Gran Premio de Bahrain de 2018
O Gran Premio de Bahrain de 2018 (oficialmente coñecido como 2018 Formula 1 Gulf Air Bahrain Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula Un que se celebrou o 8 de abril de 2018 no Circuíto Internacional de Bahrain en Sakhir, Bahrain. A carreira foi a segunda rolda da tempada 2018 de Fórmula Un e marca a décimo cuarta vez que se celebra o Gran Premio de Bahrain como parte do Campionato Mundial de Fórmula Un.
Nome oficial | Formula 1 2018 Gulf Air Bahrain Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Bahrain |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2018 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Internacional de Bahrain (Província do Sul (pt) ) 26°01′57″N 50°30′38″L / 26.0325, 50.510555555556 |
Lonxitude | 5,412 km |
País | Bahrain |
Data | 8 de abril de 2018 |
Competición | |
Primeiro posto | Sebastian Vettel |
Pole position | Sebastian Vettel (01:27,958) |
Volta máis rápida | Valtteri Bottas (01:33,74) |
Pneumáticos dispoñibles
editarPneumáticos para pista seca | Pneumáticos de chuvia | |||
---|---|---|---|---|
Superbrandos |
Brandos |
Medios |
Intermedios |
Chuvia |
Informes
editarDaniel Ricciardo foi o máis rápido na primeira práctica e Kimi Räikkönen o máis rápido na segunda e terceira práctica.[1][2][3]
O tempo da pole position de Sebastian Vettel é o novo récord do circuíto.[4]
Cualificación
editar- Q1
Ferrari dominou na primeira quenda da cualificación desde os primeiros minutos. A pesar de usar pneumáticos brandos (banda amarela), Raikkonen e Vettel fixeron os mellores tempos, cunha boa vantaxe para os demais pilotos, a maioría con compostos superbrandos (banda vermella), que eran máis adherentes.
Foi neste instante que Max Verstappen cometeu un erro na entrada da curva 2, perdeu o coche e foi parar na barreira de pneumáticos. Resultado, a bandeira vermella xa con case cinco minutos para o fin. Un problema para a Red Bull. E moitos pilotos perderon a oportunidade de boas voltas, entre eles Alonso, que non escondeu a súa irritación.
Despois da bandeira vermella polo accidente de Verstappen, comezou nos minutos finais unha gran batalla polas últimas prazas na Q2 e Fernando Alonso pasou un enorme apuro. No último minuto, o bicampión estaba en 15º lugar e moi ameazado por [Romain Grosjean]], que aínda facía súa última volta. Mais o francés da Haas errou na última curva e ficou 16º. Chamou a atención o pésimo desempeño de Lance Stroll, último cualificado co Wililiams.
Eliminados: Romain Grosjean (Haas-Ferrari), Marcus Ericsson (Sauber), Sergey Sirotkin (Williams), Charles Leclerc (Sauber) e Lance Stroll (Williams)
- Q2
Ferrari volveu a comezar mellor na segunda quenda do adestramento, con Vettel facendo o mellor tempo da fin de semana na primeira tentativa (1m28s341), mentres Raikkonen ficou 0s174 atrás. Mais Lewis Hamilton, que ficara só en quinto lugar na Q1, se meteu entre os dous Ferraris para ficar en segundo tras a primeira rolda de voltas lanzadas. Hamilton, usou estratexicamente pneumáticos brandos (banda amarela) na súa mellor volta e volveu utilizalos na saída, ou sexa, fixo seu primeiro pit stop despois dos adversarios.
As primeiras posicións se mantiveron ata o fin da Q2, con Bottas e Ricciardo completando o top 5. Na disputa polas demais prazas decepcionou [[McLaren]. Tanto Fernando Alonso como Stoffel Vandoorne tiveron dificultades co equilibrio dos coches, e o español ficou só coa 13ª posición, un posto por diante do belga. Force India evolucionou claramente en relación á Australia: Esteban Ocon avanzou á Q3 en décimo lugar, dous postos por diante de Sergio Pérez, que tivo fallos na recuperación de enerxía. A gran sorpresa foi Pierre Gasly, clasificado por primeira vez na carreira na Q3, noveno.
Eliminados: Brendon Hartley (Toro Rosso),Sergio Pérez (Force India), Fernando Alonso (McLaren), Stoffel Vandoorne (McLaren) e Max Verstappen (Red Bull-TAG Heuer)
- Q3
A primeira rolda de tentativas na Q3 volveu a ter dominio de Ferrari, con Raikkonen superando Vettel en 0s095. Hamilton ficou 0s096 á cabeza de Bottas na primeira volta lanzada, mentres Ricciardo ficou quinto, diante do sorprendente Gasly.
Na última tentativa, Vettel logrou a primeira pole position de Ferrari na tempada 2018. O Home de Xeo chegou a ser superado por Bottas, mais acabou por diante do seu compatriota na última volta lanzada.
Carreira
editarNo inicio, Vettel conseguiu saír ben, liderando na 1ª curva. Bottas superou a Raikkonen para acadar a segunda posición, e Gasly tamén superou a Ricciardo ao 4º posto. Con todo, Ricciardo recuperou o cuarto posto na curva 4, na primeira volta. Max Verstappen recuperou terreo na primeira volta polo que quedou detrás de Lewis Hamilton, que caerá ao décimo lugar. A parella loitou na curva 1 na volta 2, con Verstappen picando o seu pneumático traseiro esquerdo. O seu compañeiro de equipo, Daniel Ricciardo, experimentou unha parada eléctrica ao mesmo tempo, obrigándoo a retirarse. Brendon Hartley recibiu unha penalización de 10 segundos por causar unha colisión con Sergio Pérez. Verstappen entón perdeu potencia que o obrigou a retirarse do Gran Premio. Esta foi a primeira vez en 8 anos que os dous pilotos de Red Bull Racing se retiraron dun Gran Premio, e por primeira vez desde o Gran Premio de Rusia de 2016 que ningún dos pilotos de Red Bull anotou puntos. Hamilton superou a Fernando Alonso, Esteban Ocon e Nico Hülkenberg nunha curva para subir ao sexto lugar. Logo pasou a Kevin Magnussen e Pierre Gasly nas seguintes voltas para subir ao cuarto lugar.
Durante a súa segunda parada en boxes na volta 35, Kimi Räikkönen golpeou ao cambiador de pneumáticos de Ferrari Francesco Cigarini co seu pneumático traseiro esquerdo cando o seu coche saíu da caixa de boxes, rompendo a tibia e peroné de Cigarini.[5] O incidente foi causado polo semaforo de boxes de Ferrari que cambiou incorrectamente a verde a pesar do feito de que o pneumático traseiro esquerdo non se cambiara.[6] Räikkönen detívose inmediatamente no pit lane e retirou o coche. A retirada de Räikkönen ascendeu a Lewis Hamilton ao podio e Ferrari foi posteriormente multado con 50.000 € por unha saída de boxes insegura.[7]
O incidente do pit lane de Räikkönen fixo que o seu compañeiro de equipo Sebastian Vettel non puidese realizar a súa segunda parada a tempo, e tivo que ampliar a duración dos seus pneumáticos brandos un 30% máis que a esperanza de vida dos pneumáticos, segundo indicou Pirelli. Cara ao final da carreira, con Vettel loitando cos seus pneumáticos, Bottas conseguiu entrar no rango de DRS de Vettel, pero non puido pasar ao liderado da carreira. Pierre Gasly finalizou a carreira no 4º posto, igualando o mellor resultado de Toro Rosso no 2017, logrando o mellor resultado de Honda desde que volveu á F1.
Despois da carreira, Brendon Hartley e Sergio Pérez recibiron 30 segundos de penaización por non manter a posición na volta de formación.
Clasificación
editarCualificación
editarPos. | Nº | Piloto | Construtor | Tempos | Grella final | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Q1 | Q2 | Q3 | |||||
1 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 1:29.060 | 1:28.341 | 1:27.958 | 1 |
2 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:28.951 | 1:28.515 | 1:28.101 | 2 |
3 | 77 | Valtteri Bottas | Mercedes | 1:29.275 | 1:28.794 | 1:28.124 | 3 |
4 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:29.396 | 1:28.458 | 1:28.220 | 9[8] |
5 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull Racing-TAG Heuer | 1:29.552 | 1:28.962 | 1:28.398 | 4 |
6 | 10 | Pierre Gasly | Scuderia Toro Rosso-Honda | 1:30.121 | 1:29.836 | 1:29.329 | 5 |
7 | 20 | Kevin Magnussen | Haas-Ferrari | 1:29.594 | 1:29.623 | 1:29.358 | 6 |
8 | 27 | Nico Hülkenberg | Renault | 1:30.260 | 1:29.187 | 1:29.570 | 7 |
9 | 31 | Esteban Ocon | Force India-Mercedes | 1:30.338 | 1:30.009 | 1:29.874 | 8 |
10 | 55 | Carlos Sainz | Renault | 1:29.893 | 1:29.802 | 1:29.986 | 10 |
11 | 28 | Brendon Hartley | Scuderia Toro Rosso-Honda | 1:30.412 | 1:30.105 | 11 | |
12 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1:30.218 | 1:30.156 | 12 | |
13 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Renault | 1:30.530[9] | 1:30.212 | 13 | |
14 | 2 | Stoffel Vandoorne | McLaren-Renault | 1:30.479 | 1:30.525 | 14 | |
15 | 33 | Max Verstappen | Red Bull Racing-TAG Heuer | 1:29.374 | sen tempo | 15 | |
16 | 8 | Romain Grosjean | Haas-Ferrari | 1:30.530[9] | 16 | ||
17 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 1:31.063 | 17 | ||
18 | 35 | Sergey Sirotkin | Williams-Mercedes | 1:31.414 | 18 | ||
19 | 16 | Charles Leclerc | Sauber-Ferrari | 1:31.420 | 19 | ||
20 | 18 | Lance Stroll | Williams-Mercedes | 1:31.503 | 20 | ||
107% tempo: 1:35.177 | |||||||
Fonte:[10] |
Carreira
editarPos. | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 57 | 1:32:01.940 | 1 | 25 |
2 | 77 | Valtteri Bottas | Mercedes | 57 | +0.699 | 3 | 18 |
3 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 57 | +6.512 | 9 | 15 |
4 | 10 | Pierre Gasly | Toro Rosso-Honda | 57 | +1:02.234 | 5 | 12 |
5 | 20 | Kevin Magnussen | Haas-Ferrari | 57 | +1:15.046 | 6 | 10 |
6 | 27 | Nico Hülkenberg | Renault | 57 | +1:39.024 | 7 | 8 |
7 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Renault | 56 | +1 volta | 13 | 6 |
8 | 2 | Stoffel Vandoorne | McLaren-Renault | 56 | +1 volta | 14 | 4 |
9 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 56 | +1 volta | 17 | 2 |
10 | 31 | Esteban Ocon | Force India-Mercedes | 56 | +1 volta | 8 | 1 |
11 | 55 | Carlos Sainz | Renault | 56 | +1 volta | 10 | |
12 | 16 | Charles Leclerc | Sauber-Ferrari | 56 | +1 volta | 19 | |
13 | 8 | Romain Grosjean | Haas-Ferrari | 56 | +1 volta | 16 | |
14 | 18 | Lance Stroll | Williams-Mercedes | 56 | +1 volta | 20 | |
15 | 35 | Sergey Sirotkin | Williams-Mercedes | 56 | +1 volta | 18 | |
16[11] | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 56 | +1 volta | 12 | |
17[12] | 28 | Brendon Hartley | Toro Rosso-Honda | 56 | +1 volta | 11 | |
Ret | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 35 | Accidente | 2 | |
Ret | 33 | Max Verstappen | Red Bull-TAG Heuer | 5 | Diferencial | 15 | |
Ret | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-TAG Heuer | 2 | Motor | 4 | |
Fonte:F1.com[13] |
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Australia de 2018 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2018 |
Carreira seguinte: Gran Premio da China de 2018 |
Carreira anterior: Gran Premio de Bahrain de 2017 |
Gran Premio de Bahrain | Carreira seguinte: Gran Premio de Bahrain de 2019 |
Notas
editar- ↑ "Results". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2018.
- ↑ "Results". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2018.
- ↑ "Results". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2018.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2018. Consultado o 08 de abril de 2018.
- ↑ "Ferrari explains error that injured mechanic in Bahrain Grand Prix". Eurosport. 2018-04-13. Consultado o 2018-05-01.
- ↑ "Ferrari mechanic suffers broken leg when hit by Kimi Raikkonen in pits at Bahrain GP". abc.net.au (Australian Broadcasting Corporation). 9 April 2018. Consultado o 9 de abril de 2018.
- ↑ "Ferrari handed big fine for Raikkonen unsafe release". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Consultado o 2018-04-12.
- ↑ Lewis Hamilton recibiu unha penalización de cinco postos na grella por un cambio da caixa de cambios non programado.
- ↑ 9,0 9,1 Fernando Alonso e Romain Grosjean fixeron tempos de volta idénticos na Q1. Como Alonso foi o primeiro en marcar o seu tempo, considerouse que se clasificou por diante de Grosjean e avanzou a Q2.
- ↑ "Formula 1 2018 Gulf Air Bahrain Grand Prix – Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 7 de abril de 2018. Consultado o 7 de abril de 2018.
- ↑ Sergio Pérez acabou no duodécimo lugar pero recibiu treinta segundos de penalización por adiantarse na volta de formación.
- ↑ Brendon Hartley acabou no décimo terceiro lugar pero recibiu trinta segundos de penalización porque non puido recuperar a súa posición inicial orixinal antes de chegar á liña de seguridade do coche de seguridade na volta de formación.
- ↑ "Results-race". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2018. Consultado o 8 de abril de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Bahrain de 2018 |
Ligazóns externas
editar- http://www.grandprix.com.au/ páxina oficial