Alfred Lazarus Fingleston nado en Bulwell (Nottinghamshire) o 6 de decembro de 1920 e finado en Bexhill o 13 de maio de 2012, foi un piloto de carreiras británico, máis coñecido como Les Leston.[1]

Modelo:BiografíaLes Leston
Biografía
Nacemento16 de decembro de 1920 Editar o valor en Wikidata
Bulwell, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte13 de maio de 2012 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Bexhill-on-Sea, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un (1956–1957), empresario, enxeñeiro, piloto de automobilismo Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
-Connaught Engineering
-Cooper Car Company
-British Racing Motors Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Leston-11 Find a Grave: 93156105 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Na súa xuventude, Leston foi un exitoso batería na banda de jazz The Clay Pigeons. Tamén serviu na segunda guerra mundial como artilleiro. Pouco despois de que terminase a guerra montou xunto ao seu pai Monty un exitoso negocio de accesorios aeronáuticos, Aero Spares, unha compañía involucrada nunha variedade de aparellos técnicos fabricados para avións de guerra.

Comezou a competir nun Jaguar SS100 antes de adquirir un Cooper e o seu propio Leston Special. Gañou o Gran Premio de Luxemburgo en 1952, converteuse en piloto oficial de Cooper en 1954 e gañou o campionato británico de Fórmula Tres o mesmo ano. Participou en tres Grandes Premios do Mundial de Fórmula 1, debutando o 2 de setembro de 1956, pero non logrou puntos de campionato. Participou en Le Mans de 1962 no equipo de Colin Chapman con Tony Shelly como copiloto nun Lotus 23, pero o organizador da carreira, ACO, negoulles a participación, por razón da normativa, na famosa desfeita de Lotus en Le Mans.

Logo de escapar dun accidente grave en Caen en 1958, concentrouse no seu negocio de accesorios para automóbiles en expansión. Les Leston Accessories comercializaba pezas de reposto para automóbiles, como volantes e pancas de engrenaxes. Máis tarde, expandiuse á comercialización de roupa e foi un pioneiro no desenvolvemento de equipos de seguridade como fundas ignífugas e cascos protectores.[1] Aínda que seguía involucrado nas pistas, a comezos dos anos 1960 pilotou o seu Lotus Elite vermello, o famoso DAD10.

A finais da década de 1960 converteuse en xornalista de Fórmula Un para a BBC, ata que foi substituído por Barrie Gill. Na década de 1990, Leston viviu en Hong Kong, onde casou dúas veces e ampliou o seu negocio de merchandising desde China. O seu estilo de vida consistía en posuír un gran cruceiro que sacaba ao mar os fins de semana e un programa de radio de jazz. Frecuentou a barra do Club de Correspondentes Exteriores e, no seu tempo de lecer, montaba unha moto BMW 1.200 cc.

Resultados Completos na Fórmula Un

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos
1956 Connaught Engineering Connaught Type B Alta 4 en liña ARX MON 500 BEL FRA GBR ALE ITA
Ret
NC 0
1957 Cooper Car Company Cooper T43 Climax 4 en liña ARX MON
NSC
500 FRA NC 0
Owen Racing Organisation BRM P25 BRM 4 en liña GBR
Ret
GER PES ITA
  1. 1,0 1,1 "Obituaries: Les Leston". The Daily Telegraph. 6 de xullo de 2012. Consultado o 30 de outubro de 2012. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar