Tony Bettenhausen

piloto de carreiras estadounidense

Melvin Eugene "Tony" Bettenhausen[1], nado en Tinley Park (Illinois) o 12 de setembro de 1916 e finado en Indianápolis o 12 de maio de 1961, foi un piloto de automobilismo estadounidense. Gañou o Campionato Nacional de Carreiras en 1951 e 1958.

Modelo:BiografíaTony Bettenhausen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de setembro de 1916 Editar o valor en Wikidata
Tinley Park, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte12 de maio de 1961 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Indianapolis, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTinley Park Memorial Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un, piloto de motociclismo, piloto de automobilismo Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo
Motociclismo Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosGary Bettenhausen, Tony Bettenhausen Editar o valor en Wikidata
Premios

Find a Grave: 2928 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Bettenhausen foi alcumado o Tinley Park Express en homenaxe á súa cidade natal.[2] Foi alcumado "Tunney" polo campión de boxeo dos pesos pesados Gene Tunney. "Tunney" máis tarde converteuse en "Tony".[3]

Bettenhausen foi parte do "Chicago Gang" de coches Midget con Emil Andres, Cowboy O'Rourke, Paul Russo, Jimmy Snyder, e Wally Zale.[4] percorreron pistas no medio oeste e oeste dos Estados Unidos.

Coches Midget

editar

Gañou o campionato de pista na Milwaukee Mile en 1942, 1946 e 1947. Foi o campión de Raceway Park en 1941, 1942 e 1947. En outubro de 1950 participaba nunha carreira en Sacramento (California), cando o seu coche bloqueou as rodas con outro coche de carreiras provocando un accidente a través do gardarraíl, provocando lesións mortais ao espectador Peter Bernard Stuberak e lesións a outros dous espectadores.[5]


Gañou o Turkey Night Grand Prix de 1959 e o Hut Hundred en 1955 e 1956.

Coches Indy

editar

Pilotou na AAA e na serie de USAC Championship Car, competindo nas tempadas 1941 e 1946-1961 con 121 saídas, incluíndo 14 nas 500 Millas de Indianápolis. Terminou 71 veces no Top Ten, con 21 vitorias.

Gañou o Campionato Nacional en 1951 logo de lograr oito vitorias e dous acabados no segundo lugar en catorce carreiras. Anunciou a súa retirada de todas as carreiras logo das 500 Millas de Indianápolis da tempada.[3] Decidiu regresar a tempo completo para a tempada de 1954. Viuse involucrado nun accidente cun coche Midget en Chicago, sufrindo lesións na cabeza tras golpear un muro de formigón. Estivo en estado crítico por varios días.[3]

Preparouse de antemán para co-pilotar co seu amigo da Chicago Gang Paul Russo nas 500 Millas de Indianápolis de 1955. Terminaron segundos.[4]

En 1958 converteuse no primeiro piloto en gañar o campionato nacional sen unha vitoria.[3] Asegurouse o título cun segundo posto en Phoenix. Terminou segundo no campionato nacional detrás de Rodger Ward en 1959.

Bettenhausen morreu en 1961 nun accidente no Indianapolis Motor Speedway mentres probaba un vehículo Stearly Motor Freight Special para Paul Russo. O coche estrelouse contra o muro exterior da pista e logo rodou 10 metros ao longo da barreira. O coche detívose nunha zona de herba entre o muro e a Tribuna A, coa cola do coche en chamas. As investigación mostraron que o accidente foi causado por un parafuso da ancoraxe que caeu do soporte da barra do radio dianteiro, permitindo que o eixe dianteiro virase e desaliñase as rodas dianteiras cando freou, o que levou o coche contra o muro.[6]

Resultados nas 500 Millas de Indianápolis

editar

Resultados Completos na Fórmula Un

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos
1950 Blue Crown Spark Plug / Moore Kurtis Kraft 2000 Offenhauser L4 GBR
MON
500
5 †
SUI
BEL
FRA
ITA
21º = 1
1951 Mobiloil / Rotary Engineering Deidt Tuffanelli Derrico Offenhauser L4 SUI
500
9
BEL
FRA
GBR
ALE
ITA
ESP
NC 0
1952 Blue Crown Spark Plug / Earl Slick Deidt Tuffanelli Derrico Offenhauser L4 SUI
500
24
BEL
FRA
GBR
ALE
NED
ITA
NC 0
1953 J.C. Agajanian Kuzma Offenhauser L4 ARX
500
9 *
NED
BEL
FRA
GBR
ALE
SUI
ITA
NC 0
1954 Automobile Shippers / Casaroll Kurtis Kraft 4000 Offenhauser L4 ARX
500
15 ‡
BEL
FRA
GBR
ALE
SUI
ITA
ESP
NC 0
1955 H.A. Chapman Kurtis Kraft 500C Offenhauser L4 ARX
MON
500
2 џ
BEL
NED
GBR
ITA
13º = 3
1956 Belanger Motors Kurtis Kraft 500C Offenhauser L4 ARX
MON
500
22
BEL
FRA
GBR
ALE
ITA
NC 0
1957 Novi Racing Kurtis Kraft 500F Novi V8 ARX
MON
500
15
FRA
GBR
ALE
PES
ITA
NC 0
1958 Jones & Maley Cars Epperly Indy Roadster Offenhauser L4 ARX
MON
NED
500
4
BEL
FRA
GBR
ALE
POR
ITA
MOR
17º 4
1959 Hoover Motor Express Epperly Indy Roadster Offenhauser L4 MON
500
4
NED
FRA
GBR
ALE
POR
ITA
USA
16º 3
1960 Lindsey Hopkins Watson Indy Roadster Offenhauser L4 ARX
MON
500
23
NED
BEL
FRA
GBR
POR
ITA
USA
NC 0
† Indica unidade compartida con Joie Chitwood logo de retirarse co seu coche.
* Indica unidade compartida con Chuck Stevenson e Gene Hartley.
‡ Indica unidade compartida con Duane Carter, Marshall Teague e Jimmy Jackson logo de retirarse co seu coche.
џ Indica unidade compartida con Paul Russo.
  1. Hayhoe, David; Holland, David (1989). Grand Prix Data Book. Londres: Haynes Publishing. p. 578. 
  2. "Biography at the National Midget Auto Racing Hall of Fame". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 4 de marzo de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Tony Bettenhausen biography at the International Motorsport Hall of Fame". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2012. Consultado o 4 de marzo de 2016. 
  4. 4,0 4,1 "Biography for Paul Russo at the National Midget Auto Racing Hall of Fame". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2012. Consultado o 4 de marzo de 2016. 
  5. Spectator Dies from Injuries at Auto Race Track (San Bernardino County Sun, 17 de outubro de 1950)
  6. "Indy 500 Deadly Accidents, Tony Bettenhausen Sr.". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 22 de setembro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar