Gran Premio do Reino Unido de 1961

O Gran Premio do Reino Unido de 1961 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 15 de xullo de 1961 no circuíto de Aintree, Liverpool, Inglaterra. Foi a quinta carreira do Campionato do Mundo da tempada de 1961 de Fórmula Un.

Modelo:Competición deportivaGran Premio do Reino Unido de 1961
Nome oficialXIV RAC British Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio do Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1961 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento75 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Aintree (Aintree (pt) Traducir) 53°28′37″N 2°56′26″O / 53.4769, -2.9406 Editar o valor en Wikidata
PaísReino Unido Editar o valor en Wikidata
Data15 de xullo de 1961 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoWolfgang von Trips Editar o valor en Wikidata
Pole positionPhil Hill Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaTony Brooks Editar o valor en Wikidata

Informe

editar

Logo dun fin de semana húmido, con choivas torrenciais na cualificación e no inicio da carreira, o Gran Premio foi dominado finalmente por Scuderia Ferrari, cos seus pilotos que fixeron pleno no podio. A carreira foi gañada polo alemán Wolfgang von Trips, quen liderara durante gran parte da carreira logo de saír desde a cuarta posición. Esta foi a segunda e última vitoria de von Trips nun Gran Premio, dúas carreiras máis tarde morreu nun accidente durante o Gran Premio de Italia de 1961. O gañador da pole position, Phil Hill logrou o segundo lugar, no seu camiño para gañar o campionato do mundo de pilotos ao final da tempada, e o terceiro lugar foi para o seu compatriota estadounidense Richie Ginther .

O GP de Gran Bretaña 1961 tamén pasou á historia por ser a primeira ocasión en que participou un coche con tración ás catro rodas, e o último no que un coche con motor dianteiro inscribiuse nunha carreira do Campionato do Mundo. Estes dous logros foron alcanzados polo mesmo vehículo: o experimental Ferguson P99 - Climax do equipo Rob Walker Racing Team. Aínda que o coche foi descualificado por recibir asistencia na pista, en mans de Stirling Moss, que se fixo cargo do coche de Jack Fairman logo de que a seú Lotus falláranlle os freos, mostrou certa promesa de futuro. Desafortunadamente para Moss, o GP de Gran Bretaña de 1961 marcou tamén a última ocasión na que o heroe local correría un Gran Premio en casa, xa que retirouse da Fórmula 1 logo dun accidente durante unha carreira fóra de campionato antes da tempada de 1962.

Clasificación

editar
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 4   Wolfgang von Trips Ferrari 75 2:40:53.6 4 9
2 2   Phil Hill Ferrari 75 +46.0 segs 1 6
3 6   Richie Ginther Ferrari 75 +46.8 segs 2 4
4 12   Jack Brabham Cooper-Climax 75 +1:08.6 9 3
5 8   Jo Bonnier Porsche 75 +1:16.2 3 2
6 36   Roy Salvadori Cooper-Climax 75 +1:26.2 13 1
7 10   Dan Gurney Porsche 74 +1 volta 12
8 14   Bruce McLaren Cooper-Climax 74 +1 volta 14
9 22   Tony Brooks BRM-Climax 73 +2 voltas 6
10 16   Innes Ireland Lotus-Climax 72 +3 voltas 7
11 42   Masten Gregory Cooper-Climax 71 +4 voltas 16
12 60   Lorenzo Bandini Cooper-Maserati 71 +4 voltas 21
13 50   Tony Maggs Lotus-Climax 69 +6 voltas 24
14 44   Ian Burgess Lotus-Climax 69 +6 voltas 25
15 54   Keith Greene Gilby-Climax 69 +6 voltas 26
16 56   Carel Godin de Beaufort Porsche 69 +6 voltas 18
17 52   Wolfgang Seidel Lotus-Climax 58 +17 voltas 22
Ret 18   Jim Clark Lotus-Climax 62 Fuga aceite 8
DSC 26   Jack Fairman
  Stirling Moss
Ferguson-Climax 56 Descualificado 20
Ret 32   Lucien Bianchi Lotus-Climax 45 Caixa de cambios 30
Ret 28   Stirling Moss Lotus-Climax 44 Freos 5
Ret 20   Graham Hill BRM-Climax 43 Motor 11
Ret 58   Giancarlo Baghetti Ferrari 27 Accidente 19
Ret 48   Tony Marsh Lotus-Climax 25 Encendido 27
Ret 34   John Surtees Cooper-Climax 23 Diferencial 10
Ret 38   Tim Parnell Lotus-Climax 12 Embrague 29
Ret 46   Jackie Lewis Cooper-Climax 7 Dirección 15
Ret 40   Gerry Ashmore Lotus-Climax 7 Encendido 26
Ret 30   Henry Taylor Lotus-Climax 5 Accidente 17
Ret 62   Massimo Natili Cooper-Maserati 0 Caixa de cambios 28
Ret 24   Olivier Gendebien Emeryson-Maserati Coche non listo

Posicións logo da carreira

editar
  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Ligazóns externas

editar


Carreira anterior:
Gran Premio de Francia de 1961
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1961
Carreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 1961
Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1960
Gran Premio do Reino Unido Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 1962