Reading, Inglaterra

Coordenadas: 51°27′15″N 0°58′23″O / 51.45417, -0.97306

Reading é unha cidade no condado de Berkshire, en Inglaterra, Reino Unido.

Reading, Inglaterra
St Laurence's Church, Reading 1.jpg

A pronuncia inglesa deste nome é /ˈrɛdɪŋ/ (na notación do Alfabeto Fonético Internacional). Obsérvese a diferenza coa forma verbal homógrafa reading ("lendo"), cuxa pronuncia é /ˈri:dɪŋ/.

Situada na confluencia dos ríos Támesis e Kennet, a cidade está a medio camiño entre Londres e Oxford, ao bordo da autoestrada M4.

Reading é probabelmente o centro de negocios máis importante do sueste de Inglaterra, á parte do Gran Londres. A maioría das compañías importantes de Gran Bretaña teñen a súa sede na cidade, que tamén alberga numerosas multinacionais. O ECMWF (Centro Europeo de Predición Meteorolóxica a Prazo Medio) ten a súa sede alí. É ademais unha cidade universitaria cunha importante comunidade estudantil.

XeografíaEditar

O centro da cidade está situado cerca da confluencias do Támesis e o Kennet, o que reflicte a historia da cidade como porto fluvial. Antes da confluencia, o Kennet esténdese por unha estreita abertura para formar a planicie fluvial do Támesis.

Reading está a 64 km ao oeste do centro de Londres e a 40 km ao sueste de Oxford.


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.