Gran Premio dos Países Baixos de 1985

O Gran Premio dos Países Baixos de 1985 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 25 de agosto de 1985 no circuíto de Zandvoort. Foi a décimo primeira carreira da tempada de Fórmula Un de 1985 e o 34º e último Gran Premio dos Países Baixos. A carreira disputouse sobre 70 voltas ao circuíto de 4´252 quilómetros para unha distancia total de carreira de 298 quilómetros. Foi a 25º e última vitoria nun Gran Premio do triplo Campión do Mundo Niki Lauda. O compañeiro de equipo de Lauda Alain Prost foi segundo no seu McLaren MP4/2B co piloto brasileiro Ayrton Senna terceiro no seu Lotus 97T.

Países Baixos Gran Premio de Países Baixos de 1985
Detalles da carreira
Carreira 11 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1985.
Trazado do circuíto de Zandvoort
Trazado do circuíto de Zandvoort
Data 25 de agosto de 1985
Nome oficial XXXIV Grote Prijs van Nederland
Localización Circuíto Zandvoort
Zandvoort, Países Baixos
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´252 km
Distancia 70 voltas, 297´840 km
ClimaSeco
Pole position
Piloto Nelson Piquet Brabham-BMW
Tempo 1:11.074
Volta rápida
Piloto Francia Alain Prost McLaren-TAG
Tempo 1:16.538 na volta 57
Podio
Primeiro Austria Niki Lauda McLaren-TAG
Segundo Francia Alain Prost McLaren-TAG
Terceiro Ayrton Senna Lotus-Renault

Tamén foi o último Gran Premio da estrela emerxente o alemá Stefan Bellof, xa que morreu no Circuíto de Spa-Francorchamps nos 1000 quilómetros de Spa da World Sportscar unha semana despois, pilotando un Porsche 956.

Resumo da carreira editar

O Renault de Patrick Tambay, que se clasificou nunha excelente sexta posición, tivo un grande accidente a case 320 km/h na volta de quecemento na mañá do domingo do que saíu magullado pero ileso. Logo de perder a sábado debido a chuvia e tendo que correr cos tanques cheos toda a fin de semana a suspensión dianteira do RE60B rompeuse ao final da recta principal que vai directamente a curva Tarzán. O coche quedou destruído no muro de pneumáticos. Tambay puido comezar no coche de reposto. Tanto el como o seu compañeiro de equipo Derek Warwick tomaron o que se considera unha valente decisión [Cómpre referencia] participando malia non saber moi ben o que causara o fallo da suspensión.

Nelson Piquet logrou a súa primeira e única pole position da tempada, cunha media de 215´369 km/h, a primeira para o fabricante de pneumáticos Pirelli. Foi o único bo, xa que o seu Brabham BT54 calouse cando as luces cambian a verde. Por sorte esquivárono os quen estaban detrás del, finalmente foi empurrado e comezou case unha volta atrás. Malia que os empurróns para comezar están en contra das regras, ninguén protestou xa que Piquet terminou no oitavo lugar.

Niki Lauda logrou a última vitoria da súa carreira no seu McLaren MP4/2B. O seu compañeiro de equipo Alain Prost tomou a dianteira no campionato ao finalizar segundo, só 0,232 segundos detrás de Lauda. Os dous alternáronse no liderado durante as últimas doce voltas da carreira. Ayrton Senna continuou o seu ataque de final da tempada polos puntos e terminou terceiro. Completando os puntos quedaron o Ferrari de Michele Alboreto, cuxos tres puntos non foron suficientes para manter a súa vantaxe no campionato, Senna de Lotus foi quinto e Nigel Mansell sexto no seu Williams FW10.

Logo de destruír o seu coche nun accidente na carreira anterior en Austria, esta foi tamén a última vez que Andrea de Cesaris correu nun Ligier. Sería, de feito, a última carreira da tempada do italiano.

Clasificación editar

Cualificación editar

Pos Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza
1 7   Nelson Piquet Brabham-BMW 1:11.074
2 6   Keke Rosberg Williams-Honda 1:11.647 +0.573
3 2   Alain Prost McLaren-TAG 1:11.801 1:29.507 +0.727
4 12   Ayrton Senna Lotus-Renault 1:11.837 +0.763
5 19   Teo Fabi Toleman-Hart 1:12.310 +1.236
6 15   Patrick Tambay Renault 1:12.486 +1.412
7 5   Nigel Mansell Williams-Honda 1:12.614 1:32.740 +1.540
8 18   Thierry Boutsen Arrows-BMW 1:12.746 +1.672
9 8   Marc Surer Brabham-BMW 1:12.856 +1.782
10 1   Niki Lauda McLaren-TAG 1:13.059 +1.985
11 11   Elio de Angelis Lotus-Renault 1:13.078 1:30.123 +2.004
12 16   Derek Warwick Renault 1:13.289 +2.215
13 26   Jacques Laffite Ligier-Renault 1:13.435 1:28.393 +2.361
14 17   Gerhard Berger Arrows-BMW 1:13.680 1:34.857 +2.606
15 20   Piercarlo Ghinzani Toleman-Hart 1:13.705 +2.631
16 27   Michele Alboreto Ferrari 1:13.725 +2.651
17 28   Stefan Johansson Ferrari 1:13.768 1:32.544 +2.694
18 25   Andrea de Cesaris Ligier-Renault 1:13.797 1:34.638 +2.723
19 22   Riccardo Patrese Alfa Romeo 1:14.240 +3.166
20 23   Eddie Cheever Alfa Romeo 1:14.912 1:32.572 +3.838
21 3   Martin Brundle Tyrrell-Renault 1:14.920 1:32.003 +3.846
22 4   Stefan Bellof Tyrrell-Renault 1:15.236 +4.162
23 30   Jonathan Palmer Zakspeed 1:16.257 1:34.316 +5.183
24 29   Pierluigi Martini Minardi-Motori Moderni 1:17.919 1:38.227 +6.845
25 10   Philippe Alliot RAM-Hart 1:18.525 1:36.270 +7.451
26 24   Huub Rothengatter Osella-Alfa Romeo 1:19.410 1:38.149 +8.336
NSC 9   Kenny Acheson RAM-Hart 1:20.429 +9.335

Carreira editar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1   Niki Lauda McLaren-TAG 70 1:32:29.263 10 9
2 2   Alain Prost McLaren-TAG 70 + 0.232 3 6
3 12   Ayrton Senna Lotus-Renault 70 + 48.491 4 4
4 27   Michele Alboreto Ferrari 70 + 48.837 16 3
5 11   Elio de Angelis Lotus-Renault 69 + 1 volta 11 2
6 5   Nigel Mansell Williams-Honda 69 + 1 volta 7 1
7 3   Martin Brundle Tyrrell-Renault 69 + 1 volta 21
8 7   Nelson Piquet Brabham-BMW 69 + 1 volta 1
9 17   Gerhard Berger Arrows-BMW 68 + 2 voltas 14
10 8   Marc Surer Brabham-BMW 65 Escape 9
NC 24   Huub Rothengatter Osella-Alfa Romeo 56 Non clasificado 26
Ret 18   Thierry Boutsen Arrows-BMW 54 Suspensión 8
Ret 9   Philippe Alliot RAM-Hart 52 Motor 25
Ret 4   Stefan Bellof Tyrrell-Renault 39 Motor 22
Ret 16   Derek Warwick Renault 27 Caixa de cambios 12
Ret 25   Andrea de Cesaris Ligier-Renault 25 Turbo 18
Ret 15   Patrick Tambay Renault 22 Transmisión 6
Ret 6   Keke Rosberg Williams-Honda 20 Motor 2
Ret 19   Teo Fabi Toleman-Hart 18 Coxinete da roda 5
Ret 26   Jacques Laffite Ligier-Renault 17 Eléctrico 13
Ret 30   Jonathan Palmer Zakspeed 13 Presión aceite 23
Ret 20   Piercarlo Ghinzani Toleman-Hart 12 Motor 15
Ret 28   Stefan Johansson Ferrari 9 Motor 17
Ret 29   Pierluigi Martini Minardi-Motori Moderni 1 Accidente 24
Ret 23   Eddie Cheever Alfa Romeo 1 Turbo 20
Ret 22   Riccardo Patrese Alfa Romeo 1 Turbo 19

Líderes por volta editar

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Austria de 1985
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1985
Carreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 1985
Carreira anterior:
Gran Premio dos Países Baixos de 1984
Gran Premio dos Países Baixos Carreira seguinte:
Non houbo

Notas editar

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-17. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar