Dennis "Duke" Nalon (2 de marzo de 1913 - 26 de febreiro de 2001) foi un piloto estadounidense da Indy 500 de Chicago, Illinois.

Infotaula de personaDuke Nalon

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1913 Editar o valor em Wikidata
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte26 de febreiro de 2001 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , enxeñeiro , piloto de automobilismo Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata

Andaina nas carreiras editar

Nalon comezou como membro do equipo en boxes para Wally Zale. Nalon quentaba ocasionalmente o coche. Cando Walter Galven necesitou un piloto, Zale convenceu a Galven para que permitise correr a Nalon. Nalon gañou o evento.[1]


Nalon foi alcumado "O duque de ferro". Nalon formou parte da "Chicago Gang" con Tony Bettenhausen. Fixeron unha xira polos circuítos d medio oeste e a costa leste dos Estados Unidos.[1]

Coches midget editar

Nalon gañou carreiras na costa leste dos Estados Unidos na década de 1930. Nalon competiu en coches midget ao longo da súa carreira. Correu a súa última carreira na única carreira de migets de 100-mile (160 km) en Terre Haute. Levou ao famoso midget de Johnny Pawl á vitoria. Rematou a súa carreira como comezou: cunha vitoria.[1]

Coches sprint editar

Gañou o campionato da Costa Leste de 1938 da AAA Sprint car.[1]

Coches indy editar

Nalon comezou dez carreiras nas 500 Millas de Indianápolis, acabando só 3. Partiu da pole dúas veces e fixo dúas veces a volta rápida. En 1947, competiu nun Mercedes-Benz W154.

Accidente nas 500 Millas de Indianápolis de 1949 editar

En 1949, estivo involucrado nun accidente masivo e con lume na curva 3. Chocou contra omuro e o coche estalou en chamas. Sobreviviu porque retivo a respiración (para evitar a asfixia) e saltou do coche mentres aínda estaba en movemento. Tiña graves queimaduras nas pernas o que lle provocou problemas ata a súa morte en 2001.

Resultados na Indy 500 editar

Resultados completos na Fórmula 1 editar

(Chave) (carreiras en letra grosa indican pole position; carreiras en itálica indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1950 Novi Mobil Kurtis Kraft Novi L8 GBR MON 500
NSC
SUI BEL FRA ITA NC 0
1951 Novi Purelube Kurtis Kraft Novi L8 SUI 500
10
BEL FRA GBR ALE ITA ESP NC 0
1952 Novi Pure Oil Kurtis Kraft Novi L8 SUI 500
25
BEL FRA GBR ALE NED ITA NC 0
1953 Novi Governor Kurtis Kraft Novi L8 ARX 500
11
NED BEL FRA GBR ALE SUI ITA NC 0
1954 Novi Pure Oil Kurtis Kraft Novi L8 ARX 500
NSC
BEL FRA GBR ALE SUI ITA ESP NC 0

Resumo da súa carreira no Campionato Mundial editar

As 500 Millas de Indianápolis formou parte do Campionato Mundial FIA desde 1950 ata 1960. Os pilotos que competiron na Indy durante eses anos puntuaron e participaron no Campionato Mundial. Duke Nalon participou en 3 carreiras do Campionato do Mundo. Comezou na pole unha vez pero non logrou puntuar no Campionato Mundial.

Notas editar

Referencias

Véxase tamén editar