Abrir o menú principal

Gran Premio de Francia de 1966

O Gran Premio de Francia de fórmula 1 de 1966 celebrouse no circuíto de Reims-Gueux o 3 de xullo de 1966. Foi a carreira do '60º Aniversario' dos Grandes Premios, que comezaron co GP de Francia en 1906. Foi a terceira carreira da tempada de Fórmula Un de 1966. Tamén foi a 16ª e última vez no que o Gran Premio de Francia celebrouse nas diversas variacións das autoestradas francesas preto de Reims logo dunha ausencia de tres anos desta a rexión. A carreira levouse a cabo sobre 48 voltas ao circuíto de oito quilómetros cunha distancia de carreira de 400 quilómetros.

Francia Gran Premio de Francia de 1966
Detalles da carreira
Carreira 3 de 9 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1966.
Trazado do circuíto de Reims-Gueux.
Trazado do circuíto de Reims-Gueux.
Data 3 de xullo de 1966
Nome oficial LII Grand Prix de l'A.C.F.
Localización Reims, Francia
Percorrido Circuíto temporal
8´348 km
Distancia 48 voltas, 400´694 km
ClimaCálido, seco
Pole position
Piloto Italia Lorenzo Bandini Ferrari
Tempo 2:07.8
Volta rápida
Piloto Italia Lorenzo Bandini Ferrari
Tempo 2:11.3
Podio
Primeiro Australia Jack Brabham Brabham-Repco
Segundo Flag of the United Kingdom.svg Mike Parkes Ferrari
Terceiro Flag of New Zealand.svg Denny Hulme Brabham-Repco

A carreira foi gañada polo campión do mundo de 1959 e 1960, o piloto australiano Jack Brabham pilotando o seu Brabham BT19. Foi a oitava vitoria de Brabham nun Gran Premio, a primeira desde o Gran Premio de Portugal de 1960, seis anos antes. Foi a súa primeira vitoria desde a creación do seu propio equipo, Brabham Racing Organisation e a primeira vitoria para o motor australiano Repco V8. Converteuse no primeiro piloto en gañar un Gran Premio do Campionato do Mundo nun coche que levaba o seu propio nome. Brabham logrou a vitoria con nove segundos sobre o piloto británico Mike Parkes pilotando un Ferrari 312. O piloto neocelandés Denny Hulme compañeiro de equipo do líder logrou o terceiro lugar no seu Brabham BT20.

Brabham lideraba o campionato con 12 puntos, dous máis que o piloto de Ferrari Lorenzo Bandini e tres por diante do BRM de Jackie Stewart e do Ferrari de John Surtees. A vitoria foi a primeira de catro consecutivas para Brabham, ao comezar a súa marcha cara ao seu terceiro campionato mundial.

Resumo da CarreiraEditar

Jim Clark non participou, sufriu un accidente a o ser golpeado nun ollo por un paxaro durante a práctica. A pole position foi para a Ferrari nas mans de Lorenzo Bandini cun tempo de 2:07.8 no seu 312/66 de 3-litros, cunha media de 233´780 km/h. Trala saída, Bandini lideraba, con Jack Brabham, que tiña un pouco menos de velocidade punta en recta, no seu ronsel durante algún tempo. Mike Parkes, que se fixo cargo do Ferrari de John Surtees defendeuse ben, no duelo con Graham Hill polo terceiro posto, quedando segundo cando a árbore de levas de Hill rompeuse. Cando o Bandini tivo que retirarse debido a rotura do acelerador, Brabham logrou o primeiro lugar na meta, a súa primeira vitoria desde o Gran Premio de Portugal de 1960 foi o primeiro piloto en gañar un Grand Prix no seu propio coche. Tamén foi a última carreira en Reims-Gueux, o lugar de orixe dos Grandes Premios de Fórmula Uno en Francia.

O campión do mundo da tempada de 1950 Nino Farina morreu nun accidente de coche cando se dirixía como espectador a esta carreira.[1]

ClasificaciónEditar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 12   Jack Brabham Brabham-Repco 48 1:48:31.3 4 9
2 22   Mike Parkes Ferrari 48 + 9.5 3 6
3 14   Denny Hulme Brabham-Repco 46 + 2 voltas 9 4
4 6   Jochen Rindt Cooper-Maserati 46 + 2 voltas 5 3
5 26   Dan Gurney Eagle-Climax 45 + 3 voltas 14 2
6 44   John Taylor Brabham-BRM 45 + 3 voltas 15 1
7 36   Bob Anderson Brabham-Climax 44 + 4 voltas 12
8 8   Chris Amon Cooper-Maserati 44 + 4 voltas 7
NC 42   Guy Ligier Cooper-Maserati 42 Non clasificado 11
Ret 2   Pedro Rodríguez Lotus-Climax 40 Fuga aceite 13
NC 20   Lorenzo Bandini Ferrari 37 Non clasificado 1
NC 30   Jo Bonnier Brabham-Climax 32 Non clasificado 17
Ret 16   Graham Hill BRM 13 Motor 8
Ret 38   Jo Siffert Cooper-Maserati 10 Sistema combustible 6
Ret 32   Mike Spence Lotus-BRM 8 Embrague 10
Ret 10   John Surtees Cooper-Maserati 5 Sistema combustible 2
Ret 4   Peter Arundell Lotus-BRM 3 Caixa cambios 16

Posicións logo da carreiraEditar

  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar


Carreira anterior:
Gran Premio de Bélxica de 1966
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1966
Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 1966
Carreira anterior:
Gran Premio de Francia de 1965
Gran Premio de Francia Carreira seguinte:
Gran Premio de Francia de 1967