teo Fabi Benetton-BMW 1:26.019 1:24.078
2 1   Alain Prost McLaren-TAG 1:26.885 1:24.514 +0.436
3 5   Nigel Mansell Williams-Honda 1:26.181 1:24.882 +0.804
4 20   Gerhard Berger Benetton-BMW 1:25.580 1:24.885 +0.807
5 12   Ayrton Senna Lotus-Renault 1:25.363 1:24.916 +0.838
6 6   Nelson Piquet Williams-Honda 1:26.614 1:25.137 +1.059
7 8   Derek Warwick Brabham-BMW 7:12.970 1:25.175 +1.097
8 2   Keke Rosberg McLaren-TAG 1:26.742 1:25.378 +1.300
9 27   Michele Alboreto Ferrari 1:25.549 +1.471
10 7   Riccardo Patrese Brabham-BMW 1:27.438 1:26.111 +2.033
11 25   René Arnoux Ligier-Renault 1:27.928 1:26.187 +2.109
12 28   Stefan Johansson Ferrari 1:26.517 1:26.422 +2.344
13 18   Thierry Boutsen Arrows-BMW 1:28.051 1:26.754 +2.676
14 26   Philippe Alliot Ligier-Renault 1:27.287 1:27.269 +3.191
15 16   Patrick Tambay Lola-Ford 1:29.744 1:27.808 +3.730
16 17   Christian Danner Arrows-BMW 1:30.397 1:27.923 +3.845
17 11   Johnny Dumfries Lotus-Renault 1:28.857 1:28.024 +3.946
18 15   Alan Jones Lola-Ford 7:40.132 1:28.403 +3.965
19 24   Alessandro Nannini Minardi-Motori Moderni 1:29.239 1:28.690 +4.612
20 3   Martin Brundle Tyrrell-Renault 1:31.266 1:29.125 +5.047
21 23   Andrea de Cesaris Minardi-Motori Moderni 1:31.375 1:29.561 +5.483
22 14   Jonathan Palmer Zakspeed 1:32.064 1:29.659 +5.581
23 4   Philippe Streiff Tyrrell-Renault 1:30.199 1:30.976 +6.121
24 29   Huub Rothengatter Zakspeed 1:32.726 1:30.904 +6.826
25 31   Ivan Capelli AGS-Motori Moderni 58:12.143 1:33.844 +9.766
26 21   Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 1:36.128 1:36.334 +12.050
27 22   Alex Caffi Osella-Alfa Romeo 1:36.900 1:38.493 +12.822

CarreiraEditar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 6   Nelson Piquet Williams-Honda 51 1:17:42.889 6 9
2 5   Nigel Mansell Williams-Honda 51 + 9.828 3 6
3 28   Stefan Johansson Ferrari 51 + 22.915 12 4
4 2   Keke Rosberg McLaren-TAG 51 + 53.809 8 3
5 20   Gerhard Berger Benetton-BMW 50 + 1 volta 4 2
6 15   Alan Jones Lola-Ford 49 + 2 voltas 18 1
7 18   Thierry Boutsen Arrows-BMW 49 + 2 voltas 13
8 17   Christian Danner Arrows-BMW 49 + 2 voltas 16
9 4   Philippe Streiff Tyrrell-Renault 49 + 2 voltas 23
10 3   Martin Brundle Tyrrell-Renault 49 + 2 voltas 20
NC 22   Alex Caffi Osella-Alfa Romeo 45 Non clasificado 27
Ret 19   Teo Fabi Benetton-BMW 44 Picada 1
Ret 27   Michele Alboreto Ferrari 33 Motor 9
Ret 23   Andrea de Cesaris Minardi-Motori Moderni 33 Motor 21
Ret 31   Ivan Capelli AGS-Motori Moderni 31 Picada 25
Ret 25   René Arnoux Ligier-Renault 30 Caixa de cambios 11
Ret 14   Jonathan Palmer Zakspeed 27 Motor 22
DSC 1   Alain Prost McLaren-TAG 27 Descualificado 2
Ret 26   Philippe Alliot Ligier-Renault 22 Motor 14
Ret 11   Johnny Dumfries Lotus-Renault 18 Caixa de cambios 17
Ret 8   Derek Warwick Brabham-BMW 16 Trompo 7
Ret 24   Alessandro Nannini Minardi-Motori Moderni 15 Eléctrico 19
Ret 21   Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 12 Suspensión 26
Ret 16   Patrick Tambay Lola-Ford 2 Accidente 15
Ret 7   Riccardo Patrese Brabham-BMW 2 Accidente 10
Ret 29   Huub Rothengatter Zakspeed 1 Motor 24
Ret 12   Ayrton Senna Lotus-Renault 0 Transmisión 5
Fonte:[2]

Líderes por voltaEditar

Gerhard Berger 8 (1-6, 25-26), Nigel Mansell 29 (7-24, 27-37), Nelson Piquet 14 (38-51)

Posicións logo da carreiraEditar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

ReferenciasEditar

  1. Monza Speed Trap - 1986 Italian Grand Prix
  2. "1986 Italian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 13 November 2014. Consultado o 23 December 2015. 


Carreira anterior:
Gran Premio de Austria de 1986
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1986
Carreira seguinte:
Gran Premio de Portugal de 1986
Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 1985
Gran Premio de Italia Carreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 1987

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar