Scuderia Serenissima
Nome completo | Scuderia Serenissima Scuderia SSS Republica di Venezia |
---|---|
Bandeira | Italia |
Baseada en | |
Tempadas en activo | 2 (1961-1962) |
Número de pilotos | Maurice Trintignant Giorgio Scarlatti Nino Vaccarella |
Debut | Gran Premio de Mónaco de 1961 |
Carreiras | 8 [1][2] |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | |
Derradeiro GP | Gran Premio de Italia de 1962 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Scuderia Serenissima e Scuderia SSS Republica di Venezia foron nomes utilizados por Giovanni Volpi para participar nos seus propios coches na Fórmula Un e nas carreiras de automóbiles deportivos a principios dos anos 60.
Scuderia Serenissima foi un exitoso equipo de carreiras a comezos de 1960. Financiado por Giovanni Volpi, Serenissima utilizou Ferraris con moito éxito ata que o fundador financiou a empresa exiled Ferrari company, ATS. Despois diso, Enzo Ferrari deixou de vender os seus automóbiles a Serenissima, polo que a compañía recorreu a De Tomaso, ATS, e Maserati. Volpi e, polo tanto, Serenissima, abandonaron o automobilismo en 1970.
Fórmula Un
editarEn 1961, a Scuderia Serenissima ingresou no Campionato do Mundo de Fórmula 1. Competiu por primeira vez nun Cooper T51 para Maurice Trintignant no Gran Premio de Mónaco de 1961, onde terminou sétimo. En Bélxica, Trintignant retirouse na volta 23 coa caixa de cambios rota logo de cualificar o seu coche no décimo cuarto lugar. No Gran Premio de Francia de 1961, Scuderia Serenissima presentou dous autos. De novo o Cooper para Trintignant e un De Tomaso para Giorgio Scarlatti. Trintignant rematou no 13º lugar mentres Scarlatti retirouse na volta 15 cando o seu motor rompeu. No Gran Premio de Alemaña de 1961 Trintignant retirouse na volta 12 cando o seu motor rompeu. No Gran Premio de Italia de 1961, Scuderia Serenissima volveu a participar con dous autos, o Cooper para Trintignant e un De Tomaso para Nino Vaccarella. Trintignant terminou a carreira no noveno lugar e Vaccarella retirouse na volta 13 cando o seu motor rompeuse. En 1962, agora chamada Scuderia SSS Republica di Venezia, presentaron automóbiles para Nino Vaccarella. En Mónaco, Vaccarella non puido clasificarse para a carreira. Tres carreiras máis tarde en Alemaña, Vaccarella terminou na décima sexta posición. Na última carreira para a Scuderia en Italia, Vaccarella terminou na novena posición. En 1966 Serenissima proporcionou motores para o equipo McLaren. E no Gran Premio do Reino Unido de 1966 Bruce McLaren terminou no sexto lugar, anotando un punto no Campionato do Mundo.
Carreiras de automóbiles deportivos
editarEn 1963, Volpi comezou a desenvolver o seu propio prototipo GT, o Jungla GT. Usou un novo motor V8, deseñado por Alberto Massimino, con carrozaría pechada de Francesco Salomone (construída por Gran Sport). Unha versión posterior aberta construíuna Fantuzzi.
Resultados Completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Chasis | Motor | Pneum. | Piloto | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1961 | Cooper T51 De Tomaso F1 |
Maserati 6-1500 1.5 L4 OSCA 372 1.5 L4 Alfa Romeo Giulietta 1.5 L4 |
D | MON | NED | BEL | FRA | GBR | ALE | ITA | USA | ||
Maurice Trintignant | 7 | Ret | 13 | Ret | 9 | ||||||||
Giorgio Scarlatti | Ret | ||||||||||||
Nino Vaccarella | Ret | ||||||||||||
1962 | Lotus 18/21 24 Porsche 718 |
Climax FPF 1.5 L4 Porsche 547/3 1.5 F4 |
D | NED | MON | BEL | FRA | GBR | ALE | ITA | USA | RSA | |
Nino Vaccarella | NSC | 15 | 9 | ||||||||||
Fonte:[3]
|
Como subministrador de motores
editar(clave)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | Pneum. | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1966 | Bruce McLaren Motor Racing | McLaren M2B | Serenissima M166 3.0 V8 | F | MON | BEL | FRA | GBR | NED | ALE | ITA | USA | MEX | 12º | 1 | |
Bruce McLaren | NTS | 6 | NTS | |||||||||||||
Fonte:[4]
|
Notas
editar- ↑ "Scuderia Serenissima results at chicanef1.com". Formula One Results. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2012. Consultado o 31 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Scuderia SSS Republica di Venezia results at chicanef1.com". Formula One Results. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2013. Consultado o 31 de xaneiro de 2012.
- ↑ Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. pp. 334, 384 and 386. ISBN 0851127029.
- ↑ Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 236. ISBN 0851127029.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Scuderia Serenissima |