Joakim Bonnier
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Joaquín "Jo" Bonnier (nado en Estocolmo, Suecia o 31 de xaneiro de 1930 e finado en Le Mans, Francia o 11 de xuño de 1972) foi un piloto sueco de Fórmula 1 que competiu en varios equipos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xaneiro de 1930 Estocolmo, Suecia |
Morte | 11 de xuño de 1972 (42 anos) Le Mans, Francia |
Lugar de sepultura | Lidingö kyrkogård (en) |
Educación | Universidade de Oxford |
Actividade | |
Ocupación | piloto de motociclismo, piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un |
Nacionalidade deportiva | Suecia |
Deporte | Motociclismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Familia | |
Pai | Gert Bonnier |
Descrito pola fonte | Q21586309 , (sec:BONNIER, J K JOAKIM, p.184) Vem är det 1963 (en) , (sec:Bonnier, J K Joakim, p.145) Vem är det 1967 (en) , (sec:Bonnier, J K Joakim, p.121) |
Primeiros anos
editarJo Bonnier naceu en Djurgården, Estocolmo, no seo da rica familia Bonnier. Falaba seis idiomas. Os seus pais esperaban que fora médico. O seu pai, Gert, foi profesor de xenética na Universidade de Estocolmo. Moitos membros da súa numerosa familia estaban no negocio editorial, e foi a súa aspiración unirse a eles durante un tempo. Asistiu á Universidade de Oxford durante un ano, estudou idiomas. A continuación, marchou a París, Francia pensando en aprender sobre o negocio editorial.
Primeira competición
editarBonnier comezou a competir nas carreiras en Suecia aos 17 anos, nunha vella motocicleta Harley-Davidson. Regresou a casa a Suecia en 1951 logo da súa viaxe a París. Participou en varios rallies como o orgulloso propietario dun Simca.[1]
Fórmula Un
editarBonnier entrou na Fórmula Un en 1956 cun Maserati. A carreira deportiva de Bonnier case terminou en setembro de 1958 nunha carreira en Imola, preto de Modena. Debutou nun Maserati 1500 e correu a través da pista logo dun mal comezo. Bonnier pasou a Luigi Musso e foi sacando ao líder Eugenio Castellotti ao redor de dous segundos por volta. Bonnier perdeu o control cando outro automóbil parou diante de el, mentres negociaba unha curva rápida. O seu Maserati golpeou unha roca grande no bordo da estrada e catapultouno. O outro condutor pasou por debaixo del mentres viraba unha e outra vez no aire. Mentres estaba boca abaixo o casco do seu competidor púxose en contacto co seu. O Maserati de Bonnier aterrou de costado antes de derrapar 75 metros e dirixirse a unha gabia, onde se detivo contra un poste. Bonnier foi lanzado fóra do coche. Sufriu unha conmoción cerebral, varias costelas rotas e unha vértebra rota. Nada quedaba do seu coche a parte dunha chea de chatarra fumeante.
O seu maior logro na F1 foi a vitoria lograda para BRM no Gran Premio dos Países Baixos de 1959 en Zandvoort, cando o seu moi pouco fiable coche funcionou ben por unha vez (Dan Gurney e Hans Herrmann tiveron accidentes logo de fallarlles os freos). Tamén gañou o Gran Premio de Alemaña de 1960 cun Porsche 718, unha carreira celebrada en Fórmula 2. Bonnier foi un dos impulsores da Asociación de Pilotos de Grandes Premios.
Malia a súa vitoria para BRM, Bonnier non pilotou en moitos equipos de fábrica en toda a súa carreira, cunhas participacións illadas como piloto substituto en Lotus, Brabham e Honda. Tralo seu debut nun Maserati de fábrica, logo conduciu á súa propia escudería Joakim Bonnier Team Racing e para a Scuderia Centro Sud de Mimmo Dei nos últimos anos da década dos 50, antes de atopar un lugar nos equipos BRM e Porsche.
Logo de que Porsche deixara os Grandes Premios a final da tempada 1962 de Fórmula Un, Bonnier marchou a Rob Walker Racing Team, o único equipo privado que anotara vitorias en probas do Mundial, onde pilotou Coopers e Brabhams, anotando algúns puntos.
En 1966 refundou o seu propio equipo como Anglo-Suisse Racing Team (que máis tarde sería renomeado como Ecurie Bonnier), pero o seu interese na F1 diminúe gradualmente. A súa última tempada completa foi a de 1968, no que cambiou o seu vello Cooper T86 por un vello McLaren. Correu en ocasionalmente na F1 ata 1971.
En 1966, xunto cos pilotos estadounidenses Phil Hill, Richie Ginther e Carroll Shelby, foi o asesor de carreiras da famosa película Grand Prix protagonizada por James Garner. Todas as persoas mencionadas (incluíndo Garner, que fixo toda á súa propia condución) foron empregados como pilotos das escenas de carreiras. Durante a rodaxe no Gran Premio de Bélxica de 1966 no circuíto de Spa-Francorchamps, Bonnier, xunto con máis da metade dos participantes, incluíndo Jackie Stewart, Bob Bondurant, Graham Hill e Denny Hulme, estreláronse na primeira volta da carreira. Segundo Phil Hill, Bonnier pasou por un espazo á beira da pista e non puido participar no rodaxe posterior no circuíto.
Carreiras de Coches Deportivos
editarAdemais de F1, Bonnier tamén participou en moitas carreiras de autos deportivos. Gañou a Targa Florio de 1960, co-pilotando un Porsche 718 de fábrica con Hans Herrmann, e en 1962 cun Ferrari 250 TRI patrocinado polo Conde Giovanni Volpi acadou os máximos honores nas 12 Horas de Sebring, compartindo o coche con Lucien Bianchi. En 1963 foi unha vez máis gañador na Targa Florio, con Carlo Mario Abate noutro Porsche 718 de fábrica.
1964 foi o seu mellor ano no automobilismo, onde co-pilotando un Ferrari P patrocinado por Maranello Concessionaires con Graham Hill, logrou cun 330P o segundo lugar nas 24 Horas de Le Mans e unha vitoria en Montlhéry, na carreira de 12 horas de Reims tamén logrou o primeiro lugar nun 250LM.
Logo gañou os 1000 quilómetros Nürburgring nun Chaparral en 1966 (con Phil Hill), a súa última vitoria nun grande evento deportivo, pero aínda logrou vitorias menores, os 1.000 quilómetros de Barcelona en Montjuïc en 1971 (con Ronnie Peterson) e as 4 horas de Le Mans en 1972 (con Hughes de Fierlant).
Bonnier comprou un McLaren M6B para facer a campaña nas Can-Am series de 1968. Na primeira saída no GP Karlskoga en Suecia, Bonnier tiña a pole, pero unha excursión fóra da pista na primeira volta levoulle a terminar segundo tras David Piper nun Ferrari 330P3 / 4. Logo correu co seu McLaren en cinco das seis carreiras Can-Am, o seu mellor resultado un oitavo en Las Vegas.[2] El estivo repleto de problemas mecánicos a maioría da tempada. Con todo, terminou terceiro no M6B na carreira das 200 millas do Monte Fuji.[3]
A principios dos anos setenta, tomou á dirección do seu equipo, presentando varios coches nas carreiras do Campionato do Mundo Sportscar quedando nun segundo plano como piloto. Tamén foi dos primeiros na loita pola seguridade nas pistas, que comezara nesa época. Con todo, viuse involucrado nun accidente na recta entre Mulsanne e a curva Indianápolis en Le Mans en 1972, cando o seu convertible Lola - Cosworth T280 colisionó cun Ferrari Daytona pilotado por un piloto suízo afeccionado Florian Vetsch. O seu coche foi catapultado ás árbores e matouse. O piloto Vic Elford viu o Ferrari ardendo furiosamente, sacou o seu Alfa Romeo Tipo 33 cara ao lado dereito da pista e correu a través da pista ata o Ferrari, abrindo a porta, tratando de sacar a Vetsch. Pero Vetsch xa saíra do coche e estaba no lado da pista onde Elford estacionara o seu Alfa. Elford viu Vetsch e logo viu os restos do Lola amarelo de Bonnier no bosque á beira da pista. Segundo Elford, o último que viu do Lola de Bonnier era que estaba "dando voltas nas árbores como un helicóptero". Máis tarde Elford entregou o seu Alfa a Helmut Marko, pero a caixa de cambios gripou e retirouse da carreira. Elford máis tarde dixo que "foi a primeira vez na miña carreira deportiva que alégrome de que o meu coche rompera."
Morte
editarBonnier morreu nun accidente nas 24 Horas de Le Mans de 1972 no que o seu coche de carreiras Lola golpeou unha barreira e o auto doutro competidor antes de golpear contra as árbores do lado da pista, morrendo instantaneamente.[4][5]
Resultados Completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
- Bonnier foi 6º no Gran Premio de Alemaña de 1967 pero otrogaronlle os puntos do quinto lugar porque os pilotos de F2 que competiron na mesma carreira non eran elixibles para gañar puntos.
Resultados nas carreiras non de campionato
editar(Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida)
Notas
editar- ↑ Bonnier Seeks Grand Prix Win, Los Angeles Times, October 9, 1962, Page B2.
- ↑ "1968 Can-Am Stardust Grand Prix, Las Vegas". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2009. Consultado o 17 de maio de 2013.
- ↑ "1968 Fuji 200 World Challenge Cup". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2007. Consultado o 17 de maio de 2013.
- ↑ Unique Cars and Parts. Retrieved 2013-02-03.
- ↑ IMDB. Retrieved 2013-02-03.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joakim Bonnier |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |