Gran Premio da Arxentina

O Gran Premio da Arxentina foi unha carreira do campionato de Fórmula Un, que se celebrou de forma intermitente desde 1953 a 1998. A pesar de que xa non está no calendario de Fórmula Un, a carreira ten unha historia longa e variada. O presidente arxentino Juan Domingo Perón foi o impulsor da creación do circuíto, logo de ver o éxito do seu compatriota Juan Manuel Fangio.

Modelo:Competición deportivaGran Premio da Arxentina
Imaxe
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor en Wikidata
Deportedeportes de motor Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Internacional do Automóbil Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónAutódromo Oscar Alfredo Gálvez (Buenos Aires) 34°41′39″S 58°27′34″O / -34.694272222222, -58.459347222222 Editar o valor en Wikidata
PaísArxentina Editar o valor en Wikidata
Vixencia1953 – Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo1953 – 1998 Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoMichael Schumacher
(1998)
Editar o valor en Wikidata

Construído nun pantano nos arredores de Buenos Aires en 1952, o "Autódromo", como era coñecido, ten un arco branco dedicado á memoria do Almirante Guillermo Brown (William Brown). O circuíto inaugurouse en marzo de 1952 cunha carreira da "Copa Perón", que foi gañada por Fangio. En 1953, o Autódromo acolleu a primeira carreira de Fórmula Un celebrada fóra de Europa. A carreira viu a Fangio retirarse co seu Maserati logo de 36 voltas debido a un fallo na transmisión; a vitoria de Alberto Ascari para Ferrari viuse ensombrecida por un accidente no que morreron nove persoas.

Ao ano seguinte, Fangio puido chegar ao chanzo máis alto do podio, ao gañar o Gran Premio do seu país no seu segundo intento, ía a gañar tres dos próximos catro Grandes Premios da Arxentina. En 1958, Stirling Moss acadou a vitoria, na que sería a penúltima carreira na distinguida carreira de Fangio. Co seu retiro, e co exilio de Perón (en 1955) que leva a varios gobernos inestables, o Gran Premio da Arxentina desapareceu do calendario da F1 en 1961 por máis dunha década.

Unha carreira non de campionato de Fórmula Un celebrouse en Bos Aires en 1971, gañou Chris Amon en dúas series. En 1972 o Gran Premio da Arxentina regresou ao Campionato Mundial, con Carlos Reutemann como novo heroe arxentino. Reutemann acadou a 'pole position' no seu debut no campionato do mundo, converténdose no segundo piloto en lograr esta fazaña. A carreira foi gañada polo campión do mundo Jackie Stewart. O Gran Premio permaneceu na Arxentina ata 1981. Pero a carreira de 1982 foi cancelada debido á invasión da Arxentina das Illas Malvinas e o repentino retiro de Reutemann tras o Gran Premio do Brasil de 1982.

Un consorcio privado, comprou o circuíto en 1991 e comezou a melloralo. Conseguen entrar no calendario de 1994. Pero a carreira (para outubro) foi abortada para continuar coa modernización. O Gran Premio da Arxentina regresou en 1995, coa vitoria de Damon Hill. Hill, ía gañar de novo a carreira en 1996, (a tempada do seu campionato), e en 1997 Jacques Villeneuve gañou a carreira tamén na tempada que gañou o seu campionato. Por desgraza, os organizadores do evento tropezaron con dificultades financeiras, e a carreira de 1998 foi a última edición do Gran Premio da Arxentina, coa vitoria de Michael Schumacher, no seu noveno triunfo para Ferrari.

A carreira celebrouse en 4 configuracións diferentes da mesma pista (que foi renomeada ao longo dos anos). De 1953 a 1960 a carreira correuse na configuración "Nº 2" , cunha combinación de curvas rápidas e amplas seccións estreitas e reviradas na zona do estadio. En 1953 a carreira correuse en sentido antihorario, pero todas as carreiras posteriores leváronse a cabo no sentido das agullas do reloxo. De 1971 a 1973 a carreira levouse a cabo na configuración "Nº 9" , máis ou menos a mesma que a configuración "Nº 2", pero a "Horquilla" fíxose máis apertada e máis curta. De 1974 a 1981 a carreira correuse na configuración "Nº 15", a configuración máis longa e rápida, cunha sección que combina dúas curvas rápidas sucesivas dereita esquerda con dúas longas rectas e unha terceira curva espectacularmente longa e ancha (chamada Curvon) combinada coa sección interior da última configuración "nº 9". E logo de 1995 ata 1998 a carreira levouse a cabo na revirada configuración "Nº 6" utilizando só a sección interior e unha chicane que aseméllase a unha "S" de Ayrton Senna.

A carreira prevista para 1999, foi cancelada antes do inicio da tempada, deixando un espazo de 5 semanas entre as dúas primeiras carreiras do campionato de 1999.

Gañadores

editar

Gañadores múltiples (pilotos)

editar
Nº de vitorias Piloto Tempada
4   Juan Manuel Fangio 1954, 1955, 1956, 1957
2   Emerson Fittipaldi 1973, 1975
  Damon Hill 1995, 1996

Gañadores múltiples (construtores)

editar

En negra Construtores que seguen competindo no campionato de Fórmula Un.

Nº de vitorias Piloto Tempada
4   Williams 1980, 1995, 1996, 1997
3   Ferrari 1953, 1956, 1998
2   Maserati 1954, 1957
  Cooper 1958, 1960
  McLaren 1974, 1975
  Lotus 1973, 1978

Por Ano

editar
Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados
1998   Michael Schumacher Ferrari Buenos Aires No.6 Resultados
1997   Jacques Villeneuve Williams-Renault Buenos Aires No.6 Resultados
1996   Damon Hill Williams-Renault Buenos Aires No.6 Resultados
1995   Damon Hill Williams-Renault Buenos Aires No.6 Resultados
1994
-
1982
Non celebrado
1981   Nelson Piquet Brabham-Ford Buenos Aires No.15 Resultados
1980   Alan Jones Williams-Ford Buenos Aires No.15 Resultados
1979   Jacques Laffite Ligier-Ford Buenos Aires No.15 Resultados
1978   Mario Andretti Lotus-Ford Buenos Aires No.15 Resultados
1977   Jody Scheckter Wolf-Ford Buenos Aires No.15 Resultados
1976 Non celebrado
1975   Emerson Fittipaldi McLaren-Ford Buenos Aires No.15 Resultados
1974   Denny Hulme McLaren-Ford Buenos Aires No.15 Resultados
1973   Emerson Fittipaldi Lotus-Ford Buenos Aires No.9 Resultados
1972   Jackie Stewart Tyrrell-Ford Buenos Aires No.9 Resultados
1971   Chris Amon Matra Buenos Aires No.9 Resultados
1970
-
1961
Non celebrado
1960   Bruce McLaren Cooper-Climax Buenos Aires No.2 Resultados
1959 Non celebrado
1958   Stirling Moss Cooper-Climax Buenos Aires No.2 Resultados
1957   Juan Manuel Fangio Maserati Buenos Aires No.2 Resultados
1956   Luigi Musso
  Juan Manuel Fangio
Ferrari Buenos Aires No.2 Resultados
1955   Juan Manuel Fangio Mercedes Buenos Aires No.2 Resultados
1954   Juan Manuel Fangio Maserati Buenos Aires No.2 Resultados
1953   Alberto Ascari Ferrari Buenos Aires No.2 Resultados