Gran Premio de Portugal de 1959

O Gran Premio de Portugal de 1959 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 23 de agosto de 1959 no circuíto de Monsanto. Foi a sétima carreira da tempada de Fórmula Un de 1959. Foi o oitavo Gran Premio de Portugal e o segundo que era puntuable para o campionato mundial de Fórmula 1 de pilotos. Era a terceira vez que se celebraba a carreira en Monsanto e a primeira qu puntuaba para a Fórmula Un. A carreira levouse a cabo sobre 62 voltas ao circuíto de cinco quilómetros cunha distancia total de carreira de 337 quilómetros.

Portugal Gran Premio de Portugal de 1959
Detalles da carreira
Carreira 7 de 9 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1959.
Trazado do circuíto de Monsanto
Trazado do circuíto de Monsanto
Data 23 de agosto de 1959
Nome oficial VIII Gran Premio de Portugal
Localización Monsanto
Lisboa, Portugal
Percorrido Estrada pública
5´440 km
Distancia 62 voltas, 337´28 km
ClimaCálido despexado
Pole position
Piloto Flag of the United Kingdom.svg Stirling Moss Cooper-Climax
Tempo 2:02.89
Volta rápida
Piloto Flag of the United Kingdom.svg Stirling Moss Cooper-Climax
Tempo 2:05.07
Podio
Primeiro Flag of the United Kingdom.svg Stirling Moss Cooper-Climax
Segundo Flag of the United States.svg Masten Gregory Cooper-Climax
Terceiro Flag of the United States.svg Dan Gurney Ferrari

A carreira foi gañada polo piloto británico Stirling Moss, foi a súa undécima vitoria nun Gran Premio, pilotando un Cooper T51 para o equipo de carreiras privado Rob Walker Racing Team. Moss terminou unha volta por diante do corredor americano Masten Gregory que pilotaba un Cooper T51 semellante ó do equipo de fábrica de Cooper Car Company. O piloto americano da Scuderia Ferrari Dan Gurney terminou terceiro no seu Ferrari Dino 246.

Informe da carreiraEditar

As vitorias en Francia e Alemaña deran a Tony Brooks un cómodo lugar no segundo posto no campionato detrás de Jack Brabham. Stirling Moss mellorou a súa pobre posición no campionato gañando a carreira o segundo posto foi para Masten Gregory e o terceiro para Dan Gurney. Phil Hill e Graham Hill estrelaronse un contra outro na volta 6, mentres que Brabham tivo un enorme accidente, dando unha volta de campá, do que saíu ileso. Gurney foi o único Ferrari entre os oito primeiros con Maurice Trintignant e Harry Schell completando os cinco primeiros.

Con Brabham non rematando a carreira e Brooks terminando noveno, Moss pechou a brecha no campionato a só 9 puntos e medio detrás de Brabham e 5 puntos e medio detrás de Brooks.

ClasificaciónEditar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 4   Stirling Moss Cooper-Climax 62 2:11:55.41 1 9
2 2   Masten Gregory Cooper-Climax 61 + 1 volta 3 6
3 16   Dan Gurney Ferrari 61 + 1 volta 6 4
4 5   Maurice Trintignant Cooper-Climax 60 + 2 voltas 4 3
5 6   Harry Schell BRM 59 + 3 voltas 9 2
6 10   Roy Salvadori Aston Martin 59 + 3 voltas 12
7 8   Ron Flockhart BRM 59 + 3 voltas 11
8 9   Carroll Shelby Aston Martin 58 + 4 voltas 13
9 14   Tony Brooks Ferrari 57 + 5 voltas 10
10 18   Mário de Araújo Cabral Cooper-Maserati 56 + 6 voltas 14
Ret 3   Bruce McLaren Cooper-Climax 38 Transmisión 8
Ret 1   Jack Brabham Cooper-Climax 23 Transmisión 2
Ret 7   Jo Bonnier BRM 10 Motor 5
Ret 15   Phil Hill Ferrari 5 Accidente 7
Ret 11   Graham Hill Lotus-Climax 5 Accidente 15
Ret 12   Innes Ireland Lotus-Climax 3 Caixa de cambios 16

Posicións logo da carreiraEditar

  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 5 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados .

NotasEditar

Ligazóns externasEditar


Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 1959
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1959
Carreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 1959
Carreira anterior:
Gran Premio de Portugal de 1958
Gran Premio de Portugal Carreira seguinte:
Gran Premio de Portugal de 1960

ClasificaciónEditar