Bob Anderson (piloto)

Robert Hugh Fearon "Bob" Anderson, nado en Hendon (Londres) o 19 de maio de 1931 e finado en Northampton o 14 de agosto de 1967[1][2][3], foi un piloto de motociclismo e automobilismo inglés.

Modelo:BiografíaBob Anderson
Biografía
Nacemento(en) Robert Anderson Editar o valor en Wikidata
19 de maio de 1931 Editar o valor en Wikidata
Hendon, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte14 de agosto de 1967 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Northampton General Hospital, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteGran Premio do Reino Unido de 1967, accidente de coche Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un, piloto de motociclismo Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo (1963–1967)
Motociclismo (1958–1960) Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 13997166 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Competiu nas carreiras de motociclismo de Grand Prix da 1958 a 1960[4] e na Fórmula Un da tempada de 1963 á tempada de 1967.[5] Tamén gañou dúas veces a carreira de North West 200 en Irlanda do Norte.

Logo de varias tempadas nas carreiras de motocicletas nas que terminou entre os dez primeiros en varias ocasións, cambiou ás carreiras de automóbiles en 1961, cando correu nun Lola na Fórmula Júnior nunha carreira en Snetterton. Continuou nas carreiras de automóbiles e finalmente converteuse no piloto de Team Lotus na Formula Júnior, gañando unha carreira no Autódromo de Montlhéry e terminando segundo en Mónaco.

Entrou na Fórmula Un en 1963 co seu propio automóbil un Lola Mk4 baixo o nome de DW Racing Enterprises, un pequeno equipo en comparación con outros equipos privados como Scuderia Filipinetti ou Rob Walker Racing Team. DW en realidade só estaba composto por Bob e un pequeno equipo de mecánicos. A pesar deste impedimento, levou ao pequeno e flexible Lola á vitoria no Gran Premio de Roma de 1963 no primeiro ano. Nos anos posteriores pilotou coches privados baixo a mesma bandeira, o seu mellor resultado foi un terceiro lugar no Gran Premio de Austria de 1964. Foi galardoado co Von Trips Memorial Trophy como o máis exitoso participante privado da tempada de 1964.

En 1967, sufriu un accidente mentres probaba en Silverstone, saíuse da pista en condicións de mollado e golpeou contra o posto dun comisario.[6] Anderson sufriu feridas graves no peito e no pescozo e morreu máis tarde no Hospital Central de Northampton.[7]

Resultados nos Gran Premio de Motociclismo

editar
Posición 1 2 3 4 5 6
Puntos 8 6 4 3 2 1

(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)[4][8]

Ano Clase Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 Puntos Ranq Vitorias
1958 350cc Norton IOM
8
NED BEL GER
5
SWE
2
ULS NAT
4
11 0
500cc Norton IOM
2
NED BEL
6
GER SWE ULS NAT 7 0
1959 350cc Norton FRA
4
IOM
5
GER SWE ULS NAT 5 0
500cc Norton FRA IOM
NC
GER NED BEL
6
ULS NAT 1 15º 0
1960 125cc MZ IOM
5
NED BEL ULS NAT 2 0
250cc MZ IOM
NC
NED BEL GER ULS NAT 0 0
350cc Norton FRA IOM
6
NED
3
ULS
4
NAT
5
9 0
500cc Norton FRA IOM
8
NED BEL GER ULS NAT 0 0

Resultados Completos na Fórmula Un

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.[5]

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos
1963 DW Racing Enterprises Lola Mk4 Climax V8 MON BEL NED FRA GBR
12
ALE ITA
12
USA MEX RSA NC 0
1964 DW Racing Enterprises Brabham BT11 Climax V8 MON
7
NED
6
BEL
NTS
FRA
12
GBR
7
ALE
Ret
AUT
3
ITA
11
USA MEX 11º 5
1965 DW Racing Enterprises Brabham BT11 Climax V8 RSA
NC
MON
9
BEL
NTS
FRA
9
GBR
Ret
NED
Ret
ALE
NTS
ITA USA MEX NC 0
1966 DW Racing Enterprises Brabham BT11 Climax
4 en liña
MON
Ret
BEL FRA
7
GBR
NC
NED
Ret
ALE
Ret
ITA
6
USA MEX 17º 1
1967 DW Racing Enterprises Brabham BT11 Climax
4 en liña
RSA
5
MON
NSC
NED
9
BEL
8
FRA
Ret
GBR
Ret
ALE CAN ITA USA MEX 16º 2
  1. "Driver: Anderson, Bob". Autocourse Grand Prix Archive. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2007. Consultado o 27 de novembro de 2007. 
  2. Galpin, Darren. "Bob Anderson". Darren Galpin. Consultado o 2 de xaneiro de 2013. 
  3. Paul Narramore (19 de abril de 2006). "Bob Anderson". Find a Grave. Consultado o 2 de xaneiro de 2013. 
  4. 4,0 4,1 "Bob Anderson career statistics at MotoGP.com". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2020. Consultado o 19 de marzo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 Bob Anderson career Formula 1 results at f1pulse.com
  6. Bob Anderson profile at www.grandprix.com
  7. Autocar, 17 de agosto de 1967, Page 50: Obituary.
  8. Bob Anderson Isle of Man TT results at iomtt.com

Véxase tamén

editar