Gran Premio dos Países Baíxos de 1966
O Gran Premio dos Países Baixos de 1966 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 24 de xullo de 1966 no circuíto de Zandvoort. Foi a quinta carreira da tempada de Fórmula Un de 1966.
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 5 de 9 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1966. | ||
![]() Trazado do circuíto de Zandvoort | ||
Data | 24 de xullo de 1966 | |
Nome oficial | XIV Grote Prijs van Nederland | |
Localización | Circuíto Zandvoort Zandvoort, Países Baixos | |
Percorrido | Percorrido permanente de carreira 4´252 km | |
Distancia | 90 voltas, 382´68 km | |
Clima | Asollado, tépedo, seco | |
Pole position | ||
Piloto | ![]() |
Brabham-Repco |
Tempo | 1:28.1 | |
Volta rápida | ||
Piloto | ![]() |
Brabham-Repco |
Tempo | 1:30.6 | |
Podio | ||
Primeiro | ![]() |
Brabham-Repco |
Segundo | ![]() |
BRM |
Terceiro | ![]() |
Lotus-Climax |
A carreira foi o 16º Gran Premio dos Países Baixos desde que se celebrou por primeira vez en 1948. Levouse a cabo sobre 90 voltas ao circuíto de catro quilómetros cunha distancia de carreira de 382 quilómetros.
Resumo da carreira Editar
Brabham, de 40 anos, mostrouse molesto polas noticias de prensa sobre a súa idade e, nun truco moi infrecuente, no Gran Premio dos Países Baixos de 1966, dirixiuse ao seu coche na grella de saída antes da carreira cunha longa barba falsa e apoiándose nun bastón antes de saír para gañar a carreira.[1]
A carreira foi a terceira consecutiva gañada polo piloto australiano campión do mundo en 1959 e 1960, Jack Brabham no seu Brabham BT19. O piloto británico, campión do mundo de 1962, Graham Hill terminou segundo no seu BRM P261, cunha volta por diante do resto de participantes. O vixente campión do mundo Jim Clark logrou o seu primeiro podio do ano no seu Lotus 33.
A vitoria de Brabham aumentou a súa vantaxe de puntos a 16 puntos por encima de Hill, e co compañeiro de Hill no equipo BRM Jackie Stewart dous puntos máis afastado.
Clasificación Editar
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 16 | Jack Brabham | Brabham-Repco | 90 | 2:20:32.5 | 1 | 9 |
2 | 12 | Graham Hill | BRM | 89 | + 1 volta | 7 | 6 |
3 | 6 | Jim Clark | Lotus-Climax | 88 | + 2 voltas | 3 | 4 |
4 | 14 | Jackie Stewart | BRM | 88 | + 2 voltas | 8 | 3 |
5 | 32 | Mike Spence | Lotus-BRM | 87 | + 3 voltas | 12 | 2 |
6 | 2 | Lorenzo Bandini | Ferrari | 87 | + 3 voltas | 9 | 1 |
7 | 30 | Jo Bonnier | Cooper-Maserati | 84 | + 6 voltas | 13 | |
8 | 38 | John Taylor | Brabham-BRM | 84 | + 6 voltas | 17 | |
9 | 36 | Guy Ligier | Cooper-Maserati | 84 | + 6 voltas | 16 | |
Ret | 28 | Jo Siffert | Cooper-Maserati | 79 | Motor | 11 | |
Ret | 34 | Bob Anderson | Brabham-Climax | 73 | Suspensión | 14 | |
Ret | 24 | John Surtees | Cooper-Maserati | 44 | Eléctrico | 10 | |
Ret | 18 | Denny Hulme | Brabham-Repco | 37 | Encendido | 2 | |
Ret | 8 | Peter Arundell | Lotus-BRM | 28 | Encendido | 15 | |
Ret | 10 | Dan Gurney | Eagle-Climax | 26 | Fuga aceite | 4 | |
Ret | 4 | Mike Parkes | Ferrari | 10 | Accidente | 5 | |
Ret | 26 | Jochen Rindt | Cooper-Maserati | 2 | Accidente | 6 |
Posicións logo da carreira Editar
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio dos Países Baíxos de 1966 |
- "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2008. Consultado o 2008-01-16.
Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 1966 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1966 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Alemaña de 1966 |
Carreira anterior: Gran Premio dos Países Baixos de 1965 |
Gran Premio dos Países Baixos | Carreira seguinte: Gran Premio dos Países Baixos de 1967 |
- ↑ Henry (1985) pp.61–62