Innes Ireland
Robert McGregor Innes Ireland (nado o en Mytholmroyd, Reino Unido 12 de xuño de 1930 e finado en Reading, Inglaterra, Reino Unido o 22 de outubro de 1993), foi un oficial militar Británico de enxeñeiros e piloto de automobilismo.
Nome orixinal | (en) Robert McGregor Innes Ireland | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | ||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 12 de xuño de 1930 Mytholmroyd, Reino Unido (en) | |||||||||||||||||||||||||
Morte | 22 de outubro de 1993 (63 anos) Reading, Reino Unido | |||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | cancro | |||||||||||||||||||||||||
Educación | Kirkcudbright Academy (en) | |||||||||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xornalista, empresario, piloto de automobilismo, enxeñeiro, piloto de Fórmula Un | |||||||||||||||||||||||||
Carreira militar | ||||||||||||||||||||||||||
Rama militar | Exército Británico | |||||||||||||||||||||||||
Deporte | automobilismo | |||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans |
Andaina
editarIreland, naceu o 12 de xuño de 1930 en Mytholmroyd, Yorkshire, Inglaterra, fillo dun veterinario escocés. A súa familia regresou a Kirkcudbright, Dumfries e Galloway en Escocia durante a súa mocidade, e formouse como enxeñeiro de Rolls-Royce, primeiro en Glasgow e máis tarde en Londres. Comisionado como Tenente nos King's Own Scottish Borderers, serviu co Rexemento Paracaidista na zona da Canle de Suez durante 1953 e 1954.
O primeiro ano en serio de Ireland no automovilismo foi 1957, momento no cal corría nunha pequena empresa de enxeñería en Surrey. O éxito trouxo o seu debut na Fórmula 1 no Team Lotus en 1959. En 1960 gañou tres carreiras de Fórmula Un fóra de campionato e terminou cuarto no Campionato do Mundo de Pilotos. Gravemente ferido no Gran Premio de Mónaco de 1961, Ireland recuperouse para gañar as carreiras de Solituderennen e o Gran Premio de Austria, e terminou a tempada cunha vitoria no Gran Premio dos Estados Unidos en Watkins Glen.
Ireland molestouse co xefe de Lotus Colin Chapman e o patrocinador do equipo ao ceder o seu coche para Stirling Moss do equipo rival Rob Walker no Gran Premio de Italia de 1961. Isto levoulle a ser arbitrariamente despedido ao final da tempada 1961, logo de gañar a carreira en Watkins Glen. Malia os éxitos ocasionais, Ireland nunca volveu ter un coche acorde co seu talento, e a súa última carreira en serio foi o Daytona 500 en 1967.
Logo da Fórmula 1
editarFoi un escritor de talento, Ireland escribiu a clásica biografía, All Arms and Elbows (Todos os brazos e os cóbados) (ISBN 0-85184-050-7), traballou como xornalista para a revista americana Road & Track, así como de patrón dun arrastreiro no Atlántico. Cara ao final da súa vida, foi elixido presidente do prestixioso British Racing Drivers' Club, cargo que aínda tiña no momento da súa morte por cancro o 22 de outubro de 1993, en Reading, Berkshire, Inglaterra.
Resultados Completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | Pos | Pts. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1959 | Team Lotus | Lotus 16 | Climax L4 | MON | 500 | NED 4 |
FRA Ret |
RU | ALE Ret |
POR Ret |
ITA Ret |
USA 5 |
14º | 5 | |
1960 | Team Lotus | Lotus 18 | Climax L4 | ARX 6 |
MON 9 |
500 | NED 2 |
BEL Ret |
FRA 7 |
RU 3 |
POR 6 |
ITA | USA 2 |
4º | 18 |
1961 | Team Lotus | Lotus 21 | Climax L4 | MON DNS |
NED | BEL Ret |
FRA 4 |
RU 10 |
ALE Ret |
USA 1 |
6º | 12 | |||
Lotus 18/21 | Climax L4 | ITA Ret |
|||||||||||||
1962 | UDT-Laystall Racing Team | Lotus 24 | Climax V8 | NED Ret |
MON Ret |
BEL Ret |
FRA Ret |
RU 16 |
ALE | ITA Ret |
USA 8 |
RSA 5 |
16º | 2 | |
1963 | British Racing Partnership | Lotus 24 | BRM V8 | MON Ret |
ALE Ret |
9º | 6 | ||||||||
BRP | BRM V8 | BEL Ret |
NED 4 |
FRA 9 |
RU Ret |
ITA 4 |
USA | MEX | RSA | ||||||
1964 | British Racing Partnership | Lotus 24 | BRM V8 | MON DNS |
NED | 14º | 4 | ||||||||
BRP | BRM V8 | BEL 10 |
FRA Ret |
RU 10 |
ALE | AUT 5 |
ITA 5 |
USA Ret |
MEX 12 | ||||||
1965 | Reg Parnell Racing | Lotus 25 | BRM V8 | RSA | MON | BEL 13 |
FRA Ret |
RU Ret |
NED 10 |
ALE | NC | 0 | |||
Lotus 33 | BRM V8 | ITA 9 |
USA Ret |
MEX DNS | |||||||||||
1966 | Bernard White Racing | BRM P261 | BRM V8 | MON | BEL | FRA | RU | NED | ALE | ITA | USA Ret |
MEX Ret |
NC | 0 |
Resultados en carreiras non de campionato
editarAno | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1961 | Team Lotus | Lotus 18 | Climax L4 | LOM Ret |
GLV 5 |
PAU | BRX 9 |
VIE | AIN 10 |
SYR Ret |
NAP | LON | SIL | KAN Ret |
MOD DNQ |
|||||||||
Lotus 21 | SOL 1 |
DAN 2 |
FLG 1 |
OUL Ret |
LEW | VAL | RAN | NAT | RSA | |||||||||||||||
1962 | UDT-Laystall Racing Team | Lotus 18/21 | Climax V8 | CAP | BRX 3 |
LOM Ret |
LAV | GLV 3 |
PAU | AIN Ret |
||||||||||||||
Ferrari 156 | INT 4 |
|||||||||||||||||||||||
Lotus 24 | NAP | MAL | CLP 1 |
RMS 3 |
SOL DNA |
KAN 4 |
MED | DAN 3 |
OUL | MEX 3 |
RAN Ret |
NAT | ||||||||||||
1963 | British Racing Partnership | Lotus 24 | BRM V8 | LOM 3 |
GLV 1 |
PAU | IMO | SYR | AIN 2 |
INT 4 |
ROM | KAN | MED | AUT | OUL 13 |
RAN | ||||||||
BRP | SOL 3 |
|||||||||||||||||||||||
1964 | British Racing Partnership | BRP | BRM V8 | DMT 1 |
NWT Ret |
SYR | AIN Ret |
INT 12 |
SOL Ret |
MED 3 |
RAN | |||||||||||||
1965 | Reg Parnell Racing | Lotus 25 | BRM V8 | ROC | SYR Ret |
SMT | INT | MED 5 |
RAN 6 | |||||||||||||||
1966 | Reg Parnell Racing | Lotus 25 | BRM V8 | RSA Ret |
SYR | INT | ||||||||||||||||||
Bernard White Racing | BRM P261 | BRM V8 | OUL 4 |
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Innes Ireland |