Gran Premio dos Estados Unidos de 2016

O Gran Premio dos Estados Unidos de 2016 (oficialmente 2016 Formula 1 United States Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula 1, que se celebrou no Circuíto das Américas no Condado de Travis preto de Austin, Texas o 23 de outubro de 2016. A carreira, celebrouse sobre cincuenta e seis voltas, foi a décimo oitava proba da tempada de Fórmula Un de 2016, e marcou a trixésima oitava vez que o Gran Premio dos Estados Unidos disputouse como unha proba do Campionato do Mundo desde o seu inicio en 1950, e a quinta vez que o evento foi organizado neste circuíto.

Gran Premio de Estados Unidos de 2016
Detalles da carreira
Carreira 18 de 21 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2016.
Trazado do Circuíto das Américas
Trazado do Circuíto das Américas
Data 23 de outubro 2016
Nome oficial 2016 Formula 1 United States Grand Prix
Localización Circuíto das Américas
Condado de Travis, Austin, Texas
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5´513 km
Distancia 56 voltas, 308´728 km
ClimaAsollado, 27 °C ambientais e 33 °C no asfalto, humidada relativa do 47%. Vento a 16 km/h.
Pole position
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1.34.999
Volta rápida
Piloto Alemaña Sebastian Vettel Ferrari
Tempo 1:39.877 na volta 55
Podio
Primeiro Lewis Hamilton Mercedes
Segundo Alemaña Nico Rosberg Mercedes
Terceiro Australia Daniel Ricciardo Red Bull - TAG Heuer

Resumo da carreira editar

Boa saída de Lewis Hamilton, mantendo a primeira posición. Daniel Ricciardo logrou facerse coa segunda praza, Nico Rosberg cae ata o terceiro lugar, por diante de Kimi Räikkönen. Por detrás, Carlos Sainz e Fernando Alonso tocánse. O piloto de Toro Rosso é oitavo, co asturiano noveno. Bottas, décimo terceiro e caendo por culpa dunha picada. Ao final da primeira volta con Lewis Hamilton lidera o GP dos Estados Unidos. Daniel Ricciardo, co pneumático superbrando, meteuse entre os dous Mercedes e colocouse segundo. Nico Rosberg, ao seu ronsel ía terceiro e Kimi Räikkönen cuarto.

Valterri Bottas entrou a boxes pola picada e montou un set de brandos. Nico Hulkenberg, con problemas no morro do seu Fórmula 1, tamén pasou polo garaxe para amañalo. Hamilton empeza a encadear voltas rápidas, na décima volta a situación é a seguinte, Hamilton, Rosberg, Vettel, Massa, Sainz, Alonso, Ricicardo, Räikkönen, Button e Verstappen. Na volta 12 Lewis Hamilton entra a boxes e calza o segundo xogo de pneumáticos brandos. Tamén entran a boxes Massa, Sainz e Alonso. Sebastian Vettel queda primeiro provisionalmente. Na volta vinte a clasificación é, primeiro Hamilton seguido de Ricciardo, Rosberg, Verstappen, Räikkönen, Vettel, Massa, Sainz, Alonso e Kvyat. Na volta 27 Max Verstappen entra a boxes, sen avisar e os mecánicos non estaban preparados e a parada foi desastrosa. Verstappen se reincorpora na sétima praza e disculpase pola súa improvisada decisión. Dúas voltas máis tardes o seu coche empeza a fallar. na volta30 a clasificación e como segue, Hamilton, Rosberg, Ricciardo, Räikkönen, Vettel, Sainz, Alonso, Massa, Pérez e Button.

Na volta 31 safety car virtual. Co Red Bull de Verstappen abandonado nun lado da pista, a dirección de carreira decide establecer o réxime de 'Coche de seguridade virtual". Moitos pilotos deciden pasar por boxes, entre os que destacan Sainz, Alonso, Hamilton e Rosberg. Na volta 33 reanúdase a carreira, tras unha magnífica estratexia de undercut durante o coche de seguridade virtual, Carlos Sainz conseguiu escalar ata a sexta praza, e rodaba por detrás de Sebastian Vettel. Fernando Alonso, pola súa banda, era oitavo. Na volta 40 lidera Hamilton seguido de Rosberg, Ricciardo, Vettel, Sainz, Massa, Alonso, Pérez e Button.

Na volta 41 dirección de carreira iniciou unha investigación sobre o equipo Ferrari e Kimi Räikkönen, por regresar a boxes marcha atrás tras evidenciar un problema na roda traseira dereita. A pistola estaba posta e a roda non estaba apertada. Carlos Sainz quinto defendese dos attaque de Massa quen á súa vez é atacado por Alonso. Na volta 50 a carreira é liderada por Hamilton, Rosberg, Ricciardo, Vettel, Sainz, Massa, Alonso, Pérez, Button e Grosjean. Alonso logra adiantar a Massa na volta 53 aínda que se tocan durante a acción. Iníciase a investigación da acción entre Alonso e Massa. En boxes, Sebastian Vettel pasa polo seu garaxe e reincorpórase á carreira na cuarta praza. Massa sofre unha picada e ten que entrar a boxes. Na última volta Alonso logra pasar a Sainz. Lewis Hamilton consegue a súa vitoria nº 50 no circuíto de Austin, o sétimo ouro da tempada. Nico Rosberg entrou na segunda posición, asinando un novo dobrete de Mercedes. Daniel Ricciardo, espectacular, sacou o máximo do Red Bull e conseguiu defender o bronce do GP dos Estados Unidos.

Clasificación editar

Cualificación editar

Pos. Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:36.296 1:36.450 1:34.999 1
2 6   Nico Rosberg Mercedes 1:36.397 1:36.351 1:35.215 2
3 3   Daniel Ricciardo Red Bull-TAG Heuer 1:36.759 1:36.255 1:35.509 3
4 33   Max Verstappen Red Bull-TAG Heuer 1:36.613 1:36.857 1:35.747 4
5 7   Kimi Räikkönen Ferrari 1:36.985 1:36.584 1:36.131 5
6 5   Sebastian Vettel Ferrari 1:37.151 1:36.462 1:36.358 6
7 27   Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:36.950 1:36.626 1:36.628 7
8 77   Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:37.456 1:37.202 1:37.116 8
9 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 1:37.402 1:37.214 1:37.269 9
10 55   Carlos Sainz Toro Rosso-Ferrari 1:37.744 1:37.175 1:37.326 10
11 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:37.345 1:37.353 11
12 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 1:37.913 1:37.417 12
13 26   Daniil Kvyat Toro Rosso-Ferrari 1:37.844 1:37.480 13
14 21   Esteban Gutiérrez Haas-Ferrari 1:38.053 1:37.773 14
15 30   Jolyon Palmer Renault 1:38.084 1:37.935 15
16 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:38.040 1:39.356 16
17 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:38.308 17
18 20   Kevin Magnussen Renault 1:38.317 18
19 22   Jenson Button McLaren-Honda 1:38.327 19
20 94   Pascal Wehrlein Manor-Mercedes 1:38.548 20
21 12   Felipe Nasr Sauber-Ferrari 1:38.583 21
22 31   Esteban Ocon Manor-Mercedes 1:38.806 22
107% tempo: 1:43.036
fonte:[1]

Carreira editar

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 44   Lewis Hamilton Mercedes 56 1:38:12.618 1 25
2 6   Nico Rosberg Mercedes 56 +4.520 2 18
3 3   Daniel Ricciardo Red Bull-TAG Heuer 56 +19.692 3 15
4 5   Sebastian Vettel Ferrari 56 +43.134 6 12
5 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 56 +1:33.953 12 10
6 55   Carlos Sainz Toro Rosso-Ferrari 56 +1:36.124 10 8
7 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 55 +1 volta 9 6
8 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 55 +1 volta 11 4
9 22   Jenson Button McLaren-Honda 55 +1 volta 19 2
10 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 55 +1 volta 17 1
11 26   Daniil Kvyat Toro Rosso-Ferrari 55 +1 volta 13
12 20    Kevin Magnussen Renault 55 +1 volta[2] 18
13 30   Jolyon Palmer Renault 55 +1 volta 15
14 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 55 +1 volta 16
15 12   Felipe Nasr Sauber-Ferrari 55 +1 volta 21
16 77   Valtteri Bottas Williams-Mercedes 55 +1 volta 8
17 94   Pascal Wehrlein MRT-Mercedes 55 +1 volta 20
18 31   Esteban Ocon MRT-Mercedes 54 +2 voltas 22
Ret 7   Kimi Räikkönen Ferrari 38 Roda solta 5
Ret 33   Max Verstappen Red Bull-TAG Heuer 28 Caixa de cambios 4
Ret 21   Esteban Gutiérrez Haas-Ferrari 16 Freos 14
Ret 27   Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1 Danos por colisión 7
Fonte:[3]

Posicións logo da carreira editar

  • Texto en negra indica que Mercedes é o Campión do Mundo de construtores.
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas editar

  1. "2016 Formula 1 United States Grand Prix – Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 22 October 2016. Arquivado dende o orixinal o 23 October 2016. Consultado o 23 October 2016. 
  2. Kevin Magnussen recibiu cinco segundos de penalización logo da carreira por un adiantamento ilegal a Daniil Kvyat.
  3. "2016 United States Grand Prix Race – Provisional Classification". FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 23 de outubro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Carreira anterior:
Gran Premio do Xapón de 2016
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2016
Carreira seguinte:
Gran Premio de México de 2016
Carreira anterior:
Gran Premio dos Estados Unidos de 2015
Gran Premio dos Estados Unidos Carreira seguinte:
Gran Premio dos Estados Unidos de 2017