Gran Premio de Mónaco de 1959
O Gran Premio de Mónaco de 1959 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada no Circuíto de Mónaco o 10 de maio de 1959. Foi a primeira carreira da tempada de Fórmula Un de 1959. Foi o 17º Gran Premio de Mónaco. A carreira tiña máis de 100 voltas ao circuíto de tres quilómetros cunha distancia de 315 quilómetros.
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 1 de 9 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1959. | ||
![]() Trazado do circuíto de Mónaco. | ||
Data | 10 de maio de 1959 | |
Nome oficial | XVII Gran Premio de Mónaco | |
Localización | Circuíto de Mónaco Monte Carlo, Principado de Mónaco | |
Percorrido | Circuíto urbano 3´145 km | |
Distancia | 100 voltas, 314´5 km | |
Clima | Caloroso despexado | |
Pole position | ||
Piloto | ![]() |
Cooper-Climax |
Tempo | 1:39.6 | |
Volta rápida | ||
Piloto | ![]() |
Cooper-Climax |
Tempo | 1:40.4 | |
Podio | ||
Primeiro | ![]() |
Cooper-Climax |
Segundo | ![]() |
Ferrari |
Terceiro | ![]() |
Cooper-Climax |
A carreira foi gañada polo piloto australiano Jack Brabham pilotando un Cooper T51 do equipo de fábrica de Cooper Car Company. Foi a primeira vitoria de Brabham, un futuro triplo campión do mundo. Foi a primeira vitoria nun Gran Premio do Campionato Mundial dun piloto australiano. Tamén foi a primeira vitoria para o equipo oficial de Cooper, aínda que Cooper xa gañara carreiras antes baixo a escudería de Rob Walker Racing Team. Brabham terminou 20 segundos por diante do piloto británico Tony Brooks que pilotaba un Ferrari 246. Cunha volta menos foi terceiro o Cooper T51 do piloto francés gañador do Gran Premio de Mónaco de 1958 Maurice Trintignant do equipo Rob Walker Racing.
Clasificación editar
Posicións logo da carreira editar
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Marrocos de 1958 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1959 |
Carreira seguinte: 500 Millas de Indianápolis de 1959 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1958 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1960 |
Notas editar
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Mónaco de 1959 |