Gran Premio de Abu Zabi de 2014
O Gran Premio de Abu Zabi de 2014 (oficialmente o Etihad Airways Gran Premio de Abu Zabi de Fórmula 1 de 2014) foi a décimo novena e última proba da tempada de 2014 e o sexto Gran Premio de Abu Zabi. Disputouse o 23 de novembro de 2014 no Circuíto de Yas Marina na Illa Yas, unha illa nos arredores de Abu Zabi nos Emiratos Árabes Unidos. Foi a sexta edición do Gran Premio de Abu Zabi.
Nome oficial | 2014 Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Abu Zabi |
Deporte | deportes de motor |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014 |
Distancia do evento | 55 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Yas Marina 24°28′13″N 54°36′22″L / 24.470244, 54.606075 |
Lonxitude | 5,554 km |
País | Emiratos Árabes Unidos |
Data | 23 de novembro de 2014 e 2014 |
Competición | |
Primeiro posto | Lewis Hamilton |
Pole position | Nico Rosberg |
Volta máis rápida | Daniel Ricciardo |
Informe
editarCambios na concesión de puntos
editarPor primeira vez nun Gran Premio, equipos e pilotos puntuarán o dobre da cantidade de puntos outorgados habitualmente polas posicións de final de carreira.[1] A FIA introduciu este cambio co fin de manter o interese do campionato ata o final da tempada. Orixinalmente Bernie Ecclestone quería o dobre de puntos para as tres últimas carreiras da tempada,[2] pero en última instancia os equipos decidiron puntuar dobre só na última carreira da tempada.
Este cambio de regra produciuse pese a que o presidente de Ferrari Luca dei Montezemolo dixo que a regra era "demasiado artificial",[3] o propietario de Caterham F1 Tony Fernandes dixo que a regra era "unha solución falsa" polos recentes problemas financeiros na F1,[4], Adrian Newey afirmou que a regra era "abaratar a F1",[5], Toto Wolff dixo que a norma é "inxusta",[6] o xefe de Force India Vijay Mallya cualificou á regra de "ilóxica" para a F1,[7] e Lewis Hamilton dixo que a norma "podería desvirtuar a resolución do título" entre el e Nico Rosberg.[8]
Cambios nos equipos
editarMarussia non competirá no Gran Premio logo de que o intento de salvar ao equipo fracasara a semana antes do Gran Premio do Brasil, que obrigou a pechar o equipo.[9] Fíxose un último intento para tratar de correr en Abu Zabi, os rumores eran que estaban buscando un investidor potencial. Pero, as negociacións fracasaron, poñendo fin ás súas posibilidades de volver á grella.[10]
Fronte a unha situación financeira similar, Caterham lanzou unha campaña de crowdsourcing para asistir á carreira, o que finalmente resultou un éxito e lograron regresar para a última carreira da tempada, co que a grella contara con 20 coches.[11][12] Malia que Caterham conservará a Kamui Kobayashi para a carreira,[13] Marcus Ericsson rescindiu o seu contrato con Caterham unha semana e media antes da carreira, o que obrigou a Caterham a contratar outro piloto.[14] O gañador das 24 Horas de Le Mans André Lotterer, quen tamén pilotou para Caterham no Gran Premio de Bélxica de 2014, foi o primeiro candidato, pero rexeitou a oferta.[15] Will Stevens, expiloto de probas de Caterham, pilotara a unidade e fará o seu debut na Fórmula Un.[16]
Pneumáticos
editarPor primeira vez desde que Pirelli converteuse no único provedor de pneumáticos, fornecerá o pneumático brando con bandas amarelas como o Prime, mentres que o super brando con bandas vermellas será a elección Option para esta carreira. As tres tempadas anteriores utilizáronse os pneumáticos brandos e medios.
Clasificación
editarCualificación
editarPos. | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Q3 | Grella |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 6 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:41.308 | 1:41.459 | 1:40.480 | 1 |
2 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:41.207 | 1:40.920 | 1:40.866 | 2 |
3 | 77 | Valtteri Bottas | Williams-Mercedes | 1:42.346 | 1:41.376 | 1:41.025 | 3 |
4 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 1:41.475 | 1:41.144 | 1:41.119 | 4 |
5 | 26 | Daniil Kvyat | Toro Rosso-Renault | 1:42.302 | 1:42.082 | 1:41.908 | 5 |
6 | 22 | Jenson Button | McLaren-Mercedes | 1:42.137 | 1:41.875 | 1:41.964 | 6 |
7 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:42.439 | 1:42.168 | 1:42.236 | 7 |
8 | 14 | Fernando Alonso | Ferrari | 1:42.467 | 1:41.940 | 1:42.866 | 8 |
9 | 20 | Kevin Magnussen | McLaren-Mercedes | 1:42.104 | 1:42.198 | 9 | |
10 | 25 | Jean-Eric Vergne | Toro Rosso-Renault | 1:42.413 | 1:42.207 | 10 | |
11 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1:42.654 | 1:42.239 | 11 | |
12 | 27 | Nico Hülkenberg | Force India-Mercedes | 1:42.444 | 1:42.384 | 12 | |
13 | 99 | Adrian Sutil | Sauber-Ferrari | 1:42.746 | 1:43.074 | 13 | |
14 | 8 | Romain Grosjean | Lotus-Renault | 1:42.768 | 18[17] | ||
15 | 21 | Esteban Gutiérrez | Sauber-Ferrari | 1:42.819 | 14 | ||
16 | 13 | Pastor Maldonado | Lotus-Renault | 1:42.860 | 15 | ||
17 | 10 | Kamui Kobayashi | Caterham-Renault | 1:44.540 | 16 | ||
18 | 46 | Will Stevens | Caterham-Renault | 1:45.095 | 17 | ||
EX | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-Renault | 1:42.204 | 1:41.692 | 1:41.267 | 19[18] |
EX | 1 | Sebastian Vettel | Red Bull-Renault | 1:42.495 | 1:42.147 | 1:41.893 | 20[18] |
107% tempo: 1:48.291 | |||||||
Fonte:[19] |
Carreira
editarPos. | Nº | Piloto | Construtor | voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 55 | 1:39:02.619 | 2 | 50 |
2 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 55 | +2.576 | 4 | 36 |
3 | 77 | Valtteri Bottas | Williams-Mercedes | 55 | +28.880 | 3 | 30 |
4 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-Renault | 55 | +37.237 | PL | 24 |
5 | 22 | Jenson Button | McLaren-Mercedes | 55 | +1:00.334 | 6 | 20 |
6 | 27 | Nico Hülkenberg | Force India-Mercedes | 55 | +1:02.148 | 12 | 16 |
7 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 55 | +1:11.060 | 11 | 12 |
8 | 1 | Sebastian Vettel | Red Bull-Renault | 55 | +1:12.045 | PL | 8 |
9 | 14 | Fernando Alonso | Ferrari | 55 | +1:25.813 | 8 | 4 |
10 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 55 | +1:27.820 | 7 | 2 |
11 | 20 | Kevin Magnussen | McLaren-Mercedes | 55 | +1:30.376 | 9 | |
12 | 25 | Jean-Eric Vergne | Toro Rosso-Renault | 55 | +1:31.947 | 10 | |
13 | 8 | Romain Grosjean | Lotus-Renault | 54 | +1 volta | 18 | |
14 | 6 | Nico Rosberg | Mercedes | 54 | +1 volta | 1 | |
15 | 21 | Esteban Gutiérrez | Sauber-Ferrari | 54 | +1 volta | 14 | |
16 | 99 | Adrian Sutil | Sauber-Ferrari | 54 | +1 volta | 13 | |
17 | 46 | Will Stevens | Caterham-Renault | 54 | +1 volta | 17 | |
Ret | 10 | Kamui Kobayashi | Caterham-Renault | 42 | Retirado | 16 | |
Ret | 13 | Pastor Maldonado | Lotus-Renault | 26 | Unidade de potencia | 15 | |
Ret | 26 | Daniil Kvyat | Toro Rosso-Renault | 14 | Unidade de potencia | 5 |
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só os cinco primeiros postos están incluídos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
editar- ↑ "Double points for season finale among 2014 changes". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 9 December 2013. Consultado o 18 November 2014.
- ↑ "F1: Bernie Ecclestone wants double points for last three races". Consultado o November 17, 2014.
- ↑ "Formula 1's double points finale rule too artificial, says Ferrari". Consultado o November 17, 2014.
- ↑ "F1 double points rule a 'fake fix', says Caterham's Tony Fernandes". Consultado o November 17, 2014.
- ↑ "Red Bull's Adrian Newey says double points will cheapen Formula 1". Consultado o November 17, 2014.
- ↑ "Formula 1 double points rule is unfair says Mercedes' Toto Wolff". Consultado o November 17, 2014.
- ↑ "Force India boss Mallya says double points illogical for F1". Consultado o November 17, 2014.
- ↑ "United States Grand Prix 2014: Lewis Hamilton speaks out against double-points GP finale in Abu Dhabi". Consultado o November 17, 2014.
- ↑ Noble, Jonathan (7 November 2014). "Marussia Formula 1 team closes doors, staff made redundant.". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 7 November 2014.
- ↑ "Marussia to miss Abu Dhabi GP after last-ditch talks fall through". November 20, 2014. Consultado o November 21, 2014.
- ↑ Doell, Zach (9 November 2014). "Caterham F1 Team Raises $1.7 Million Through Crowdfunding.". Boldride. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2014. Consultado o 9 November 2014.
- ↑ "Caterham will race in F1 Abu Dhabi Grand Prix thanks to fans’ cash". 14 November 2014. Consultado o 15 November 2014.
- ↑ "Abu Dhabi GP: Caterham retain Kobayashi for season finale". November 16, 2014. Consultado o November 18, 2014.
- ↑ "Caterham: Marcus Ericsson terminates deal". November 12, 2014. Consultado o November 17, 2014.
- ↑ "Andre Lotterer turns down Caterham F1 team's Abu Dhabi GP offer". November 16, 2014. Consultado o November 18, 2014.
- ↑ "Caterham sign Britain's Will Stevens for Abu Dhabi Grand Prix". BBC Sport. Consultado o 20 November 2014.
- ↑ Romain Grosjean 16º cualificado, cae catro lugares na grella, recibiu 20 postos de penalización por usar o sexto motor da tempada; tamén tera que facer un drive-through na carreira en substitución dos postos non cumpridos.
- ↑ 18,0 18,1 Daniel Ricciardo (5º) e Sebastian Vettel (6º) foron excluídos da clasificación por levar uns aleróns máis flexibles do permitido, sairán no final da grella
- ↑ "2014 Abu Dhabi Grand Prix – Qualifying results". Formula1.com. Formula One Administration. 23 November 2014. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2014. Consultado o 23 de novembro de 2014.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Abu Zabi de 2014 |
Carreira anterior: Gran Premio do Brasil de 2014 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2014 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Australia de 2015 |
Carreira anterior: Gran Premio de Abu Zabi de 2013 |
Gran Premio de Abu Zabi | Carreira seguinte: Gran Premio de Abu Zabi de 2015 |