Gran Premio de Mónaco de 1966
O Gran Premio de Mónaco de 1966 foi unha carreira de coches de Fórmula Un celebrada no Circuíto de Mónaco o 22 de maio de 1966. Foi a primeira rolda da tempada de Fórmula Un de 1966, o primeiro dunha nova era para a Fórmula Un, o "regreso da potencia", as regulacións do motor foron cambiadas de 1´5 litros de cilindrada máxima de motor a 3.0 litros. Foi o 24 Gran Premio de Mónaco.
Nome oficial | XXIV Monaco Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Mónaco |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1966 |
Distancia do evento | 100 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Mónaco (Monte Carlo) 43°44′05″N 7°25′14″L / 43.734722222222, 7.4205555555556 |
Lonxitude | 3,337 km |
País | Mónaco |
Número de edición | 26 (1966) |
Competición | |
Primeiro posto | Jackie Stewart |
Pole position | Jim Clark |
Volta máis rápida | Lorenzo Bandini |
A carreira foi gañada polo piloto británico Jackie Stewart pilotando un BRM P261. Logrou a vitoria con corenta segundos sobre o Ferrari 246 do piloto italiano Lorenzo Bandini. Foi a segunda vitoria de Stewart nun Gran Premio logo de gañar o Gran Premio de Italia do ano anterior. Compañeiro de equipo de Stewart, o británico Graham Hill terminou unha volta atrás na terceira posición no seu BRM P261. O outro único piloto que rematou nos puntos foi o piloto americano Bob Bondurant pilotando un BRM P261 totalmente privado do equipo de Chamaco Collect.
Informe da carreira
editarA primeira carreira do novo motor de 3 litros foi en Mónaco. Poucos equipos estaban listos para o novo regulamento e varios equipos comezaron a carreira aínda cos motores de 1965, ou adaptaron motores máis pesados doutros coches deportivos de carreiras.
Algunhas das carreiras foron filmadas para a película Grand Prix. Foi a primeira carreira da escudería McLaren, e do Repco V8 traseiro no novo chasis BT19 de Brabham de 1966. John Surtees, aínda recuperabase dun accidente en Mosport Park liderou durante 14 voltas sobre Jackie Stewart, Jochen Rindt e Denny Hulme ata que o seu diferencial rompeu, entregando o liderado a Stewart. Hulme retirouse, mentres que Graham Hill e Jim Clark disputaron o terceiro lugar ata que a suspensión de Clark deixou de funcionar. Mentres tanto, Lorenzo Bandini, foi rompendo a marca de volta antes de ter que levantar o pé para evitar que os freos dianteiros gastásense. Stewart gañou a Bandini con Graham Hill terceiro e Bob Bondurant cuarto e último cohe que chegou a liña de meta nunha carreira de desgaste extremo. As novas regras significaban que os coches tiñan que completar o 90% da distancia da carreira para ser clasificados e optar aos puntos, o que significou que, aínda que Guy Ligier e Jo Bonnier seguían correndo, consideráronse o suficientemente atrasados como para retiralos.
Clasificación
editarPos. | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 12 | Jackie Stewart | BRM | 100 | 2:33:10.5 | 3 | 9 |
2 | 16 | Lorenzo Bandini | Ferrari | 100 | + 40.2 | 5 | 6 |
3 | 11 | Graham Hill | BRM | 99 | + 1 volta | 4 | 4 |
4 | 19 | Bob Bondurant | BRM | 95 | + 5 voltas | 16 | 3 |
Ret | 9 | Richie Ginther | Cooper-Maserati | 80 | Transmisión | 9 | |
NC | 21 | Guy Ligier | Cooper-Maserati | 75 | Non clasificado | 15 | |
NC | 18 | Jo Bonnier | Cooper-Maserati | 73 | Non clasificado | 16 | |
Ret | 4 | Jim Clark | Lotus-Climax | 60 | Suspensión | 1 | |
Ret | 10 | Jochen Rindt | Cooper-Maserati | 56 | Motor | 7 | |
Ret | 14 | Jo Siffert | Brabham-BRM | 35 | Embrague | 13 | |
Ret | 6 | Mike Spence | Lotus-BRM | 34 | Suspensión | 12 | |
Ret | 7 | Jack Brabham | Brabham-Repco | 17 | Caixa de cambios | 11 | |
Ret | 17 | John Surtees | Ferrari | 16 | Transmisión | 2 | |
Ret | 8 | Denny Hulme | Brabham-Climax | 15 | Transmisión | 6 | |
Ret | 2 | Bruce McLaren | McLaren-Ford | 9 | Fuga de aceite | 10 | |
Ret | 15 | Bob Anderson | Brabham-Climax | 3 | Engine | 8 |
Os líderes de volta
editarJohn Surtees (voltas 1–14), Jackie Stewart (15–100)
Clasificación tras a carreira
editar
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Mónaco de 1966 |
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2008-01-15.
Carreira anterior: Gran Premio de México de 1965 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1966 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 1966 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1965 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1967 |