Eugenio Castellotti
Eugenio Castelloti | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
---|---|
Anos en activo | 1955-1957 |
Escudería(s) | Lancia, Ferrari |
Grandes Premios disputados | 14 |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 0 |
Podios | 3 |
Pole positions | 1 |
Voltas rápidas | 0 |
Primeiro GP | Gran Premio da Arxentina de 1955 |
Derradeiro GP | Gran Premio da Arxentina de 1957 |
Eugenio Castellotti, nado en Lodi o 10 de outubro de 1930 e finado en Módena o 14 de marzo de 1957, foi un piloto italiano de Fórmula 1.
Traxectoria Editar
Logo de asinar pola Scuderia Ferrari participou en 14 Grandes Premios do Campionato Mundial, debutando o 16 de xaneiro de 1955. Logrou unha pole position, e tres podios, e anotou un total de 19´5 puntos nos campionatos.
Tamén participou en varias carreiras fora do campionato de Fórmula Un. Castellotti gañou en marzo de 1956 as 12 Horas de Sebring en Sebring, Florida. Seguiu a este triunfo a vitoria na carreira das Mille Miglia en Brescia e o Gran Premio de autos deportivos en Ruán.[1]
Nacido nunha familia acomodada do norte de Italia, adquiriu un Ferrari á idade de vinte anos e comezou nas carreiras deportivas en 1952. Castellotti era coñecido polo seu estilo e a súa roupa a medida, deseñada por Delia Scala, modista, bailarina e actriz italiana coa que mantiña unha relación sentimental, e á que axudou a promocionar os seus deseños.
Morte Editar
Morreu con tan só 26 anos de idade durante unha sesión de probas privadas de Ferrari no Autódromo de Módena.[2] Castellotti estaba probando un novo Ferrari para a tempada de 1957.[3] Estrelouse nunha curva do Autódromo e o seu corpo foi lanzado a 91 m.. Acababan de decirlle que acelerara a súa velocidade para poder promediar os 137 km/h. O coche deu varias voltas de campá e terminou no muro dos espectadores. Ninguén máis resultou ferido. Os médicos dixeron que Castellotti morreu instantaneamente dunha fractura de cranio.
Legado Editar
Catro anos máis tarde, outro piloto italiano, Giulio Cabianca, o mellor amigo de Castellotti, estrelouse fatalmente no mesmo Autódromo. Castellotti foi considerado como o mellor piloto italiano desde Alberto Ascari, que morreu probando un auto o 26 de maio de 1955.
Vitorias importantes:
- Mille Miglia
- 12 Hours de Sebring
- Sicily Gold Cup
- Circuíto di Senigallia
- Gran Premio de Portugal
- 1000 km de Bos Aires
Resultado completos na Fórmula Un Editar
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1955 | Scuderia Lancia | Lancia D50 | Lancia DS50 2.5 V8 | ARX Ret |
MON 2 |
500 | BEL Ret |
3º | 12 | ||||
Scuderia Ferrari | Ferrari 625 | Ferrari 107 2.5 L4 | NED 5 |
RU 6 |
|||||||||
Ferrari 555 | Ferrari 106 2.5 L4 | ITA 3 |
|||||||||||
1956 | Scuderia Ferrari | Lancia Ferrari D50 | Lancia Ferrari DS50 2.5 V8 | ARX Ret |
MON 4 |
500 | BEL Ret |
FRA 2 |
RU 10 |
ALE Ret |
ITA 8 |
6º | 7´5 |
1957 | Scuderia Ferrari | Lancia Ferrari 801 | Lancia Ferrari DS50 2.5 V8 | ARX Ret |
MON | 500 | FRA | RU | ALE | PES | ITA | NC | 0 |
Notas Editar
- ↑ Castellotti, Ace Italian Driver, Killed Testing New Racing Car, New York Times, March 15, 1957, Page 29
- ↑ Eugenio Castellotti www.grandprix.com Retrieved 15 February 2007.
- ↑ Memoirs of Enzo Ferrari's Lieutenant by Franco Gozzi p.58
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eugenio Castellotti |