Esteban Ocon
Esteban Ocon (26 anos) | |
---|---|
![]() Ocon no Gran Premio de Malaisia de 2016 | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
Monopraza número | 31 |
Escudería actual | Alpine-Renault |
Escudería no 2024 | Alpine-Renault[1] |
Grandes Premios disputados | 114 |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 1 |
Podios | 2 |
Pole positions | 0 |
Voltas rápidas | 0 |
Primeiro Grand Prix | Gran Premio de Bélxica de 2016 |
Posición no 2023 | 12º (4 ptos.) |
Na rede
| |
http://www.esteban-ocon.com/ | |
![]() ![]() ![]() |
Esteban José Jean-Pierre Ocon-Khelfane [2] nado en Évreux, Normandía o 17 de setembro de 1996, é un piloto de carreiras francés que competiu para Renault na Fórmula 1 en 2020 e correra para Alpine a partir de 2021, baixo bandeira francesa. Debutou na Fórmula Un con Manor Racing no Gran Premio de Bélxica de 2016, substituíndo a Rio Haryanto. Ocon formou parte do programa de desenvolvemento de pilotos Mercedes-Benz ata o seu traslado a Renault.[3] En 2020, acadou o seu primeiro podio na Fórmula Un ao finalizar segundo no Gran Premio de Sakhir de 2020.
CarreiraEditar
Ocon comezou no karting en 2006, cando terminou oitavo no Campionato de Francia Minime,[4] antes de gañar o campionato do ano seguinte.[5] Continuou a súa xeira gañadora en 2008 no Campionato cadete francés,[6] antes de pasar á escena internacional en 2009. Trasladouse á categoría KF3, permanecendo ata finais de 2011, cando gañou o título francés KF3 e terminou como subcampión na WSK Euro Series.[7]
Fórmula RenaultEditar
En 2012, Ocon fixo a súa debut en monoprazas, participando na tempada 2012 da Eurocup Fórmula Renault 2.0 con Koiranen Motorsport.[8] Acabou décimo cuarto con catro acabados puntuables, incluíndo un podio na súa proba de casa en Le Castellet tamén disputou unha campaña parcial na tempada 2012 Formula Renault 2.0 Alps con Koiranen,[9] terminou sétimo con dous podios, ambos dos cales chegaron no Red Bull Ring.
Para a tempada 2013 da Eurocup Fórmula Renault 2.0, decidiu cambiar á ART Junior Team.[10] Logrou tres podios, así como a súa primeira vitoria en Le Castellet e terminou a tempada na terceira posición da táboa.[11]
Fórmula TresEditar
Ocon fixo o seu debut na Fórmula Tres no Gran Premio de Macau, correndo para Prema Powerteam.[12] En 2014 ampliou a súa colaboración con Prema no Campionato de Europa de Fórmula Tres da FIA.[13] Estivo na primeira posición da clasificación xa na primeira rolda en Silverstone, e gañou o campionato a falta dunha carreira.[14]
Fórmula Renault 3.5 SeriesEditar
Ocon uniuse á categoría da Serie Mundial de Renault 3.5 con Comtec Racing en Hungaroring e Le Castellet. Anotando dous puntos na súa primeira carreira.[15]
GP3 SeriesEditar
O 11 de marzo de 2015, anunciouse que Ocon entraría na serie con ART Grand Prix. Logrou o campionato malia só anotar unha vitoria (perdeu outras dúas vitorias debido ás sancións) e a presión de Luca Ghiotto.
DTMEditar
O 10 de febreiro de 2016, anunciouse que Ocon pilotaría un Mercedes-Benz na tempada 2016 da DTM 2016, xunto ao seu papel de reserva en Renault Sport F1. Ocon enche o posto vacante do campión da DTM 2015 e compañeiro no programa xuvenil de Mercedes F1 Pascal Wehrlein que debutou na F1 con Manor Racing.
Fórmula Un (2016-presente)Editar
Ocon tomou parte na primeira sesión de adestramentos libres d Gran Premio de Abu Zabi o 21 de novembro de 2014, pilotando un Lotus F1. Tamén participou na proba logo da carreira en Barcelona con Force India. Antes de lograr o título da GP3, anunciouse que ía entrar no programa xuvenil do equipo de Mercedes de F1. En febreiro de 2016, anunciouse que Ocon actuaría como piloto de reserva para o equipo Renault Sport F1.[16]
Manor (2016)Editar
O 10 de agosto de 2016, anunciouse que Ocon pilotaria un Manor Racing na segunda metade da tempada 2016, en substitución de Rio Haryanto,[17][18] aínda que Hary quedou no posto de piloto de reserva. Ocon fixo o seu debut na Fórmula Un no Gran Premio de Bélxica de 2016, clasificando en penúltimo lugar. Obtivo o seu mellor resultado, 12° no caótico Gran Premio do Brasil, caendo fóra dos puntos na última volta.
Force India (2017)Editar
O 10 de novembro de 2016, Force India anunciou que contrataran a Ocon para a tempada 2017 como parte do seu contrato multianual con Mercedes.[19] Anotou o seu primeiro punto na Fórmula Un na súa primeira carreira para Force India en Australia.[20] Terminou décimo nas primeiras tres carreiras da tempada. Logo terminou sétimo no GP de Rusia, e continuou a racha de puntos cun impresionante 5º lugar no GP de España. Situouse no oitavo lugar no campionato de pilotos, despois do Gran Premio de Austria. Logo diso, rexistrou o 8º lugar fronte ao seu compañeiro de equipo. Seguiu co noveno en Hungría. A súa racha de 27 carreiras consecutivas sen retirarse terminou no Gran Premio do Brasil onde tivo un accidente co seu compatriota Romain Grosjean cando chocaron na primeira volta da carreira. Terminou a súa primeira tempada completa con 87 puntos e 8º no campionato logo dun oitavo lugar na última carreira da tempada, o Gran Premio de Abu Zabi.
Rexistro de carreirasEditar
Traxectoria profesionalEditar
* Tempada en curso.
Resultados completos no Campionato Europeo de Fórmula 3 da FIAEditar
(clave)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 32 | 33 | DC | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2014 | Prema Powerteam | SIL 1 2 |
SIL 2 1 |
SIL 3 3 |
HOC 1 9 |
HOC 2 1 |
HOC 3 2 |
PAU 1 1 |
PAU 2 2 |
PAU 3 2 |
HUN 1 2 |
HUN 2 1 |
HUN 3 1 |
SPA 1 Ret |
SPA 2 2 |
SPA 3 2 |
NOR 1 2 |
NOR 2 14 |
NOR 3 2 |
MSC 1 1 |
MSC 2 1 |
MSC 3 1 |
RBR 1 13 |
RBR 2 Ret |
RBR 3 13 |
NÜR 1 6 |
NÜR 2 3 |
NÜR 3 Ret |
IMO 1 1 |
IMO 2 4 |
IMO 3 3 |
HOC 1 7 |
HOC 2 4 |
HOC 3 7 |
1º | 478 |
Resultados completos nas Formula Renault 3.5 SeriesEditar
(clave) (Carreiras e negra indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2014 | Comtec Racing | MNZ 1 |
MNZ 2 |
ALC 1 |
ALC 2 |
MON 1 |
SPA 1 |
SPA 2 |
MSC 1 |
MSC 2 |
NÜR 1 |
NÜR 2 |
HUN 1 9 |
HUN 2 DNS |
LEC 1 14 |
LEC 2 12 |
XER 1 |
XER 2 |
23º | 2 |
Resultados completos na Fórmula UnEditar
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
* Tempada en curso.
Resultados completos nas GP3 SeriesEditar
(clave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2015 | ART Grand Prix | ESP FEA 1 |
ESP SPR 7 |
AUT FEA 3 |
AUT SPR DSC |
GBR FEA 6 |
GBR SPR 2 |
HUN FEA 2 |
HUN SPR 2 |
BEL FEA 2 |
BEL SPR 2 |
ITA FEA 2 |
ITA SPR 2 |
RUS FEA 2 |
RUS SPR 2 |
BHR FEA 3 |
BHR SPR 2 |
ABU FEA 4 |
ABU SPR 3 |
1º | 253 |
Resultados completos na DTMEditar
(clave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Year | Equipo | Coche | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2016 | Mercedes-Benz DTM Team ART | Mercedes-AMG C63 DTM | HOC 1 Ret |
HOC 2 Ret |
SPL 1 20 |
SPL 2 18 |
LAU 1 23 |
LAU 2 15 |
NOR 1 Ret |
NOR 2 13 |
ZAN 1 9 |
ZAN 2 18 |
MSC 1 |
MSC 2 |
NÜR 1 |
NÜR 2 |
HUN 1 |
HUN 2 |
HOC 1 |
HOC 2 |
23º* | 2* |
* Tempada en curso.
NotasEditar
- ↑ "2022 FIA Formula One World Championship – Entry List". Fédération Internationale de l'Automobile. 7 de decembro de 2021. Consultado o 7 de decembro de 2021.
- ↑ "Registre du Commerce du Canton de Genève". ge.ch (en francés). Consultado o 2020-11-11.
- ↑ "Renault 'very clear' Ocon deal is no Mercedes loan". www.motorsport.com (en inglés). Consultado o 2020-07-08.
- ↑ "Championnat de France — Minime 2006". driverdb.com (Driver Database). Consultado o 18 de outubro de 2013.
- ↑ "Championnat de France — Minime 2007". driverdb.com (Driver Database). Consultado o 18 de outubro de 2013.
- ↑ "Championnat de France — Cadet 2008". driverdb.com (Driver Database). Consultado o 18 de outubro de 2013.
- ↑ Musker, Ant (4 de outubro de 2013). "Lotus’s one to watch: Esteban Ocon". Paddock Scout. Consultado o 18 de outubro de 2013.
- ↑ "Ocon e Pakari pronti per il debutto" [Ocon and Pacari ready for debut]. ItaliaRacing.net (en Italian) (Inpagina). 13 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2012. Consultado o 13 de decembro de 2011.
- ↑ "F.Renault 2.0 ALPS synonimous of quality with top team and drivers ready to roll in 2012 season". Renaultsport Italia (Fast Lane Promotion). 8 de marzo de 2012. Consultado o 8 de marzo de 2012.
- ↑ "Lotus F1 Junior Team drivers announced". GPUpdate.net (JHED Media BV). 15 de febreiro de 2013. Consultado o 15 de febreiro de 2013.
- ↑ Musker, Ant (29 de setembro de 2013). "Ocon takes first Eurocup victory in frantic race two". Paddock Scout. Consultado o 18 de outubro de 2013.
- ↑ Simmons, Marcus (15 de outubro de 2013). "Lotus Formula 1 protege Esteban Ocon gets Prema Macau Formula 3 seat". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 18 de outubro de 2013.
- ↑ Vendrell, Arnau Viñals (19 de outubro de 2013). "Esteban Ocon in F3 with Prema Powerteam for 2014". formularapida.net. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2013. Consultado o 20 de outubro de 2013.
- ↑ Khorounzhiy, Valentin (18 de outubro de 2014). "Verstappen claims ninth win as Ocon is crowned champion". Paddock Scout. Consultado o 18 de outubro de 2014.
- ↑ Simmons, Marcus (8 de setembro de 2014). "Lotus F1 junior, European F3 leader Esteban Ocon makes FR3.5 debut". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 19 de outubro de 2014.
- ↑ Parkes, Ian (2 de febreiro de 2016). "Esteban Ocon set to get Renault Formula 1 reserve role for 2016". Autosport. Consultado o 2 de febreiro de 2016.
- ↑ Barretto, Lawrence (10 de agosto de 2016). "Manor F1 team replaces Rio Haryanto with Esteban Ocon". autosport.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2016. Consultado o 10 de agosto de 2016.
- ↑ Morlidge, Matt (10 de agosto de 2016). "Esteban Ocon steps up to replace Rio Haryanto at Manor". Sky Sports. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2016. Consultado o 10 de agosto de 2016.
- ↑ "Force India signs Ocon on multi-year deal". motorsport.com. Consultado o 10 de novembro de 2016.
- ↑ "Force India scores top-10 double at F1 opener in Australia". Autoweek. Consultado o 26 de marzo de 2017.
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Esteban Ocon |