Autódromo Oscar Alfredo Gálvez
Autódromo Oscar Alfredo Gálvez | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
| |
Datos | |
Inauguración | 17 de outubro de 1952 |
Outros nomes | Autódromo de Buenos Aires 1952–1955: Autódromo 17 de Octubre 1955–1989: Autódromo Municipal Ciudad de Buenos Aires 1989–2008: Autódromo Oscar Alfredo Gálvez |
Carreiras | Turismo Carretera Súper TC 2000 TC 2000 Top Race track Day Argentina Campionato Mundial de Motociclismo Fórmula 1 |
Localización | ![]() |
Capacidade | |
Lonxitude | 5´810 km |
Curvas | 15 |
Volta rápida (1997) | 1:27.981 |
Piloto récord | Gerhard Berger |
Escudería récord | Benetton Formula-Renault |
Coordenadas | 34°41′39.38″S 58°27′33.65″O / -34.6942722, -58.4593472 |
Vista do Circuíto | |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
O Autódromo Oscar Alfredo Gálvez é un autódromo situado na Cidade de Bos Aires, Arxentina. Foi inaugurado en 1952 durante a presidencia de Juan Domingo Perón, grazas á iniciativa de varios corredores arxentinos entre os que se atopaba Juan Manuel Fangio. Debido á súa infraestrutura é coñecida como a Catedral do Automobilismo Arxentino, foi sede en vinte oportunidades do Gran Premio da Arxentina.
HistoriaEditar
O autódromo foi construído por iniciativa de varios corredores arxentinos, entre os que se atopaba o gañador do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1951, Juan Manuel Fangio. Ante o desenvolvemento do automobilismo arxentino, o goberno do Presidente Juan Domingo Perón decidiu construír o autódromo no sur da Cidade de Bos Aires, nun predio de máis de 200 ha, no barrio de Vila Riachuelo. O autódromo foi inaugurado o 9 de marzo de 1952, baixo o nome de Autódromo 17 de Outubro, en honra á "xornada histórica" de apoio ao entón Coronel Perón.
Para a inauguración foron organizadas tres probas, pero a máis importante foi a realización da Copa Perón na modalidade Fórmula Libre, gañada por Juan Manuel Fangio. Fangio tardou 1:17.19.230 h para cubrir as 30 voltas do circuíto 4 do autódromo, ao mando dunha Ferrari 166FL. En segundo lugar chegou Froilán González co seu Ferrari 166C e terceiro o brasileiro Francisco Landi no seu Ferrari 125C.
En 1953 correuse alí o primeiro Gran Premio da Arxentina, a primeira carreira fóra de Europa, gañado nesa ocasión polo piloto italiano Alberto Ascari, que corría para a Scuderia Ferrari. O corredor arxentino Juan Manuel Fangio tivo que abandonar na volta 36 cando fallou a transmisión do seu Maserati. Durante esa carreira ocorreu un accidente que se cobrou a vida de 9 persoas. Outra Carreira memorable que levouse a cabo en 9 edicións foron os 1000 Km de Bos Aires, que se disputaron entre 1954 e 1972.
CircuítosEditar
O autódromo conta na actualidade con varios trazados:
- Circuíto N°5: Circuíto histórico, se continua utilizando hoxe en día en categorías zonais, é o circuíto máis curto.
- Circuíto N°6: É moi utilizado por categorías intermedias. Conta cunha parte rápida e cunha trabada. Destaca a Curva da Viborita, o Ombu e a Baixada do Tobogán.
- Circuíto N°7: Extremadamente veloz, se continua utilizando hoxe en día en categorías zonais,
- Circuíto N°9: Utilizouse no Gran Premio da Arxentina de Fórmula 1 durante a década de 1990. É un circuíto moi trabado. Destaca a curva de Ascari e a S de Senna construída especialmente para o Gran Premio.
- 'Circuíto N°12:' É o escenario que utiliza o Turismo Carretera, e no 2010 utilizárono tamén o Top Race, o TC 2000 para os 200 km de Buenos Aires. Conta con tres longas rectas, o curvón Salotto, a "S" do Ciervo e a chicana de Ascari. A "S" do Ciervo orixinal volveuse a usar na última carreira de Turismo Carretera.
- Circuíto N°15: Era utilizada para a realización do Gran Premio de fórmula 1 entre os anos 1974 ao 1981, O trazado é igual ao nº 12 pero utilizando a zona dos mixtos, onde se atopan a Curva da Viborita, o Ombu e a Baixada do Tobogán.
- Circuíto N°2: É igual que trazado nº 9, coa diferenza que o sector da horquilla estendíase 250 metros máis aproximadamente. Este trazado non se utilizara máis xa que en lugar da antiga horquilla construíuse un kartódromo e para rematar a tribuna da horquilla construída para o Gran Premio.
Curvas e detallesEditar
- En marrón claro: Bancos de material solto
- En azul: Boxes
- En magenta: Tribunas
- En celeste: Lago
- En gris claro: Kartódromo
- Recta principal:
- Curva N° 1:
- S do ciervo:
- Recta do fondo:
- Curvón de Salotto:
- Recta do lago:
- Curva de Ascari (Eliminada):
- Chicana de Ascari:
- Entrada aos mixtos:
- La vivorita:
- Curva do ombú:
- Curva do cajón:
- S de Senna:
- Tobogán:
- Horquilla de Parga:
- Horquilla larga (Eliminada):
- Curva da confitería:
- Curvón N° 8:
Todos os gañadores de Fórmula 1, no autódromo Oscar Alfredo GálvezEditar
Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Ø-Tempo | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1953 | Alberto Ascari | Ferrari | 3:01:04,600 h | 3´912 km | 97 | 125´736 km/h | 18. xaneiro | Arxentina |
1954 | Juan Manuel Fangio | Maserati | 3:00:55,800 h | 3´912 km | 87 | 112´865 km/h | 17. xaneiro | |
1955 | Juan Manuel Fangio | Mercedes | 3:00:38,600 h | 3´912 km | 96 | 124´738 km/h | 16. xaneiro | |
1956 | Juan Manuel Fangio Luigi Musso |
Ferrari | 3:00:03,700 h | 3´912 km | 98 | 127´748 km/h | 22. xaneiro | |
1957 | Juan Manuel Fangio | Maserati | 3:00:55,900 h | 3´912 km | 100 | 129´729 km/h | 13. xaneiro | |
1958 | Stirling Moss | Cooper-Climax | 2:19:33,700 h | 3´912 km | 80 | 134´547 km/h | 19. xaneiro | |
1960 | Bruce McLaren | Cooper-Climax | 2:17:49,500 h | 3´912 km | 80 | 136´242 km/h | 7. xaneiro | |
1972 | Jackie Stewart | Tyrrell-Ford | 1:57:58,820 h | 3´345 km | 95 | 161´607 km/h | 23. xaneiro | |
1973 | Emerson Fittipaldi | Lotus-Ford | 1:56:18,220 h | 3´345 km | 96 | 165´663 km/h | 28. xaneiro | |
1974 | Denny Hulme | McLaren-Ford | 1:41:02,010 h | 5´968 km | 53 | 187´841 km/h | 13. xaneiro | |
1975 | Emerson Fittipaldi | McLaren-Ford | 1:39:26,290 h | 5´968 km | 53 | 190´855 km/h | 12. xaneiro | |
1977 | Jody Scheckter | Wolf-Ford | 1:40:11,190 h | 5´968 km | 53 | 189´429 km/h | 9. xaneiro | |
1978 | Mario Andretti | Lotus-Ford | 1:37:04,470 h | 5´968 km | 52 | 191´813 km/h | 15. xaneiro | |
1979 | Jacques Laffite | Ligier-Ford | 1:36:03,210 h | 5´968 km | 53 | 197´580 km/h | 21. xaneiro | |
1980 | Alan Jones | Williams-Ford | 1:43:24,380 h | 5´968 km | 53 | 183,531 km/h | 13. xaneiro | |
1981 | Nelson Piquet | Brabham-Ford | 1:34:32,740 h | 5´968 km | 53 | 200´731 km/h | 12. abril | |
1995 | Damon Hill | Williams-Renault | 1:53:14,532 h | 4´259 km | 72 | 162´474 km/h | 9. abril | |
1996 | Damon Hill | Williams-Renault | 1:54:55,322 h | 4´259 km | 72 | 160´099 km/h | 7. abril | |
1997 | Jacques Villeneuve | Williams-Renault | 1:52:01,715 h | 4´259 km | 72 | 164´234 km/h | 13. abril | |
1998 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:48:36,175 h | 4´259 km | 72 | 169´414 km/h | 12. abril |
Récord: J.M.Fangio (4 Veces)
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Autódromo Oscar Alfredo Gálvez |