Gran Premio do Xapón de 2016

O Gran Premio do Xapón de 2016 (oficialmente coñecido como o 2016 Formula 1 Emirates Japanese Grand Prix)[1], foi a décimo sétima carreira da tempada de Fórmula Un de 2016. Celebrouse o 9 de outubro de 2016 no circuíto de Suzuka, en Suzuka, Xapón, foi a 17ª rolda da tempada 2016 e o 43º Gran Premio do Xapón.

Modelo:Competición deportivaGran Premio do Xapón de 2016
Imaxe
Nome oficial2016 Formula 1 Emirates Japanese Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio do Xapón Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2016 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento53 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Suzuka (Suzuka) 34°50′30″N 136°32′20″L / 34.8417, 136.5389 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude5,807 km Editar o valor en Wikidata
PaísXapón Editar o valor en Wikidata
Data9 de outubro de 2016 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoNico Rosberg Editar o valor en Wikidata
Pole positionNico Rosberg (01:30,647) Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaSebastian Vettel (01:35,138) Editar o valor en Wikidata

O piloto de Mercedes Nico Rosberg chegou á rolda con vinte e tres puntos de vantaxe sobre o seu compañeiro de equipo Lewis Hamilton no Campionato Mundial de Pilotos. Mercedes tiña unha vantaxe de cento noventa e catro puntos máis no Campionato sobre Red Bull Racing no mundial de construtores. Rosberg comezou a carreira desde a pole e gañou a carreira, estendendo a súa vantaxe no campionato a trinta e tres puntos sobre Hamilton que terminou terceiro detrás de Max Verstappen. Mercedes asegurou o seu terceiro título de construtores consecutivo.

Informe

editar

Antecedentes

editar

Sebastian Vettel comezou a carreira cunha penalización de tres posicións a causa dunha colisión evitable na primeira volta da carreira anterior.[2]

Pirelli levou ao GP do Xapón de Fórmula 1 os compostos para seco, duro (laranxa), medio (branco) e brando (amarelo), e para choiva os intermedios e extremos.

Carreira

editar

Toda a grella monta o pneumático brando, agás os Williams de Valtteri Bottas e Felipe Massa, que decidiron montar o composto medio de Pirelli, e Kevin Magnussen e Jenson Button, que arrincarán con duros.

Na saída Nico Rosberg aguanta a primeira posición, con Max Verstappen segundo, pola terceira posición loitan Sergio Pérez e Daniel Ricciardo. Lewis Hamilton quedou cravado na saída e caeu ata a oitava praza. Na 5ª volta Sebastian Vettel adianta a Sergio Pérez. Na 10ª volta os dez primeiros eran Rosberg, Verstappen, Vettel, Pérez, Ricciardo, Räikkönen, Hamilton, Hulkenberg, Grosjean e Gutiérrez.

Na volta once Fernando alonso entra a cambiar pneumáticos e se reincorpora de último, na trece Nico Rosberg e os Ferraris de Sebastian Vettel e Kimi Räikkönen entran a boxes. Todos os pilotos montan o composto duro, de obrigatorio uso neste GP do Xapón. E, undercut de Max Verstappen, que consegue adiantar aos Ferraris. Na volta 20 as posicións eran Rosberg, Verstappen, Vettel, Hamilton, Ricciardo, Räikkönen, Pérez, Bottas, Hulkenberg e Massa.

Na volta 34 Lewis Hamilton decide entrar a boxes, o inglés buscaba facer un undercut a Sebastian Vettel. Hamilton reincorporouse na cuarta praza, Vettel entra na seguinte volta e reincorporase detrás de Hamilton. Na volta 40 as posicións eran Rosberg, Verstappen, Hamilton, Vettel, Räikkönen, Ricciardo, Pérez, Hulkenberg, Massa e Bottas. Os primeiros postos mantivéronse ata o final. A carreira gañouna Rosberg seguido de Verstappen, Hamilton, Vettel, Räikkönen, Ricciardo, Pérez, Hulkenberg, Massa e Bottas nos postos de puntos.

Clasificación

editar

Cualificación

editar
Pos. Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 6   Nico Rosberg Mercedes 1:31.858 1:30.714 1:30.647 1
2 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:32.218 1:31.129 1:30.660 2
3 7   Kimi Raikkonen Ferrari 1:31.674 1:31.406 1:30.949 8[3]
4 5   Sebastian Vettel Ferrari 1:31.659 1:31.227 1:31.028 7[4]
5 33   Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 1:32.487 1:31.489 1:31.178 3
6 3   Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 1:32.538 1:31.719 1:31.240 4
7 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:32.682 1:32.237 1:31.961 5
8 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:32.458 1:32.176 1:31.961 6
9 27   Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:32.448 1:32.200 1:32.142 9
10 21   Esteban Gutiérrez Haas-Ferrari 1:32.620 1:32.155 1:32.547 10
11 77   Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:32.383 1:32.315 11
12 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 1:32.562 1:32.380 12
13 26   Daniil Kvyat Toro Rosso-Ferrari 1:32.645 1:32.623 13
14 55   Carlos Sainz Toro Rosso-Ferrari 1:32.789 1:32.685 14
15 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 1:32.819 1:32.689 15
16 30   Jolyon Palmer Renault 1:32.796 1:32.807 16
17 22   Jenson Button McLaren-Honda 1:32.851 22[5]
18 20   Kevin Magnussen Renault 1:33.023 17
19 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:33.222 18
20 12   Felipe Nasr Sauber-Ferrari 1:33.332 19
21 31   Esteban Ocon MRT-Mercedes 1:33.353 20
22 94   Pascal Wehrlein MRT-Mercedes 1:33.561 21[6]
107% tempo: 1:38.075
Fonte:[7]

Carreira

editar
Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 3   Nico Rosberg Mercedes 53 1:26:43.333 1 25
2 33   Max Verstappen Red Bull-TAG Heuer 53 +4.978 3 18
3 44   Lewis Hamilton Mercedes 53 +5.776 2 15
4 5   Sebastian Vettel Ferrari 53 +20.269 6 12
5 7   Kimi Räikkönen Ferrari 53 +28.370 8 10
6 3   Daniel Ricciardo Red Bull-TAG Heuer 53 +33.941 4 8
7 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 53 +57.495 5 6
8 27   Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 53 +59.177 9 4
9 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 53 +1:37.076 12 2
10 77   Valtteri Bottas Williams-Mercedes 53 +1:38.323 11 1
11 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 53 +1:39.254 7
12 30   Jolyon Palmer Renault 52 +1 volta 16
13 26   Daniil Kvyat Toro Rosso-Ferrari 52 +1 volta 13
14 20   Kevin Magnussen Renault 52 +1 volta 17
15 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 52 +1 volta 18
16 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 52 +1 volta 15
17 55   Carlos Sainz Toro Rosso-Ferrari 52 +1 volta 14
18 22   Jenson Button McLaren-Honda 52 +1 volta 22
19 12   Felipe Nasr Sauber-Ferrari 52 +1 volta 19
20 21   Esteban Gutiérrez Haas-Ferrari 52 +1 volta 10
21 31   Esteban Ocon MRT-Mercedes 52 +1 volta 20
22 94   Pascal Wehrlein MRT-Mercedes 52 +1 volta 21
fonte:[8]

Posicións logo da carreira

editar
  • Texto en negra indica que Mercedes é o Campión do Mundo de construtores.
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en todos os grupos de clasificación..
  1. "Japan". formula1.com. Consultado o 2 de outubro de 2016. 
  2. Benson, Andrew (2 de outubro de 2016). "Malaysian GP: Sebastian Vettel given three-place grid penalty for Japan". BBC Sport (Sepang, Malaysia: BBC). Consultado o 3 de outubro de 2016. 
  3. Kimi Räikkönen recibiu unha penalización de cinco posicións por un cambio da caixa de cambios non programado.
  4. Sebastian Vettel recibiu unha penalización de tres posicións, por provocar un accidente evitable na carreira anterior
  5. Jenson Button recibiu unha penalización de dez posicións por exceder a súa cota de compoñentes da unidade de potencia
  6. [[Pascal Wehrlein recibiu unha penalización de cinco posicións por un cambio da caixa de cambios non programado.
  7. "2016 Formula 1 Japan Grand Prix – Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 8 de outubro de 2016. Consultado o 8 de outubro de 2016. 
  8. "2016 Formula 1 Emirates Japanese Grand Prix – Race Result". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 9 de outubro de 2016. Consultado o 9 de outubro de 2016. 

Ligazóns externas

editar


Carreira anterior:
Gran Premio de Malaisia de 2016
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2016
Carreira seguinte:
Gran Premio dos Estados Unidos de 2016
Carreira anterior:
Gran Premio do Xapón de 2015
Gran Premio do Xapón Carreira seguinte:
Gran Premio do Xapón de 2017