Horace Gould nado como Horace Harry Twigg en Bristol (Inglaterra) o 20 de setembro de 1918 e finado en Southmead o 4 de novembro de 1968 foi un piloto de carreiras británico.

Modelo:BiografíaHorace Gould
Biografía
Nacemento20 de setembro de 1921 Editar o valor en Wikidata
Bristol, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte4 de novembro de 1968 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Southmead, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Gould comezou a competir cos coches deportivos en 1952 ao volante dun Cooper-MG. pasou á Fórmula Un en 1954, competindo como piloto privado e usando como nome do equipo Gould's Garage (Bristol).[1]

Nun período en que os gordos italianos ocupaban regularmente as cabinas dos coches de Fórmula 1, a Horace Gould parecíalle bastante razoable que un gordo de Bristol fixese o mesmo.
The Guinness Complete Grand Prix Who's Who[2]

Participou en 17 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula Un, no que debutou o 17 de xullo de 1954, ademais de numerosas carreiras fóra de Campionato.[3] Logrou un total de 2 puntos de campionato, pilotando o seu Maserati 250F logrou o quinto lugar no Gran Premio do Reino Unido de 1956, o suficiente para lograr o 19º posto no Campionato do Mundo da tempada. Gañou carreiras menores fora do campionato de Fórmula Un en Castle Combe en 1954 e Aintree en 1956, e tamén logrou dous puntos no Campionato do Mundo Sportscar de 1957, Acabou no 5º lugar na edición dos 1000 km de Nürburgring de 1957 compartindo un Maserati 300S cos seus compañeiros de equipo Stirling Moss, Juan Manuel Fangio e Paco Godia.[1]

Aínda que a maior parte da carreira de Gould desenvolveuse en Inglaterra, tamén pasou tempadas vivindo e competindo en Nova Zelandia e Módena, Italia, sede da fábrica de Maserati.[1]

A similitude da constitución de Gould e o estilo de condución ás de José Froilán González levoulle a ser alcumado "the González of the West Country".[4]

Gould morreu de súpeto, en Southmead, Inglaterra, dun ataque ao corazón, á idade de cincuenta anos. Os seus fillos Martín, Stephen e Richard aínda viven en Bristol.[1] Martin participou en carreiras de motor e competiu na Fórmula 3, e dous dos seus netos Daniel Gould e James Gould tamén participaron en carreiras desde unha idade temperá.

Resultados completos na Fórmula Un

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos
1954 Goulds' Garage (Bristol) Cooper T23 Bristol 6 en liña ARX 500 BEL FRA GBR
15
ALE SUI ITA ESP NC 0
1955 Goulds' Garage (Bristol) Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX MON 500 BEL NED
Ret
GBR
Ret
NC 0
Officine Alfieri Maserati ITA
Ret
1956 Goulds' Garage (Bristol) Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX MON
8
500 BEL
Ret
FRA
NCG
GBR
5
ALE
Ret
ITA 19º 2
1957 H H Gould Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX MON
Ret
500 FRA
Ret
GBR
NTS
ALE
Ret
PES
Ret
ITA
10
NC 0
1958 H H Gould Maserati 250F Maserati Straight-6 ARX
9
MON
NSC
NED
NTS
500 BEL FRA GBR ALE POR ITA MAR NC 0
1960 H H Gould Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX MON 500 NED BEL FRA GBR POR ITA
NTS
USA NC 0
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Horace Gould". Motor Sport Database. Consultado o 10 de agosto de 2016. 
  2. Small (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Enfield: Guinness Publishing. ISBN 978-0851127026. 
  3. "The Formula One Archives". Consultado o 4 de agosto de 2007. 
  4. "Horace Gould biography". www.historicracing.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2022. Consultado o 2022-04-13. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar