Peter Collins
Peter John Collins, nado en Kidderminster (Worcestershire) o 6 de novembro de 1931 e finado no circuíto de Nürburgring (Alemaña) o 3 de agosto de 1958, foi un piloto inglés de Fórmula 1. Participou en 35 Grandes Premios do Campionato do Mundo, estreouse o 18 de maio de 1952. Gañou 3 carreiras, logrou nove podios, e anotou un total de 47 puntos no campionato.
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de novembro de 1931 Kidderminster, Reino Unido (pt) |
Morte | 3 de agosto de 1958 (26 anos) Bonn, Alemaña |
Educación | Bromsgrove School (en) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de motociclismo |
Deporte | automobilismo Motociclismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Premios | |
|
Traxectoria
editarDo mesmo xeito que moitos pilotos británicos da posguerra, Collins iniciou a súa carreira de competición na categoría de 500cc (adoptada como Fórmula 3 ao final de 1950), cando os seus pais compráronlle un Cooper 500 da incipiente Cooper Car Company. Estas pequenas máquinas, accionadas por motores de motocicletas, foron tamén o campo de probas de moitos dos contemporáneos de Collins na F1, incluíndo en particular a Stirling Moss.
Collins uniuse ao equipo deportivo de Aston Martin en 1952, e obtivo unha sensacional vitoria na carreira Goodwood Nine Hours de 1952, compartindo un Aston con Pat Griffith. Ao ano seguinte, co Aston Martin DB3S que compartía con Pat Griffith logrou a vitoria no Tourist Trophy en Dundrod.
Collins conseguiu entrar na Fórmula Un en 1952, logrou unha unidade co humilde equipo HWM, en substitución de Stirling Moss. Os resultados non acompañaron ao equipo, e Collins deixouno logo da tempada de 1953. Os seguintes períodos de condución foron con Vanwall e Maserati, xunto cun breve paso nun BRM, que terminou cun accidente na cualificación, Collins asinou con Ferrari para a tempada de F1 de 1956. A tempada de 1956 de Collins con Ferrari demostrou ser un punto de inflexión, rematou nun sólido segundo lugar detrás de Moss en Mónaco, e gañou os grandes Premios de Bélxica e Francia. De feito, Collins estivo a piques de converterse no primeiro británico campión do mundo de F1, cando entregou o seu Lancia-Ferrari D50 ao líder do equipo Juan Manuel Fangio despois de que este sufrira unha rotura no brazo de dirección cerca do final do Gran Premio de Italia en Monza decindolle "Siga vostede, mestre, eu terei tempo para gañar outros campionatos no futuro". Collins, finalmente terminou en segundo lugar, pero a vitoria de Moss, e os puntos extra gañados finalmente por Fangio, deron como resultado que Collins so acadara o terceiro posto no campionato. O acto desinteresado de Collins gañoulle o respecto de Enzo Ferrari.
En 1956, Collins trasladouse a Mónaco co fin de evitar o servizo militar obrigatorio no exército británico e así continuar a súa carreira.[1]
En xaneiro de 1957, Collins casou coa actriz estadounidense Louise King, e a parella instalouse nun iate no porto de Mónaco. Ese mesmo ano, Collins uniuse a Ferrari grazas a Mike Hawthorn. Os dous fixéronse moi bos amigos, ata o punto de acordar dividir as súas ganancias entre ámbolos dous, e xuntos participaron nunha feroz rivalidade co seu compañeiro, o piloto de Ferrari Luigi Musso.[2] Con todo, a pesar dun terceiro lugar en Nurburgring, o equipo Ferrari era claramente inferior, e durante gran parte da tempada o modelo 801 (unha evolución do Lancia D50 de 1954) estaba obsoleto. 1958 viu a introdución do novo Ferrari Dino 246, un coche moi mellorado, e unha vez máis os resultados comezaron a aparecer no camiño da Scuderia Ferrari. Collins conseguiu a súa terceira e última vitoria no GP de Gran Bretaña, así como un terceiro lugar en Mónaco. Hawthorn gañou o fatídico Gran Premio de Francia de 1958 en Reims, no que Luigi Musso morreu mentres marchaba no segundo lugar (Stirling Moss finalmente foi segundo, e Collins quinto).
Durante o Gran Premio de Alemaña de 1958 no circuíto de Nürburgring, Collins e Hawthorn estaban perseguindo ao Vanwall de Tony Brooks cando ocorreu o desastre. Apretando duro para manter o ritmo, Collins encarou a sección Pflanzgarten, entrou na curva demasiado rápido, polo que tomouna moi aberta e o Ferrari caeu nun amplo foso no lado esquerdo da estrada. Collins perdeu o control, volteou no aire e aterrou boca abaixo nunha nube de po. Aínda que Collins foi lanzado limpamente, cando o coche deu o salto mortal, golpeouse cunha árbore, sufrindo lesións críticas na cabeza. A pesar de ser trasladado en helicóptero ao hospital, Collins morreu esa mesma tarde dun xeito case idéntico ao de Luigi Musso. Xa enfermo de problemas renais, Hawthorn viuse afectado notablemente pola morte de Collins, e retirouse da competición inmediatamente logo de gañar o Campionato de Pilotos de 1958. Hawthorn morrería ao ano seguinte nun accidente de automóbil mentres conducía pola estrada de circunvalación A3 preto de Guildford.
Rivalidade con Luigi Musso
editarMoitos anos logo da morte de Peter Collins, Fiamma Breschi, a noiva de Luigi Musso no momento da súa morte, revelou a natureza da rivalidade entre Collins e Hawthorn co seu compañeiro de Ferrari o piloto Luigi Musso no documental de televisión, A vida secreta de Enzo Ferrari. Breschi recordou que o antagonismo entre Musso e os dous pilotos ingleses alentou aos tres a tomar máis riscos dos debidos:
"Os ingleses (Hawthorn e Collins) tiñan un acordo", dixo ela. "Se calquera deles gañaba, compartian as ganancias por igual. Eran eles dous contra Luigi, que non formaba parte do acordo. A unión facia a forza, e uníronse na súa contra. Este antagonismo era en realidade favorable e non prexudicial para Ferrari. Canto máis rápido ian os pilotos, máis probable era que gañara un Ferrari."
Breschi contou que Musso tiña débedas no momento da súa morte, e o diñeiro por gañar o Gran Premio de Francia de 1958 (tradicionalmente o maior premio monetario da época), era moi importante para el. Logo de visitar o mortalmente ferido Musso no hospital, Breschi devolta no seu hotel, foi informada co resto do equipo Ferrari polo director do equipo, que esa tarde Musso morrera.[2]
Resultado completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. * unidade compartida
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1952 | HW Motors | HWM 52 | Alta | SUI Ret |
500 | BEL Ret |
FRA 6 |
RU Ret |
ALE NTS |
NED | ITA NSC |
NC | 0 | |||
1953 | HW Motors | HWM 53 | Alta | ARX | 500 | NED 8 |
BEL Ret |
FRA 13 |
RU Ret |
ALE | SUI | ITA | NC | 0 | ||
1954 | G A Vandervell | Vanwall Special | Vanwall | ARX | 500 | BEL | FRA | RU Ret |
ALE | SUI | ITA 7 |
ESP NTS |
NC | 0 | ||
1955 | Owen Racing Organisation | Maserati 250F | Maserati | ARX | MON | 500 | BEL | NED | RU Ret |
NC | 0 | |||||
Officine Alfieri Maserati | Maserati 250F | Maserati | ITA Ret |
|||||||||||||
1956 | Scuderia Ferrari | Ferrari 555 | Ferrari | ARX Ret |
3º | 25 | ||||||||||
Lancia-Ferrari D50 | Ferrari | MON 2* |
500 | BEL 1 |
FRA 1 |
RU 2 * |
ALE Ret * |
ITA 2 * |
||||||||
1957 | Scuderia Ferrari | Lancia-Ferrari D50 | Ferrari | ARX 6 * |
9º | 8 | ||||||||||
Ferrari 801 | Ferrari | MON Ret |
500 | FRA 3 |
RU 4 * |
ALE 3 |
PES | ITA Ret |
||||||||
1958 | Scuderia Ferrari | Ferrari Dino 246 | Ferrari | ARX Ret |
MON 3 |
NED Ret |
500 | BEL Ret |
FRA 5 |
RU 1 |
ALE Ret |
POR | ITA | MAR | 5º | 14 |
Notas
editar- ↑ Peter Collins Asked Me To Marry Him The Shuttle, 7 August 2008
- ↑ 2,0 2,1 Williams, Richard, Richard Williams Talks to Fiamma Breschi, the Woman Behind Enzo Ferrari, The Guardian, 22 January 2004
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peter Collins |