Gilby Engineering
Nome completo | Gilby Engineering |
---|---|
Bandeira | Reino Unido |
Baseada en | Inglaterra |
Tempadas en activo | 8 (1954-1957, 1959-1962) |
Número de pilotos | Roy Salvadori Ivor Bueb Keith Greene |
Debut | Gran Premio de Francia de 1954 |
Carreiras | 12 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | 0 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Italia de 1962 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Gilby Engineering foi un equipo de carreiras de motor e máis tarde construtor de coches de carreiras do Reino Unido. O equipo competiu en 12 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1, incluíndo 6 cos coches de construción propia, pero non anotou ningún punto do campionato do mundo. Os coches de Gilby foron construídos por Syd Greene para que os pilotase o seu fillo Keith. Previamente correran cun Maserati 250F para Roy Salvadori e Ivor Bueb e tamén cun Cooper para Greene Jr.. Keith Greene máis tarde fíxose famoso como xerente dun equipo de Fórmula Un e nas carreiras de autos deportivos. Gilby fixo o seu debut no Gran Premio de Francia de 1954 co Maserati, para Salvadori, quen tamén pilotou para o equipo en 1955 e 1956, e a última carreira do equipo foi o Gran Premio de Italia de 1962. Despois de que o equipo deixou de competir na Fórmula Un, o último coche de Gilby comprouno o piloto privado Ian Raby e participou en tres carreiras en 1963.[1] Keith Greene logrou un terceiro lugar na clasificación na carreira fóra de campionato do Gran Premio de Nápoles de 1962, cun coche con motor BRM, detrás dos Ferrari oficiais de Willy Mairesse e Lorenzo Bandini.[2]
Resultados Completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Chasis | Motor | Pneu. | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | Puntos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1954 | Maserati 250F | Maserati I6 | P | ARX | 500 | BEL | FRA | GBR | ALE | SUI | ITA | ESP | -[3] | n/a[3] | ||
Roy Salvadori | Ret | Ret | ||||||||||||||
1955 | Maserati 250F | Maserati I6 | P | ARx | MON | 500 | BEL | NED | GBR | ITA | -[3] | n/a[3] | ||||
Roy Salvadori | Ret | |||||||||||||||
1956 | Maserati 250F | Maserati I6 | P | ARX | MON | 500 | BEL | FRA | GBR | ALE | ITA | -[3] | n/a[3] | |||
Roy Salvadori | Ret | Ret | 11 | |||||||||||||
1957 | Maserati 250F | Maserati I6 | P | ARX | MON | 500 | FRA | GBR | ALE | PES | ITA | -[3] | n/a[3] | |||
Ivor Bueb | NC | |||||||||||||||
1959 | Cooper T43 | Climax L4 | ? | MON | 500 | NED | FRA | GBR | ALE | POR | ITA | USA | -[3] | n/a[3] | ||
Keith Greene | NSC | |||||||||||||||
1960 | Cooper T45 | Maserati L4 | ? | ARX | MON | 500 | NED | BEL | FRA | GBR | POR | ITA | USA | -[3] | n/a[3] | |
Keith Greene | Ret | |||||||||||||||
1961 | Gilby 1961 | Climax L4 | D | MON | NED | BEL | FRA | GBR | ALE | ITA | USA | 0 | NC | |||
Keith Greene | 15 | |||||||||||||||
1962 | Gilby 1962 | BRM V8 | D | NED | MON | BEL | FRA | GBR | ALE | ITA | USA | RSA | 0 | NC | ||
Keith Greene | Ret | NSC |
Outros coches Gilby
editar(key)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | Pneu. | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1963 | Ian Raby | Gilby | BRM V8 | D | MON | BEL | NED | FRA | GBR | ALE | ITA | USA | MEX | RSA | |
Ian Raby | Ret | NSC | NSC |
Notas
editar- ↑ Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 307. ISBN 0851127029.
- ↑ Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 165. ISBN 0851127029.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 Gilby non competíu como construtor