Paul Russo
Paul Russo | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
---|---|
Anos en activo | 11 (1950-1960) |
Escudería(s) | Nichels, Kurtis Kraft |
Grandes Premios disputados | 11 (8 saídas) |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 0 |
Podios | 1 |
Pole positions | 0 |
Voltas rápidas | 1 |
Primeiro GP | 500 Millas de Indianápolis de 1950 |
Derradeiro GP | 500 Millas de Indianápolis de 1960 |
Paul Russo, nado o 10 de abril de 1914 en Kenosha, Wisconsin e finado o 13 de febreiro de 1976 en Clearwater, Florida, foi un piloto de carreiras estadounidense.
Carreira de coches MidgetEditar
Comezou a correr en coches midget en 1934. Foise cun continxente de pilotos de coches midget a Hawai no inverno de 1934 - 35.[1] Foi campión do Eastern Midget da AAA de 1938. Russo gañou a primeira carreira disputada no Nutley Velodrome en Nova Jersey en 1938.[1]
Russo formou parte das carreiras de midget das "Chicago Gang" con Emil Andres, Tony Bettenhausen, Duke Nalon, Cowboy O'Rourke, Jimmy Snyder e Wally Zale.[1]
Carreiras de campionatoEditar
Russo pilotou nas series AAA e o campionato USAC, competindo nas tempadas de 1940, 1941, 1946, 1954, 1956, 1959 e 1962 con 85 saídas, incluídas as carreiras das 500 Millas de Indianápolis de cada ano agás 1951 e 1952. Rematou entre as dez mellores 49 veces, con 3 vitorias: en Springfield (1950), Detroit (1951) e Williams Grove (1952). O mellor resultado de Russo na Indy 500 foi o cuarto en 1957 ao volante dun Novi Special. En 1955, Russo co-pilotou con Tony Bettenhausen ata o segundo posto.[1]
O irmán de Russo Joe e o seu sobriño Eddie tamén correron na Indianápolis 500.
O 13 de febreiro de 1976, Russo morreu na costa de Clearwater mentres estaba en Florida para as 500 Millas de Daytona. [1] Russo está enterrado no Cemiterio Crown Hill en Indianápolis.[2]
Premios a súa carreiraEditar
- Russo entrou no Salón da Fama do National Midget Auto Racing en 1992. [1]
Resultados completos no campionato AAA / USACEditar
*Compartido con Tony Bettenhausen
Resultados nas 500 Millas de IndianápolisEditar
|
|
* Unidade compartida con Tony Bettenhausen
Resumo da súa carreira no Campionato MundialEditar
As 500 Millas de Indianápolis formaron parte do Campionato Mundial da FIA desde 1950 ata 1960. Os pilotos que competiron na Indy durante eses anos puntuaron e participaron no Campionato Mundial. Paul Russo participou en 8 carreiras do Campionato do Mundo. Acadou 1 volta rápida, rematou no podio unha vez e acumulou un total de 8,5 puntos no Campionato Mundial.
NotasEditar
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Biography Arquivado 06 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. at the National Midget Auto Racing Hall of Fame
- ↑ "Indianapolis Auto greats" (PDF). Celebrating Automotive Heritage at Crown Hill Cemetery (Crown Hill Cemetery). 2011. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de setembro de 2012. Consultado o 2012-09-10.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paul Russo |
Ligazóns externasEditar
- Paul Russo en Find a Grave (en inglés)