Edgar Barth
Edgar Barth, nado en Herold o 26 de xaneiro de 1917 e finado en Ludwigsburg o 20 de maio de 1965, foi un piloto Alemán (Alemán do leste ata 1957, posteriormente occidental) de Fórmula 1 e piloto de coches deportivos.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xaneiro de 1917 Herold, Alemaña (en) |
Morte | 20 de maio de 1965 (48 anos) Ludwigsburg |
Causa da morte | cancro |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de motociclismo |
Deporte | automobilismo Motociclismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Traxectoria
editarComezou a súa carreira como piloto de motocicletas cunha DKW e máis tarde cambiou aos deportivos BMW.[1] A fábrica alemá oriental de BMW converteríase na Eisenacher Motorenwerk (EMW) despois da guerra. Correu nestes coches de Fórmula 2 na Alemaña Occidental ata que a política impediuno. En 1957 emigrou a Occidente.
Barth gañou os Campionatos Europeos de Montaña de 1959, 1963 e 1964 para Porsche e tamén na Targa Florio de 1959.
Ademais das carreiras de Fórmula 2 con Porsche 718, tamén participou nas 24 Horas de Le Mans en numerosas ocasións.
Participou catro veces no Gran Premio de Alemaña, o último en 1964 para Rob Walker nun Cooper. Nove meses despois sucumbiu ao cancro e morreu, con 48 anos de idade, en Ludwigsburg.
O fillo de Edgar Barth, Jürgen Barth, converteuse en enxeñeiro de Porsche e tamén participou no automobilismo, gañando as 24 Horas de Le Mans de 1977.
Rexistro de carreiras
editarResultados completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Pos. | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1953 | Rennkollektiv EMW | EMW R2 | EMW 6 2.0 L6 | ARX | 500 | NED | BEL | FRA | GBR | ALE Ret |
SUI | ITA | NC | 0 | ||
1957 | Dr Ing F. Porsche KG | Porsche RS550 (F2) | Porsche 547/3 1.5 F4 | ARX | MON | 500 | FRA | GBR | ALE 12 |
PES | ITA | NC | 0 | |||
1958 | Dr Ing F. Porsche KG | Porsche RSK (F2) | Porsche 547/3 1.5 F4 | ARX | MON | NED | 500 | BEL | FRA | GBR | ALE 6 |
POR | ITA | MAR | NC | 0 |
1960 | Dr Ing F. Porsche KG | Porsche 718 | Porsche 547/3 1.5 F4 | ARX | MON | 500 | NED | BEL | FRA | GBR | POR | ITA 7 |
USA | NC | 0 | |
1961 | Dr Ing F. Porsche KG | Porsche 787 | Porsche 547/6 1.5 F4 | MON | NED | BEL | FRA | GBR | ALE WD |
NC | 0 | |||||
Porsche System Engineering | Porsche 718 | ITA PO |
USA | |||||||||||||
1964 | R.R.C. Walker Racing Team | Cooper T66 | Climax FWMV 1.5 V8 | MON | NED | BEL | FRA | GBR | ALE Ret |
AUT | ITA | USA | MEX | NC | 0 |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Drivers: Edgar Barth". www.grandprix.com. Consultado o 1 de decembro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Edgar Barth |