Luigi Musso
Luigi Musso nado en Roma o 28 de xullo de 1924 e finado en Reims-Gueux o 6 de xullo de 1958, foi un piloto italiano de Fórmula 1.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xullo de 1924 Roma (Italia) |
Morte | 6 de xullo de 1958 (33 anos) Reims (Francia) |
Causa da morte | accidente de tráfico |
Lugar de sepultura | Cemitério Monumental de Verona (pt) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de motociclismo, piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un |
Deporte | Motociclismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Traxectoria
editarMusso comezou a súa carreira como piloto de coches deportivos antes de debutar nun circuíto de Fórmula 1 o 17 de xaneiro de 1954, pilotando un Maserati. En 1954 gañou o Coppa Acerbo, unha carreira de Fórmula 1 fóra de campionato. En Zandvoort, no Gran Premio dos Países Baixos de 1955, Musso obtivo o terceiro lugar nun Maserati.[1] No final da tempada de Fórmula 1 de 1955 cambiouse a Ferrari. Compartiu a vitoria no Gran Premio da Arxentina de 1956 con Juan Manuel Fangio, pero, a súa tempada foi interrompida logo dun accidente nunha carreira de autos deportivos en Nürburgring.
Musso gañou nun Ferrari 3500 na cidade de Buenos Aires nunha carreira de autos deportivos, o 20 de xaneiro de 1957. Era o piloto do terceiro coche. Stirling Moss terminou en segundo lugar cun Maserati 3000. Un segundo Ferrari 3500, pilotado por Eugenio Castellotti, chegou en terceiro lugar. O equipo Ferrari gañou oito puntos no Campionato do Mundo de 1957.[2] No mesmo ano gañou o Grand Prix de la Marne. De la Marne tampouco formaba parte do Campionato de Pilotos, Musso con todo terminou terceiro na clasificación xeral da tempada.
Morte
editarMusso resultou ferido mortalmente nun accidente durante o Gran Premio de Francia de 1958 en Reims, Francia cando o Ferrari precipitouse fóra da pista na 10ª volta das 50 da carreira.[3] Mentres perseguía ao líder, Mike Hawthorn seu compañeiro en Ferrari, perdeu o control do seu Ferrari na grande curva do Calvario e saiuse da pista a 250 km/h., golpeou unha gabia e deu un salto mortal. Hawthorn[4] gañou a carreira. Musso foi trasladado en helicóptero a un hospital con feridas mortais na cabeza e morreu máis tarde, ese mesmo día.
Rivalidade con Hawthorn e Collins
editarMoitos anos logo da morte de Peter Collins, Fiamma Breschi, a noiva de Luigi Musso no momento da súa morte, revelou a natureza da rivalidade entre Collins e Hawthorn co seu compañeiro de Ferrari o piloto Luigi Musso no documental de televisión, A vida secreta de Enzo Ferrari. Breschi recordou que o antagonismo entre Musso e os dous pilotos ingleses alentou aos tres a tomar máis riscos dos debidos:
"Os ingleses (Hawthorn e Collins) tiñan un acordo", dixo ela. "Se calquera deles gañaba, compartían as ganancias por igual. Eran eles dous contra Luigi, que non formaba parte do acordo. A unión facía a forza, e uníronse na súa contra. Este antagonismo era en realidade favorable e non prexudicial para Ferrari. Canto máis rápido ían os pilotos, máis probable era que gañara un Ferrari."
Breschi contou que Musso tiña débedas no momento da súa morte, e o diñeiro por gañar o Gran Premio de Francia de 1958 (tradicionalmente o maior premio monetario da época), era moi importante para el. Logo de visitar o mortalmente ferido Musso no hospital, Breschi devolta no seu hotel, foi informada co resto do equipo Ferrari polo director do equipo, que esa tarde Musso morrera.[5]
A finais dese ano, Collins e Hawthorn tamén morreron, e Breschi non puido reprimir un sentimento de liberación. "Eu odiábaos", dixo ela, "en primeiro lugar porque era consciente de certos feitos que non estaban ben, e tamén porque cando saín do hospital e regresei ao hotel, atopeinos na praza do hotel, rindo e xogando un partido de fútbol cunha lata de cervexa baleira. Así que cando morreron, tamén, foi liberador para min. Pola contra tería sentimentos desagradables cara a eles para sempre. Deste xeito puiden atopar un sentimento de paz".[6]
Logros na súa carreira
editarDurante a súa carreira na F1, Luigi Musso gañou un Gran Premio do Campionato Mundial, logrou 7 podios, e anotou un total de 44 puntos no campionato.
Resultado completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1953 | Officine Alfieri Maserati | Maserati A6GCM | Maserati Straight-6 | ARX |
500 |
NED |
BEL |
FRA |
RU |
ALE |
SUI |
ITA 7 † |
NC | 0 | ||
1954 | Officine Alfieri Maserati | Maserati A6GCM/250F |
Maserati Straight-6 | ARX NTS |
500 | BEL | FRA | RU | ALE | SUI | 8º | 6 | ||||
Maserati 250F | ITA Ret |
ESP 2 |
||||||||||||||
1955 | Officine Alfieri Maserati | Maserati 250F | Maserati 6 en liña | ARX 7 ‡ |
MON Ret |
500 | BEL 7 |
NED 3 |
RU 5 |
ITA Ret |
10º | 6 | ||||
1956 | Scuderia Ferrari | Lancia D50 | Ferrari V8 | ARX 1 * |
MON Ret |
500 | BEL | FRA | RU | ALE Ret |
ITA Ret |
11º | 4 | |||
1957 | Scuderia Ferrari | Lancia D50A | Ferrari V8 | ARX Ret |
MON | 500 | 3º | 16 | ||||||||
Ferrari 801 | FRA 2 |
RU 2 |
ALE 4 |
PES Ret |
ITA 8 |
|||||||||||
1958 | Scuderia Ferrari | Ferrari Dino 246 | Ferrari V6 | ARX 2 |
MON 2 |
NED 7 |
500 | BEL Ret |
FRA Ret |
RU | ALE | POR | ITA | MOR | 8º | 12 |
- † Indica unidade compartida con Sergio Mantovani.
- ‡ Indica unidade compartida con Sergio Mantovani e Harry Schell.
- * Indica unidade compartida con Juan Manuel Fangio.
Notas
editar- ↑ Fangio Captures Dutch Grand Prix, Long Beach Independent, June 20, 1955, Page 15.
- ↑ Ferraris Nip Maserati, Lima, Ohio News, January 21, 1957, Page 19.
- ↑ Luigi Musso Is Killed In Race Crash, Fresno Bee Republican, July 7, 1958, Page19
- ↑ Hawthorn in Race Victory, Los Angeles Times, July 7, 1958, Page C4
- ↑ Williams, Richard, Richard Williams Talks to Fiamma Breschi, the Woman Behind Enzo Ferrari, The Guardian, 22 January 2004
- ↑ Williams, Richard, Richard Williams Talks to Fiamma Breschi, the Woman Behind Enzo Ferrari, The Guardian, 22 January 2004
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luigi Musso |