Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1957
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1957 foi o oitavo campionato anual de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 8 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 13 de xaneiro, e finalizou o 8 de setembro. Juan Manuel Fangio gañou o seu cuarto título consecutivo, o quinto da súa carreira.
Tipo | Fórmula 1 |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Número de participantes | 76 |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 13 de xaneiro de 1957 – 8 de setembro de 1957 |
Número de edición | 8 (1957) |
Competición | |
Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 | Juan Manuel Fangio |
Datos estatísticos | |
Carreires | 8 |
Resumo
editarFangio decidiu de novo cambiar de equipo, uníndose a Maserati antes do inicio da tempada. O equipo de Ferrari, con Peter Collins, Eugenio Castellotti e a volta de Mike Hawthorn, non gañou unha carreira. Castellotti e Alfonso de Portago morreron en accidentes, facendo deste ano un verdadeiro desastre para Ferrari.
O home ao que substitúe Fangio en Maserati, Stirling Moss, trasladouse a Vanwall, o equipo revelación. Entre Fangio e Moss gañaron todos os Grandes Premios da tempada, agás Indianápolis, catro vitorias de Fangio por tres de Moss.
Os puntos do campionato eran entregados ás 5 primeiras posicións (8, 6, 4, 3, 2). Ademais dábase 1 punto extra pola volta máis rápida. Para o campionato do mundo só contaban os mellores cinco resultados das oito carreiras. É preciso ter en conta que nos coches compartidos os puntos dividíanse en partes iguais entre os pilotos, sen importar cantas voltas dera cada condutor ao volante.
Ao final do ano anunciouse que Fangio non regresaría na seguinte tempada. Maserati tamén se retirou, alegando razóns económicas. Este foi tamén o último ano no que se outorgaron puntos para as unidades compartidas.
Calendario de Grandes Premios
editarEquipos e pilotos
editarOs seguintes equipos e pilotos competiron no Campionato Mundial de Pilotos de 1957. A lista non inclúe aqueles equipos que só participaron nas 500 Millas de Indianápolis.
- O fondo rosa sinala os equipos de F2 no Gran Premio de Alemaña
Clasificación do Mundial de Construtores de 1957
editarO primeiro Campionato de Construtores non foi disputado ata 1958.
Clasificación do Mundial de Pilotos de 1957
editar
|
|
- * Volta rápida (1 punto)
- † Posición compartida entre os condutores do mesmo auto
- Só os 5 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son puntos do campionato, os números entre paréntese son puntuación total obtida.
Notas
editarVéxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1957 |