Gran Premio de Bélxica de 1966
O Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 de 1966 disputouse en Spa-Francorchamps o 12 de xuño de 1966. Foi a segunda carreira da tempada de Fórmula Un de 1966. A carreira foi o 26 Gran Premio de Bélxica. A carreira levouse a cabo sobre 28 voltas ao circuíto de catorce quilómetros cunha distancia de carreira de 395 quilómetros.
Nome oficial | XII Grote Prijs Van Belgie |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Bélxica |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1966 |
Distancia do evento | 28 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Spa-Francorchamps (Provincia de Liexa) 50°26′14″N 5°58′17″L / 50.437222222222, 5.9713888888889 |
Lonxitude | 7,003 km |
País | Bélxica |
Data | 12 de xuño de 1966 |
Competición | |
Primeiro posto | John Surtees |
Pole position | John Surtees |
Volta máis rápida | John Surtees |
A carreira foi gañada polo piloto británico, campión do mundo de 1964 John Surtees pilotando un Ferrari 312 nunha carreira que se viu decimada polas condicións meteorolóxicas nas primeiras voltas. Foi a cuarta vitoria de Surtees nun Gran Premio e a primeira desde o Gran Premio de Italia de 1964. Surtees levouse a vitoria con 42 segundos de vantaxe sobre piloto austríaco Jochen Rindt que pilotaba un Cooper T81. Foi o primeiro podio do futuro campión do mundo Jochen Rindt e o primeiro para a nova combinación Cooper-Maserati o equipo de fábrica de Cooper Car Company buscou o motor V12 de tres litros de Maserati para adaptarse as novas regulacións. O compañeiro de equipo de Surtees o italiano Lorenzo Bandini terminou terceiro no seu Ferrari 246.
Cun par de podios, Bandini tomou a dianteira no campionato por un punto aos dous gañadores da carreira, Surtees e Jackie Stewart.
Resumo da carreira
editarA distancia da carreira reduciuse con respecto ao ano anterior, de 32 a 28 voltas. Máis da metade dos corredoreso tiveron un accidente na primeira volta debido a unha forte tormenta e quedaban só sete corredores no inicio da segunda volta. Catro pilotos derraparon e estrelaronse na curva Burnenville, onde caía un espeso muro de choiva. O Cooper T81 de Jo Bonnier pasou por unha pequena zona libre no bordo da pista e o BRM P261 de Jackie Stewart estrelouse contra un poste de teléfono e logo aterrou nunha gabia en Masta Kink, quedanto atrapado no seu BRM envorcado, encharcado ata a cintura no combustible, durante 25 minutos. Graham Hill e Bob Bondurant, ambos dos cales estaban preto de Stewart, lograron rescatalo coa caixa de ferramentas dun espectador. Jack Brabham derrapou co Brabham BT19 en Kink Masta a 135 quilómetros por hora, pero recuperou o control do coche e reincorporouse á carreira. Había moita auga na pista que se lle meteu e inundou o motor Climax de Jim Clark no seu Lotus 33 e quedou fóra da carreira tamén na primeira volta. A primeira volta levouse toda a cabo baixo bandeiras verdes. E no inicio da segunda volta, 8 dos 15 pilotos que iniciaron estaban fóra da carreira.[1]
A carreira foi filmada para a película Gran Premio. Un segmento de oito minutos da película de 1966 utiliza unha combinación de imaxes en vivo e de escenas da carreira. As imaxes en vivo mostran a Surtees, Bonnier, Bandini, Ligier, Clark e Gurney en acción. Surtees e interpretado na ficción por Jean-Pierre Sarti mentres que Bandini é por Barlini Nino. A película cóidase de non recoller a Jackie Stewart en acción, interpretado por Scott Stoddard, xa que cando se estrenou estabase recuperando do accidente case fatal a principios de tempada. O Yamura (Honda) branco de James Garner, o número 24 non aparecía na carreira real e as escenas que o mostran son parte da filmación en estudo.
Logo do seu accidente nesta carreira, Jackie Stewart comezou os seus esforzos para aumentar a seguridade nas carreiras, que se prolongaron durante décadas, sobre todo logo de que a súa influencia como piloto de carreiras de Fórmula Un crecera a través das seguintes sete tempadas que competiu na Fórmula Un.
Clasificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 6 | John Surtees | Ferrari | 28 | 2:09:11.3 | 1 | 9 |
2 | 19 | Jochen Rindt | Cooper-Maserati | 28 | + 42.1 | 2 | 6 |
3 | 7 | Lorenzo Bandini | Ferrari | 27 | + 1 volta | 5 | 4 |
4 | 3 | Jack Brabham | Brabham-Repco | 26 | + 2 voltas | 4 | 3 |
5 | 18 | Richie Ginther | Cooper-Maserati | 25 | + 3 voltas | 8 | 2 |
NC | 22 | Guy Ligier | Cooper-Maserati | 24 | Non Clasificado | 12 | |
NC | 27 | Dan Gurney | Eagle-Climax | 23 | Non Clasificado | 15 | |
Ret | 15 | Jackie Stewart | BRM | 0 | Accidente | 3 | |
Ret | 20 | Jo Bonnier | Cooper-Maserati | 0 | Accidente | 6 | |
Ret | 16 | Mike Spence | Lotus-BRM | 0 | Accidente | 7 | |
Ret | 14 | Graham Hill | BRM | 0 | Accidente | 9 | |
Ret | 10 | Jim Clark | Lotus-Climax | 0 | Motor | 10 | |
Ret | 8 | Bob Bondurant | BRM | 0 | Accidente | 11 | |
Ret | 4 | Denny Hulme | Brabham-Climax | 0 | Accidente | 13 | |
Ret | 21 | Jo Siffert | Cooper-Maserati | 0 | Accidente | 14 | |
NTS | 24 | Bruce McLaren | McLaren-Serenissima | Coxinete da roda nas practicas | |||
NTS | 11 | Peter Arundell | Lotus-BRM | Motor | |||
NTS | 8 | Vic Wilson | BRM | Coche pilotado por Bondurant |
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Bélxica de 1966 |
Ligazóns externas
editar- "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2008. Consultado o 2008-01-15.
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1966 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1966 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1966 |
Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 1965 |
Gran Premio de Bélxica | Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 1967 |