Bruce McLaren

Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Nova Zelandia Nova Zelandia
Anos en activo 1958-1970
Escudería(s) Cooper, McLaren, Eagle
Grandes Premios disputados 104 (100 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 4
Podios 27
Pole positions 0
Voltas rápidas 3
Primeiro GP Gran Premio de Alemaña de 1958
Primeira vitoria Gran Premio dos Estados Unidos de 1959
Derradeira vitoria Gran Premio de Bélxica de 1968
Derradeiro GP Gran Premio de Mónaco de 1970

Bruce Leslie McLaren, nado en Auckland o 30 de agosto de 1937 e finado en Inglaterra o 2 de xuño de 1970, foi un deseñador de coches de carreiras, piloto, enxeñeiro e inventor neozelandés.

O seu nome pervive no equipo McLaren que é un dos máis exitosos na historia do campionato da Fórmula Un, cos pilotos e coches de McLaren gañando doun total de 20 campionatos do mundo. Os coches de McLaren dominaron por completo a CanAm con 56 vitorias, un número considerable deles con el ao volante, entre 1967 e 1972 (e cinco campionatos de construtores), e gañou tres carreiras das 500 Millas de Indianápolis, así como as 24 Horas de Le Mans e as 12 Horas de Sebring.

Traxectoria editar

McLaren asistiu a Escola Primaria de Meadowbank. Como neno de nove anos, contraeu a síndrome de Legg-Calvé-Perthes, ou Necrose Avascular da Cabeza do Fémur na cadeira que deixou a súa perna esquerda máis curta que a dereita, que lle deixou unha leve coxeira.

Os seus pais, Les e Ruth McLaren, eran donos dunha estación de servizo e un taller en Upland Road, Remuera, Auckland. Bruce pasou todas as súas horas libres dando voltas no taller.

Les McLaren restaurou un vello Austin 7 Ulster, de 14 anos de idade, Bruce o utilizou en 1952, cando participou na súa primeira competición, unha subida. Dous anos máis tarde participou na súa primeira carreira de verdade e mostrouse como unha promesa. El cambiou o Austin por Ford 10 especial e un Austin-Healey, e logo un F2 Cooper-Climax deportivo. Inmediatamente comezou a modificalo e melloralo, a tal punto que foi subcampión na serie 1957-8 no campionato de Nova Zelandia.

Andaina como piloto editar

A súa actuación no Gran Premio de Nova Zelandia en 1958 foi sinalada polo gran piloto australiano Jack Brabham (que máis tarde invitaría a McLaren a pilotar para el). Debido ao seu evidente potencial a organización do New Zealand International Grand Prix elixiuno como seu "piloto en Europa" plan deseñado para dar a un piloto neozelandés prometedor todo un ano de experiencia cos mellores do mundo. McLaren foi o primeiro gañador, que sería seguido por outros máis adiante, incluíndo a Denny Hulme.

McLaren foi a Cooper e quedou sete anos. Competiu en F2 e inscribiuse no Gran Premio de Alemaña en Nürburgring no que os coches de F1 e F2 competiron xuntos. Asombrou ao mundo do motor ao quedar primeiro na F2 e quinto na xeral, cos mellores pilotos do mundo.

McLaren uniuse á fábrica do equipo Cooper de F1 xunto con Jack Brabham en 1959 e gañou o Gran Premio dos Estados Unidos de 1959 á idade de 22 anos e 80 días, converténdose no gañador máis novo do GP ata ese momento. Seguiu cunha vitoria no Gran Premio da Arxentina, a primeira carreira da tempada de Fórmula Un de 1960, e acabaría subcampión da tempada que gañou Brabham.

McLaren gañou o Gran Premio de Mónaco de 1962, terminando terceiro no campionato dese ano. Ao ano seguinte fundou Bruce McLaren Motor Racing Ltd, que permanece no campionato de Fórmula Un simplemente como equipo McLaren. McLaren seguiu a correr e gañar en Cooper (incluíndo o Gran Premio de Nova Zelandia de 1964).

McLaren deixou Cooper ao final de 1965, e anunciou o seu propio equipo de carreiras de GP, co co-piloto e compañeiro neozelandés Chris Amon. Amon deixouno en 1967 para pilotar para Ferrari. En 1968, McLaren estivo acompañado por outro colega neozelandés Denny Hulme, quen se converteu en campión do mundo en 1967 con Brabham. McLaren acadou o seu cuarto triunfo da súa carreira correndo co seu propio monopraza McLaren en Spa en 1968, logrando o equipo a primeira vitoria nun Gran Premio. Hulme gañou dúas veces co McLaren-Ford. O campionato de 1969 tamén foi un éxito, con McLaren terminando terceiro na clasificación a pesar de non lograr ningunha vitoria. En homenaxe á súa terra natal, os coches de McLaren presentaron o logotipo "speedy Kiwi".

Can-Am Series editar

Foi nas carreiras de autos deportivos de velocidade onde se demostrou o estilo de deseño de McLaren, e demostrou o enxeño de forma gráfica. Cando o Can-Am comezou a ser moi popular entre os afeccionados do Canadá e dos Estados Unidos de América, os novos coches de McLaren terminaron segundos en dúas ocasións, e o terceiros noutras dúas ocasións, en seis carreiras.

En 1967 gañaron cinco de seis carreiras e en 1968, catro de seis. Os McLaren ao ano seguinte resultaron inmellorables, gañando 11 de 11 carreiras. En dúas carreiras, terminaron 1º-2º-3º. (McLaren, Hulme e Mark Donohue).

En 1966 el e o seu copiloto Chris Amon gañaron a prestixiosa carreira das 24 Horas de Le Mans nun Ford GT40.

Carreira como construtor editar

Bruce era un piloto competitivo, pero de moitos aspectos o seu legado, o McLaren Racing Team, é un testemuño das súas habilidades como, analista, enxeñeiro e director que contribuíron moito ao éxito dos coches que levaban o seu nome. Cando Bruce estaba probando os primeiros coches deportivos de McLaren, ao saír dos pits decatouse de que o tapón do deposito de combustible estaba axitándose cara a arriba e cara a abaixo mentres conducía. O pensamento aerodinámico do momento era que debería ser premido máis firmemente no seu lugar cando a velocidade do coche aumentaba. No seu lugar, rebotaba máis vigorosamente cando aumenta a velocidade. Ao instante a súa frustración polo descoido cambiou e tivo unha visión. Ao deterse nos pits saltou do coche, correu cara a unha caixa de ferramentas mecánicas, agarrou un par de tesoiras e empezou a cortar a carrocería detrás do radiador. Subiu de novo no coche e de inmediato comezou a facer tempos de volta máis rápidos que antes.

Máis tarde, explicou, Eu fun o primeiro enfadado porque o tapón de enchido non fora ben pechadoa, pero logo empecei a preguntarme por que non estaba sendo premido polo fluxo de aire. A única resposta foi que tiña que haber unha fonte de presión de aire maior baixo del que sobre o mesmo. A partir dese período chegaron os "narices" que foron unha característica clave do deseño de McLaren, incluso no McLaren F1 de estrada, desde ese día.

Bruce McLaren, sinalou que os coches do seu equipo eran lixeiramente menos innovadores que os Coches Chaparral do piloto rival/deseñador Jim Hall, pero a súa fiabilidade foi recompensado con vitorias nas carreiras e no campionato. Moito tempo logo da súa morte esta cultura impúxose e cando Ron Dennis comprou o equipo viuse reforzada polas leccións aprendidas na súa carreira como mecánico de carreiras.

Morte editar

Bruce McLaren morreu aos 32 anos, cando o seu coche de Can-Am estrelouse na recta Lavant xusto antes da curva Woodcote no Circuíto de Goodwood en Inglaterra o 2 de xuño de 1970. El estaba pondo a proba o seu novo M8D cando a carrocería fallou a gran velocidade. A perda de carga aerodinámica desestabilizou o coche, que trompeou, saíu da pista e chocou contra un búnker.

Eoin Young sinalou que Bruce McLaren escribira virtualmente o seu propio epitafio no seu libro de 1964 Desde o Cockpit. Ao referirse á morte do seu compañeiro de equipo Timmy Mayer, McLaren escribira:

A noticia de que morrera ao instante foi un golpe terrible para todos nós, pero ¿quen pode dicir que el non ollara máis, fixera máis e aprendera máis nos seus poucos anos do que moitos en toda unha vida?

"Por facer algo así é polo que vale a pena morrer no intento de facelo mellor pero non se pode ser temerario. Sería perder o tempo non facer nada coas habilidades dun, pois sinto que a vida mídese no rendemento, non soamente en anos."

Legado editar

  • Bruce McLaren Intermediate Escola en West Auckland foi nomeada así logo da súa morte. Orixinalmente ía ser chamado Henderson Sur Intermediate.
  • No ano 2000 Motorsport Nova Zelandia e o Trust Prodrive crearon a "Bolsa Bruce McLaren" para axudar aos pilotos novos que destaquen en Nova Zelandia.
  • Incluído no New Zealand Sports Hall of Fame en 1990.
  • Incluído no International Motorsports Hall of Fame en 1991.
  • Incluído no Motorsports Hall of Fame of America en 1995.
  • O Bruce McLaren Trust, con sede en Auckland, Nova Zelandia, perpetúa a súa memoria e mantén un pequeno museo no piso onde Bruce creceu (encima dunha gasolineira en Remuera)
  • O 20 de xaneiro de 2007, na rolda de Nova Zelandia da A1 Grand Prix series, anunciouse que vaise rodar unha película sobre Bruce McLaren.[1]
  • O equipo Universidade de Auckland Fórmula SAE, utiliza o número 47 de darreiras de Bruce como o seu número de coche na memoria de Bruce.

Resultados completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 WDC Pts.
1958 Cooper Car Company Cooper T45 F2 Climax Straight-4 ARX
MON
NED
500
BEL
FRA
RU
ALE
5*
POR
ITA
MAR
12
NC 0*
1959 Cooper Car Company Cooper T45 F2 Climax Straight-4 MON
5
500
NED
16´5
Cooper T51 FRA
5
RU
3
ALE
Ret
POR
Ret
ITA
Ret
USA
1
1960 Cooper Car Company Cooper T51 Climax 4 en liña ARX
1
34 (37)
Cooper T53 MON
2
500
NED
Ret
BEL
2
FRA
3
RU
4
POR
2
ITA
USA
3
1961 Cooper Car Company Cooper T55 Climax V8 MON
6
NED
12
BEL
Ret
FRA
5
RU
8
ALE
6
ITA
3
USA
4
11
1962 Cooper Car Company Cooper T60 Climax V8 NED
Ret
MON
1
BEL
Ret
FRA
4
RU
3
ALE
5
ITA
3
USA
3
RSA
2
27 (32)
1963 Cooper Car Company Cooper T66 Climax V8 MON
3
BEL
2
NED
Ret
FRA
12
RU
Ret
ALE
Ret
ITA
3
USA
11
MEX
Ret
RSA
4
17
1964 Cooper Car Company Cooper T66 Climax V8 MON
Ret
13
Cooper T73 NED
7
BEL
2
FRA
6
RU
Ret
ALE
Ret
AUT
Ret
ITA
2
USA
Ret
MEX
7
1965 Cooper Car Company Cooper T73 Climax V8 RSA
5
10
Cooper T77 MON
5
BEL
3
FRA
Ret
RU
10
NED
Ret
ALE
Ret
ITA
5
USA
Ret
MEX
Ret
1966 Bruce McLaren Motor Racing McLaren M2B Ford V8 MON
Ret
USA
5
MEX
Ret
16º 3
Serenissima V8 BEL
DNS
FRA
RU
6
NED
DNS
ALE
ITA
1967 Bruce McLaren Motor Racing McLaren M4B BRM V8 RSA
MON
4
NED
Ret
BEL
14º 3
Anglo American Racers Eagle T1G Weslake V12 FRA
Ret
RU
Ret
ALE
Ret
Bruce McLaren Motor Racing McLaren M5A BRM V12 CAN
7
ITA
Ret
USA
Ret
MEX
Ret
1968 Bruce McLaren Motor Racing McLaren M7A Cosworth V8 RSA
ESP
Ret
MON
Ret
BEL
1
NED
Ret
FRA
8
RU
7
ALE
13
ITA
Ret
CAN
2
USA
6
MEX
2
22
1969 Bruce McLaren Motor Racing McLaren M7A Cosworth V8 RSA
5
26
McLaren M7C ESP
2
MON
5
NED
Ret
FRA
4
RU
3
ALE
3
ITA
4
CAN
5
USA
NTS
MEX
DNS
1970 Bruce McLaren Motor Racing McLaren M14A Cosworth V8 RSA
Ret
ESP
2
MON
Ret
BEL
NED
FRA
RU
ALE
AUT
ITA
CAN
USA
MEX
14º 6

* McLaren non puido puntuar no Gran Premio de Alemaña de 1958 porque pilotaba un coche de Fórmula 2.

Resultados nas carreiras Non de campionato editar

(Chave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21
1961 LOM GLV PAU BRX
2
VIE AIN
2
SYR
WD
NAP LON SIL
Ret
SOL
4
KAN DAN MOD FLG OUL
3
LEW VAL RAN NAT RSA
1962 CAP BRX LOM LAV
1
GLV
2
PAU AIN
2
INT
5
NAP MAL CLP
3
RMS
1
SOL KAN MED DAN OUL
Ret
MEX
Ret
RAN NAT
1963 LOM
4
GLV
2
PAU IMO SYR AIN
5
INT
2
ROM SOL KAN MED AUT OUL
6
RAN
1964 DMT
3
NWT
Ret
SYR AIN
Ret
INT
15
SOL MED RAN
1965 ROC
5
SYR SMT
4
INT
6
MED RAN
1967 ROC
Ret
SPR
5
INT
5
SYR OUL ESP
1968 ROC
1
INT
2
OUL
1969 ROC
Ret
INT
6
MAD OUL
1970 ROC
Ret
INT
4
OUL

Notas editar

  1. "McLaren film is launched". Grandprix.com. 19 January 2007. Consultado o 2007-01-20. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • From the Cockpit de Bruce McLaren
  • Bruce McLaren: Racing Car Constructor de George Begg
  • McLaren - The Man, Cars & Team de Eoin Young
  • Eoin Young's McLaren Book
  • The Last Season - The Life of Bruce McLaren de Jeanne Beeching
  • The Golden Era of New Zealand Motor Racing de Graham Vercoe

Unha lista de volumes adicionais pódese ver en https://web.archive.org/web/20120407121424/http://www.bruce-mclaren.com/about-bruce-mclaren/historical-books.html.

Ligazóns externas editar